Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que ... more
FAQs about Radio Manoplas:How many episodes does Radio Manoplas have?The podcast currently has 76 episodes available.
August 22, 20211x8 #RadioManoplas: Maite Garmendia EguinoaOctavo falangullo de Radio Manoplas nesta ocasión a entrevistada é Maite Garmendia Eguinoa. Vive en Elosu, preto da cidade onde naceu: Vitoria-Gasteiz. Estudou xornalismo mais a súa vida derivou cara o mundo da cooperación internacional, ela é traballadora na Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento - eLankidetza.Falamos sobre cooperación, traballo grazas ao cal viviu na súa querida Guatemala e coñeceu a realidade de moitos países latinoamericanos.Maite gusta moito de Galiza, polo momento non fala galego, mais ten en axenda estudalo. Conversamos con ela sobre o euskera, o seu futuro e a importancia da sociedade vasca e das institucións no seu devir.Pechamos os 25 minutos de conversa coa canción que recomenda Maite: "Latinoamérica” de Calle 13....more32minPlay
April 11, 20211x6 #RadioManoplas: Inma Araujo LópezNesta ocasión a muller que fala no micro de Radio Manoplas é Inma Araújo López. Conversamos con ela sobre psicoloxía, adolescencia, abusos, pandemia e moito máis. Inma traballa como psicóloga en Alborada, no programa de intervención con adolescentes en conflito. Esta tarefa a combina coa participación en Amino (Asociación de Abuso y Maltrato Infantil No). Pechamos o programa coa recomendación musical de Inma, nesta ocasión un tema do rapeiro Arce que leva por título: "Ayer"....more33minPlay
March 11, 20211x5 #RadioManoplas: Aurita González GonzálezNo quinto programa de Radio Manoplas a entrevistada é Aurita González González. Nada en Sarria pasou a súa infancia en Sober. Logo de casar aos 19 anos chegaron a Vigo, desde hai varias décadas mora no barrio de Coia.Conversamos con ela sobre as loitas veciñais nas que participou para mellorar as condicións de vida do barrio. Parte desas resistencias estiveron encamiñadas xunto a outras mulleres na Asociación de Mulleres Dorna. Aurita fálanos dos inicios do feminismo así como de dúas mulleres que foron referentes para ela: a súa irmá Manola e Marina.Pechamos o programa coa súa recomendación musical, Aurita escolle a canción: "Que no se acabe el mundo".Botádenos unha man espallando o podcast....more38minPlay
February 21, 20211x4 #RadioManoplas: Olga Silva RubínNo cuarto podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín. Conversamos con Olga sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano. Olga fala tamén de como viviron as semanas máis duras do confinamento no seu edificio.Pechamos o podcast coa recomendación musical de Olga: "Lucía" de Serrat.+info: http://alicerces.arkipelagos.net...more29minPlay
January 18, 20211x2 #RadioManoplas: Susana Pérez GalánNo segundo programa de Radio Manoplas a entrevistada é Susana Pérez Galán. Veciña de Vigo, mestra no colexio Salesianos e persoa con moitísimas habilidades para os coidados.Fala sobre a súa infancia a cabalo entre Canido, Teis e Coia. Crianzas, pandemia, coidados, drogas e moito máis en pouco máis de 25 minutos de conversa. Pechamos o programa coa súa recomendación musical. Susana escolle a canción: "Al alba" de Luis Eduardo Aute.Axudádenos a espallar este programa e lembrade que podedes seguirnos en Ivoox e Archive....more33minPlay
January 04, 20211x1 #RadioManoplas: Marta Bautista DíazIniciamos a andaina de Radio Manoplas, podcast quincenal emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. O peche do programa o pon a canción escollida pola entrevistada.Podedes seguirnos na canle de IVOOX (https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_f11151742_1.html), en ARCHIVE (https://archive.org/details/@radio_manoplas) e tamén a través dos chíos da conta de twitter (@radiomanoplas). Calquera dúbida, comentario ou suxestión non dubidedes en facela a través do email: [email protected]No primeiro programa Diego entrevista a Marta Bautista Díaz. Veciña de Vigo, educadora social que traballa dando clase no ciclo superior de Integración Social no colexio San José de la Guía.Falamos sobre a súa infancia en Elgóibar, sobre coidados, sobre educación social, sobre baile e algunha cousa máis. Pechamos o programa coa canción que recomenda Marta: "Je veux" de ZAZ....more31minPlay
FAQs about Radio Manoplas:How many episodes does Radio Manoplas have?The podcast currently has 76 episodes available.