Entrevista a Carmen Carreiro, presidenta da Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe (Fornelos de Montes) que organizan unha exposición sobre a vida e obra de Manuel Lueiro Rei que se inaugurará mañá venres, a partir das 19:30 horas, no Centro Cultural de Ponte Caldelas, lugar precisamente onde estivo detido como represaliado por mor da Guerra Civil. O acto contará coa presenza do alcalde, Andrés Díaz, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, entre outros.