RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • ENTREVISTA A PAZ LOUZAO, GRUPO MOTEIRO SLIDARIDARIEDADE SOBRE RODAS QUILOMETRO CERO
    Con motivo da conmemoración este domingo 20 de novembro do Día Internacional das Víctimas de Accidentes de Tráfico falamos con Paz Louzao, membro do grupo moteiro Solidariedade sobre Rodas Quilómero Cero que ten organizado para este domingo unha marcha que sairá ás 12 desde O Burgo (Culleredo) e que transcurrirá polo centro da cidade da Coruña ata rematar na Praza de María Pita, fronte ao Concello onde se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio en lembranza das persoas falecidas en accidente de tráfico.
    15 min
  • ENTREVISTA VICTORIA PORTAS, MOVEMENTO GALEGO EN DEFENSA DAS PENSIONS PÚBLICAS
    Entrevistamos a Victoria Portas Mariño que pronunciará unha conferencia na Casa do Pobo da Lama, mañá venres ás 20 horas, sobre o problema relacionado coas pensións públicas. Analizará as distintas reformas que se levaron a cabo polo Goberno así como a perda do poder adquisitivo dos pensionistas nos últimos anos. A entrada a esta conferencia é libre a calquera persoa que lle interese o tema.
    10 min
  • TAPONS PARA NAHIR
    Continúa a campaña de recollida de tapóns para Nahir que coordina en Ponte Caldelas Milagros Domínguez. Non tires cos tapóns de plástico e lévaos aos establecementos colaboradores. Faino por Nahír, faino por ti.
    2 min
  • DAVID VIDA, XOGADOR DA S.C.D. PONTECALDELAS
    Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a David Vidal, estremo esquerdo da S.C.D. Pontecaldelas autor dos dous goles do seu equipo na victoria fronte ao Presqueiras da pasada fin de semana. Analizaron o partido e a marcha deportiva do equipo que se fixa como obxectivo ocupar unha das dúas primeiras prazas que dan dereito ao ascenso de categoría.
    8 min
  • Programa 'Reboada de Sons' III 16/11/2016
    Entrevista a Silvia Torres do grupo "Amor Ruibal" (Barro) e posterior tertulia no programa REBOADA DE SONS
    En REBOADA DE SONS Ángel Rodríguez Lale entrevistou a Silvia Torres do grupo "Amor Ruibal" de Barro. O grupo formouse no ano 1983 e xurdiu como unha actividade do colexio Amor Ruibal de Barro.
    20 min
  • Programa 'Reboada de Sons' II 16/11/2016
    Entrevista a Noelia Villaverde e Lucía Acuña do grupo "Estreliñas" (Tomeza) no programa REBOADA DE SONS
    Hoxe no Programa REBOADA DE SONS Ángel Rodriguez Lale entrevistou a Noelia Villaverde e a Lucía Acuña, mestras do grupo "Estreliñas" (Tomeza). Explicaron aos nosos oíntes o nacemento deste proxecto que xurdiu dende a asociación cultural San Cibrán de Tomeza, como unha actividade para os nenos. Tamén os seus obxectivos máis próximos nos cales se topa o traspasar as nosas fronteiras e mostrarlle aos cativos como se vive a música fóra da nosa comunidade.
    11 min
  • Programa 'Reboada de Sons' I 16/11/2016
    Entrevista a Loli Beloso Neira no programa REBOADA DE SONS
    Ángel Rodríguez Lale no programa REBOADA DE SONS entrevistou á escritora Loli Beloso Neira co motivo da publicación do seu libro "Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nosos nenos". En dita entrevista non só ensalzou a figura de Neira Vilas ao cal lle adica o seu libro senón que tamén quixo lembrar a importancia da labor de Isaac Díaz Pardo e as cerámicas de Sargadelos para a cultura galega.
    10 min
  • Entrevista sobre a creación da nova agrupación de protección civil Oitavén-Tea
    O presidente da xestora da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, conformado polos concellos de A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz, Covelo e Mondariz-Balneario, Marcos Fontaíña González, acompañado polo voluntario desta agrupación Manuel Boullosa e o alcalde da Lama, Jorge Canda, visitaron os estudios de RADIO NOVA. O rexidor salientou a importancia que para os veciños e veciñas destes municipios vai ter a implantación deste servizo. Marcos Fontaíña animou a aquelas persoas que teñan vocación de servizo cara aos demais que se poñan en contacto cos concellos para a súa incorporación a esta iniciativa.
    11 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM