RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • Entrevista a Miguel Martínez, capitán da Lama SD en Mundo Deportivo
    Alberto Rodríguez en MUNDO DEPORTIVO púxose en contacto vía telefónica con Miguel Martínez que se topa de viaxe en Londres. O capitán da Lama SD analizou a situación actual do equipo e describiuno como unha mala racha e está seguro de que pronto mellorará xa que o están dando todo para remontar e tamén admitiu que teñen que corrixir a acción de balón parado.
    7 min
  • Entrevista a Marcos Contiñas, presidente do Club Clásicos do Salnés en Mundo Deportivo
    En MUNDO DEPORTIVO Alberto Rodríguez entrevistou a Marcos Contiñas, presidente do Club Clásicos do Salnés. Falaron sobre a escudaría que preside naceu no 2003 por iniciativa dun grupo de amigos que tiña afección por este tipo de coches. Tamén falaron sobre a 8ª edición do Rally do Albariño que se celebra mañá 12 de novembro e que reunirá a vehículos con máis de 25 anos. Hai que lembrar que esta é unha competición non deportiva, de feito os coches participantes teñen que circular a unha velocidade media inferior aos 50 kilómetros por hora e van en todo momento por estradas abertas ao tráfico normal, polo que teñen que respectar as normas de circulación.
    19 min
  • Entrevista a Carlos Pinelas do Caroi, en Mundo Deportivo
    No programa MUNDO DEPORTIVO de RADIO NOVA Alberto Rodríguez entrevistou a Carlos Pinelas, xogador do Caroi Veteranos. Conversaron sobre a situación do Caroi esta tempada e o esforzo que se fixo para que o club saíra adiante xa que viviron momentos difíciles pola súa posible desaparición.
    11 min
  • Os Fogóns de Cerdedo-Cotobade con Raquel Touriño 11/11/2016
    A nosa compañeira Raquel Touriño achegounos na súa sección OS FOGÓNS DE CERDEDO-COTOBADE a Festa de San Martiño que se celebra mañá 12 de novembro en Borela. Raquel conversou con Celina Ambroa e Mari Carmen Suárez sobre cómo se elaboran os famosos bolos de San Martiño (feitos tan só nesta data) e tamén nos contaron como aprenderon elas a facelos. Ademais destes bolos, os asistentes tamén poderán degustar sardiñas ou castañas de magosto; todo isto de forma gratuíta.
    7 min
  • Entrevista a Cristina Quinteiro, sobre a caravana de coches en protesta pola PO-234
    Falamos con Cristina Quinteiro, voceira da Plataforma Cidadá de Afectados pola PO-234 que teñen convocada para o vindeiro domingo 13 de novembro, a partir das 12:30 h. unha caravana de coches que sairá desde a Casa do Pobo de Laxoso e percorrerá o centro de Ponte Caldelas e regreso ao mesmo punto de saída. Nesta protesta poderá participar todo tipo de vehículos como automóbiles, motocicletas, tractores ou chimpíns e con ela preténdese achegar aos veciños e veciñas a realidade desta estrada.
    6 min
  • Entrevista a Carmen Carreiro, da asociación veciñal Cruceiro da Laxe (Fornelos de Montes)
    Entrevista a Carmen Carreiro, presidenta da Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe (Fornelos de Montes) que organizan unha exposición sobre a vida e obra de Manuel Lueiro Rei que se inaugurará mañá venres, a partir das 19:30 horas, no Centro Cultural de Ponte Caldelas, lugar precisamente onde estivo detido como represaliado por mor da Guerra Civil. O acto contará coa presenza do alcalde, Andrés Díaz, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, entre outros.
    13 min
  • Axenda fin de semana Cerdedo-Cotobade por Raquel Touriño
    Raquel Touriño adiantounos a axenda da fin de semana con actos que se celebran estes días no concello de Cerdedo-Cotobade entre os que destacan un concerto este venres no local social da Asociación de Mulleres Rurais "La Semilla", asi como a celebración das Festas de San Martiño na parroquia de Borela onde se degustará o saboroso e orixinal Bolo de San Martiño elaborado por mulleres da contorna.
    8 min
  • Entrevista a Juan Manuel Carou, xerente do Disco Pub Pocket (Ponte Caldelas)
    Entrevistamos a Juan Manuel Carou, xerente do Disco Pub Pocket (Ponte Caldelas) que o vindeiro sábados, a partir das 12:30 da noite ofrecerá un espectáculo de Streapers masculino e feminino ao público que dispoña dunha das 100 entradas que, aproximadamente, distribuirá a partir deste xoves ás 11 da noite. Carou pretende darlle un novo pulo á noite da fin de semana en Ponte Caldelas e o seu local, DISCO PUB POCKET ofrece música de calidade dos anos 70, 80 e 90 e un lugar de encontro para amigos, parellas, etc. para poder falar e tamén bailar. Irá aumentando a oferta de espectáculo a medida que vaian transcurrindo as vindeiras datas.
    9 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM