RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • Entrevista a Aquilino Rosario sobre o Magosto en Gaxate
    Dentro dos distintos magostos que se organizan durante esta fin de semana, entrevistamos a Aquilino Rosario sobre o que vai ter lugar mañá sábado en Gaxate e que terá un prezo por persoa de 8 euros que da dereito a degustar entremeses, chourizos, as populares castañas e un bo viño. Tamén haberá música a cargo dos espontaneos que se animen a cantar nunha xornada de dinamización desta parroquia de A Lama.
    6 min
  • ELENA PAZOS PORTAS
    Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Elena Pazos Portas, xogadora do equipo feminino do Pontecaldelas, quen comentou o recente encontro xogado contra o Salcedo, no Príncipe Felipe, que acabou con empate a dous tantos e a expulsión, moi rigurosa, de dúas xogadoras do Pontecaldelas.
    9 min
  • BRUNO MONTERO SANTORO, PRESIDENTE PEÑA CELTISTA DO VERDUGO (PONTE CALDELAS)
    Alberto Rodríguez contactou en Ámsterdam con Bruno Montero Santoro, Presidente da Peña Celtista do Verdugo (Ponte Caldelas) e con Dani Pregal, do Mesón Parada, que se atopaban nas inmediacións do Amsterdam Arena para contemplar o partido que enfrontará ao equipo local e ao Real Club Celta de Vigo. O ambiente era excepcional e os siareiros celestes van escoltados polas forzas e corpos de seguridade do estado holandés cara ese mítico estadio.
    7 min
  • Entrevista a Miriam Penado-Ernest Home de Corazón Amable
    Falamos con Miriam Penado promotora dunha charla e meditación guiada que protagonizará Ernest "Home de Corazón Amable" mañá venres a partir das 20:15 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Miriam Penado tamén dirixiu un obradoiro de fabricación de tambores indios no Centro Cutural de Forzáns (Ponte Caldelas). Animou ao nosos oíntes a coñecer a cultura dos indios nativos norteamericanos e canadenses e a súa filosofía de vida.
    12 min
  • Entrevista a Miguel Martínez, sobre o Magosto en Covelo
    Os veciños de Covelo (A Lam) celebrarán este sábado un xantar con magosto para recadar fondos para as festas de verán desta parroquia. Entrevistamos a Miguel Martínez, promotor desta iniciativa, quen nos comentou que había xa uns 100 comensais apuntados. Pola noite seguirá a festa na Casa do Pobo de Covelo cunha festa de Samaín ou Halloween con servizo de bar.
    6 min
  • SONIA LOPEZ, PROPIETARIA PANADERIA SANTANA (A LAMA)
    Ana Iglesias entrevistou a Sonia López, propietaria da panadería-pastelería Santana de A Lama que organiza mañá venres un magosto no multiusos da Lama no que poderán participar aquelas persoas que queiran. O prezo será de 8 euros e inclúe un menú composto por empanadas, mexilóns, tortillas, etc. ademais das castañas asadas. O protagonismo musical estará a cargo dun DJ que amenizará a festa ata altas horas da noite.
    4 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM