RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • EQUIPO PREBENXAMIN PONTECALDELAS
    Alberto Rodríguez desprazouse ata Chan da Barcia para entrevistar aos membros do equipo Pre-Benxamín de Pontecaldelas que van líderes na súa categoría. Os cativos disfrutaron dun momento de protagonismo en RADIO NOVA.
    10 min
  • ANGELES PAZOS, VOCEIRA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DE GALICIA
    Entrevistamos a Ángeles Pazos, voceira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, organismo que substitúe ao antigo Centro de Transfusión de Galicia con motivo dunha nova campaña de doazón de sangue que tivo a unha Unidad Móbil de recollida de sangue na Alameda de Ponte Caldelas. Con ela falamos de quen pode doar, que tipo de sangue é a máis demandada, etc.
    9 min
  • MANUEL ANXO BUGALLO, ARQUITECTO DE XESTA (A LAMA) PROXECTO O SUIDO
    Manuel Anxo Bugallo, arquitecto de Xesta (A Lama) e un dos impulsores do proxecto O SUIDO falou sobre a importancia de poñer en valor o patrimonio etnográfico, arquitectónico, cultural material e inmaterial da Serra do Suído e convidou aos oíntes a participar nesta iniciativa que pretende ser compartida co maior número posible de persoas. Pódese seguir este proxecto en internet www.osuido.org
    6 min
  • ARTURO VAQUEIRO, GANDEIRO E PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES DE XENDE (A LAMA)
    Arturo Vaqueiro é un gandeiro e presidente da Comunidade de Montes de Xende (A Lama) quen avogou por esta actividade económica como xeito de gañarse a vida e fixar poboación no rural. Vaqueiro ten unha explotación con máis de 80 vacas, ovellas, cinco mastíns para axudalo a xuntar o gando e protexelo dos lobos e falou tamén das axudas da Xunta para que os mozos e mozas podan establecer a súa explotación agrogandeira. A súa explotación é familiar xa que con el traballa a súa muller e varios familiares.
    12 min
  • OBRADOIROS E XOGOS COS NENOS CO COLEXIO DA LAMA
    RADIO NOVA colaborou con esta iniciativa educativa cun programa en directo desde as 12 ata as 13:45 horas cun amplio despliegue técnico e humano. Durante a emisión entrevistamos a diversos rapaces e mestres que facían obradoiros na Alameda e incluso aproveitamos para facer un concurso cos máis pequenos para ver si recoñecían, polo son, a moitos dos animais que poboan os nosos montes.
    8 min
  • MIGUEL GARCIA, AXENTE MEDIOAMBIENTAL DA XUNTA
    Recibimos a visita de Miguel García, axente medioambiental da Xunta de Galicia, que fai o seu labor nos montes da contorna e comentounos que vixían para evitar a aparición de furtivos que maten animais salvaxes indiscriminadamente. Tamén o seu papel está ligado ao coidado dos ríos e á prevención e loita contra os incendios. García díxolle aos rapaces que era moi importante conservar o medio natural como xeito de garantir unha mellor calidade de vida para o futuro.
    6 min
  • ESTHER CARREIRO DIZ, BISAVOA DO COLEXIO DA LAMA
    Entre o público asistente ao noso programa en directo desde a Alameda da Lama estaba a bisavoa dunha nena do colexio, Esther Carreiro Diz, quen lembrou os tempos da fame e o diferente que era para os cativos do seu tempo acceder á educación. Dona Esther recomendoulle aos rapaces que estudiaran e felicitou aos mestres por esta iniciativa que “nos meus tempos non se facía nin nada parecido”.
    10 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM