RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL
    ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL
    2 min
  • DAVID VIDAL LOPEZ, XOGADOR DA S.C.D. PONTECALDELAS
    David Vidal López, nova fichaxe da S.C.D. Pontecaldelas analizou con Alberto Rodríguez no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a actualidade do equipo e o último partido disputado contra o Campañó onde este xogador resultou expulsado. Agardan seguir coa racha de bos resultados este domingo no Chan da Barcia na visita que fará o Bueu.
    8 min
  • BORJA MEJUTO, PORTEIRO DO CAROI DE FUTBOL
    Alberto Rodríguez entrevistou a Borja Mejuto no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN e conversaron sobre a composición do equipo, as dificultades de ter que adestrar un día a semana no campo municipal das Estremas (Cotobade) e da progresión e o bo nivel que está acando a plantilla na procura de resultados positivos para este equipo histórico da comarca que está a piques de cumprir 40 anos de vida.
    21 min
  • ENTREVISTA JESUS PELETEIRO, PRESIDENTE COEMPO
    O presidente de COEMPO, Jesús Peleteiro, falou do MAGOSTO COMERCIAL que terá lugar os días 29 e 31 de outubro en Ponte Caldelas a través do cal un carriño repartirá polas rúas da vila castañas asadas para dinamiza-lo comercio local e servir de atractivo para que estes días o público en xeral se achegue ata Ponte Caldelas para dar un paseo, tomar un café o un refresco e tamén, por que non, facer as súas compras.
    8 min
  • ENTREVISTA SUSANA BARREIRO SANTORO, SAMAÍN LUDOTECA PONTE CALDELAS
    Entrevistamos a Susana Barreiro Santoro, unha das monitoras da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas que organiza polo Samaín unha saída polos establecementos comerciais da vila reclamando truco ou trato. Esta actividade terá lugar o vindeiro luns 31 de outubro, a partir das 19:30 horas, e poderán participar nenos e nenas, estean matriculados ou non na Ludoteca, e persoas maiores que queiran desfrutar desta actividade lúdica na que recaudarán caramelos que logo compartirán entre tódolos asistentes.
    7 min
  • ENTREVISTA YOLANDA PEREIRA, CLUB TREBOADA XIMNASIA RITMICA
    Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa, MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, a Yolanda Pereira, dirixente do Club Treboada de ximnasia rítmica encargada de levar esta disciplina deportiva en Ponte Caldelas dentro das escolas municipais. Falaron sobre a práctica deste deporte que ten na ximnasia acrobática e no trampolín dúas das súas variantes.
    19 min
  • ENTREVISTA LINO FORTES, ASOCIACION DE VECIÑOS DE CAROI
    Raquel Touriño entrevistou no programa matinal de RADIO NOVA a Lino Fortes, da Asociación de Veciños Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) que están a organizar un magosto para o venres días 28 de outubro. Ademáis de castañas asadas os asistentes poderán degustar tortilla, chourizos asados e filloas. Os nenos poderán participar nun concurso da cabaza máis terrorífica posto que tamén conmemorarán o Samaín.
    15 min
  • ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA
    ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA
    2 min
  • ENTREVISTA A NADINE AMORÍN E DAMIÁN SUÁREZ (MALAS FORMAS)
    Nadine Amorín e Damián Suárez, membros do grupo MALAS FORMAS, foron entrevistados por Ángel Rodríguez Lale no programa REBOADA DE SONS que emite tódolos mércores a partir das 12 horas RADIO NOVA. Durante a conversa abordaron temas relacionados coa mocidade, as súas inquedanzas pola música e as posibilidades que ten a xuventude para poder ensaiar as súas cancións.
    22 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM