Ana Iglesias entrevistou a Elena Pérez Piñón, unha das propietarias da Panadería Pecas de Ponte Caldelas, para falar da importancia do pan na nosa alimentación así como coñecer un dos establecementos asociados a COEMPO. Pecas, ademais de cafetería e panadería, ten perfectamente acondicionado o seu local para celebrar cumpreanos co seu parque de bolas que está tamén a disposición gratuíta dos nenos e nenas que acompañan aos seus clientes. Tamén falaron da súa riquísima variedade de empanadas, pasteis, doces e todo tipo de roscas e tartas.