Coñecimos o programa de festas na honra da Virxe do Pilar que celebrarán os días 11, 12 e 16 de outubro no lugar de Parada (Ponte Caldelas) a través dunha conversa mantida con Teresa Pérez, unha das membros da comisión de festas. O martes haberá unha verbena amenizada polas orquestras Palladium e Miramar, o mércores 12, que é o día grande, terá lugar un pasarrúas a cargo de Nós Tamén Imos, misa solemne, a partir das 13 horas, e despois da procesión as tradicionas poxas. O domingo 16 celebrarase o Pilar Pequeno, con pasarrúas a cargo dos gaiteiros Os Centellas, misa á unha e procesión. Se quedan poxas tamén se celebrarán na porta da igrexa despois da procesión.