RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • ENTREVISTA A ROBERTO LOUZAN, GANDEIRO DE VIASCÓN
    Entrevistamos Roberto Louzán Alonso, propietario dunha explotación gandeira de Viascón que foi atacada por unha manda de lobos que actúa pola zona de Corredoira, Caroi e Viascón e que xa lle leva matado unha trintena de reses no que vai de ano. Louzán quéixase de que a Xunta tarda máis de dous nos en pagarlle as reses mortas polo lobos e a un prezo moi inferior ao de mercado, mentras que el ten que repoñer o gando no prazo dun mes se non quere perder unha subvención que percibe.
    12 min
  • CUSPEDRIÑOS 10
    Raquel Touriño comentounos das distintas actividades para esta fin de semana en Cotobade entre as que destacan unha conferencia de Xosé Fortes Bouzán sobre a historia do municipio, que terá lugar este venres ás 20 horas no Consistorio, e un roteiro histórico que se celebrará o sábado, a partir das 10, e que terá como obxectivo coñecer os feitos que protagonizaron os veciños de Cotobade, Terra do Canón de Pau, durante a Guerra da Independencia.
    9 min
  • A lama-san adrian (1-0) gol de fran
    A Lama, S.D. impúxose ao San Adrián por 1-0 nun emocionante partido xogado en Racelo onde o equipo local, despois de sufrir un acoso por parte do ata o momento líder da categoría, recuperou o seu bo xogo na segunda parte e apabullou por compleo ao San Adrián e venceu o partido grazas a un gol de Fran. Na narración do partido, por erro atribuímoslle o gol erróneamente a David en lugar de Fran, polo que lle pedimos disculpas.
    2 min
  • ENTREVISTA A MIGUEL ANGEL SANTIAGO, PRESIDENTE DO CLUBE CICLISTA DE FORNELOS
    Miguel Ángel Santiago, presidente do Clube Ciclista de Fornelos de Montes, formado entre outros deportistas pola campiona de España de Enduro, Desirée Duarte Castro, conversou con Alberto Rodríguez sobre as actividades que organiza o clube entre as que destacan a participación en probas de BTT así como en circuitos deportivos que preparan para os seus socios.
    14 min
  • DESIREE DUARTE CASTRO, CAMPIONA DE ESPAÑA DE ENDURO
    Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Desiree Duarte Castro, unha xoven ciclista que acaba de proclamarse esta fin de semana campiona de España de Enduro. Desiree foi felicitada e comentou que o seu seguinte obxectivo era facer un bo papel nos campionatos de ciclocross que están a piques de comezar.
    12 min
  • SHEILA DARRIBA, ORGANIZADORA V RUTA CABALAR DE AUGASANTAS (COTOBADE)
    Raquel Touriño entrevista a Sheila Darriba, unha das organizadoras da V Ruta Cabalar de Augasantas (Cotobade) que vai ter lugar mañá mércores e que percorrerá, ademais desta parroquia cotobadense, tamén as de Valongo e Loureiro. Con esta iniciativa pretenden poñer en valor os distintos enclaves paisaxísticos do municipio ao tempo que cultivan a súa afeción ao mundo do cabalo.
    8 min
  • ENTREVISTA A FRANCISCO JAVIER MARQUEZ, SARXENTO PRIMEIRO XEFE DO POSTO DA GARDA CIVIL DE PONTE CALDELAS
    Entrevistamos esta mañá nos estudios de RADIO NOVA a Francisco Javier Márquez, sarxento primeiro xefe do posto da Garda Civil en Ponte Caldelas, que falou dos actos conmemorativos da patrona da Benemérita, a Virxe do Pilar, que terán lugar mañá cunha misa na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas e un ágape na churrasquería A Fonte. Tamén tratamos o baixo nivel de delincuencia na bisbarra e da importancia da colaboración cidadá coa Garda Civil non só para poñer aos responsables dalgún delicto ante a Xustiza senón como xeito de previlos.
    13 min
  • ENTREVISTA GONZALO OGANDO, DELEGADO DO MONTE PORREIRO
    Alberto Rodríguez entrevistou a Gonzalo Ogando, delegado do Monte Porreiro Xuvenil, e pai do xogador David Ogando que sufriu un percance durante o partido xogado o sábado en Chan da Barcia frente ao Pontecaldelas xa que nunha disputa dun balón aéreo ante Miguel Mouriño Sestelo, caiu mal e déuselle a volta a lingua ocluído as vías respiratorias que provocaron que convulsionara ante a alarma entre o público presente no campo. Foi evacuado en ambulancia ao Hospital Domínguez e o partido foi suspendido. Miguel, moi afectado, foi a visitalo ao hospital na compaña do seu pai. O xogador xuvenil do Monte Porreiro, David Ogando, foi dado de alta esta mañá.
    12 min
  • Entrevista teresa perez, comision de festas parada (ponte caldelas)
    Coñecimos o programa de festas na honra da Virxe do Pilar que celebrarán os días 11, 12 e 16 de outubro no lugar de Parada (Ponte Caldelas) a través dunha conversa mantida con Teresa Pérez, unha das membros da comisión de festas. O martes haberá unha verbena amenizada polas orquestras Palladium e Miramar, o mércores 12, que é o día grande, terá lugar un pasarrúas a cargo de Nós Tamén Imos, misa solemne, a partir das 13 horas, e despois da procesión as tradicionas poxas. O domingo 16 celebrarase o Pilar Pequeno, con pasarrúas a cargo dos gaiteiros Os Centellas, misa á unha e procesión. Se quedan poxas tamén se celebrarán na porta da igrexa despois da procesión.
    2 min
  • ENTREVISTA MANUEL MARTINEZ, PRESIDENTE CORAL VALDARROSA (PONTE CALDELAS)
    Falamos con Manuel Martínez, presidente da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas que se atopa de excursión un grupo de veciños deste municipio por terras valencianas. No momento de manter a conversa estaban tomando un vermouth nunha terraza de Benicasim e o que máis lle gustou da viaxe, polo momento, é o pobo de Peñíscola. Esta tarde contan con percorrer unha das moitas praias que hai na Comunidade Valenciana e bañarse no Mediterráneo desafiando ao mes de outubro e a este outono veraniego.
    6 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM