Falamos con Xabier Lourenzo, presidente da Asociación de Veciños O Carballo de Taboadelo, que o vindeiro sábado 8 de outubro, a partir das 15 horas, realizarán unha limpeza nas marxes do río San Vicente, para preservar o entorno das pontellas do Piornal e Canedo dentro das actividades que fan habitualmente para poñer en valor o patrimonio etnográfico, cultural e medioambiental desta parroquia de Ponte Caldelas. No futuro estudian facer unha serie de roteiros circulares para o cal precisan da colaboración do Concello de Ponte Caldelas.