RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • Entrevista ines sÁnchez, pandereteiras 'as maianas'
    Inés Sánchez, compoñente do grupo de pandereteiras "As Maianas" foi entrevistada por Ángel Rodríguez Lale no programa que coordina e presenta en RADIO NOVA adicado ao mundo da música folck que baixo o título xenérico de REBOADA DE SON emítese tódolos mércores de 12 a 13 horas. Falaron dos dous discos do grupo e de distintas experiencias persoais que marcaron a sensibilidade coa que están recopilados os temas da súa discografía. Tamén comentaron os vencellos entre As Maianas e a bisbarra e a súa participación en festivais na contorna.
    29 min
  • SARA E SOFÍA CORTÉS, NO PROGRAMA REBOADA DE SONS
    Ángel Rodríguez Lale entrevistou no seu programa REBOADA DE SONS, en RADIO NOVA, ás irmás Sara e Sofía Cortés, de Baltar (Ponte Caldelas) que compoñen un dúo de voces novas con gran forza e sentimento. Durante a entrevista falaron das súas aspiracións, gustos musicais e das composicións que máis lles gusta tocar e cantar dándolles o seu toque particular e característico.
    22 min
  • ENRIQUE CASAS, PSICÓLOGO ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE PONTEVEDRA
    Coincidindo co Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama entrevistamos a Enrique Casas, psicólogo da Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra, con quen falamos da importancia da prevención e da detección temprana deste tipo de cancro que padecen 1 de cada 8 mulleres. Tamén falou da alta porcentaxe de recuperación cando se detecta a tempo e dos efectos psicolóxicos e como tratalos cando unha persoa e o seu entorno se atopan cun problema destas características.
    12 min
  • ENTREVISTA A CRISTINA GARRIDO, COORDINADORA DE CIDADÁNS A LAMA
    Hoxe no programa matinal de RADIO NOVA recibimo-la visita de Cristina Garrido, coordinadora de Cidadáns no concello de A Lama con quen falamos sobre a súa vocación de servizo que a leva a estar nos movementos sociais e veciñais desde hai anos. Garrido sinalou que esperaba que dentro de tres anos poidera contribuir a que houbera na Lama un alcalde investido por Cidadáns e, si non fora así, deixaría paso a outro compañeiro ou compañeira que poda mellorar o seu labor.
    15 min
  • ENTREVISTA CHITO, XOGADOR DO A LAMA, S.D.
    Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Chito, xogador do A Lama, S.D. que resultou lesionado nun abductor no partido xogado ante o Cruceiro de Hío este pasado domingo e que perdeu o conxunto lamense por 2-1 no derradeiro minuto do partido.
    5 min
  • ELENA PÉREZ PIÑÓN, PROPIETARIA PANADERIA PECAS PONTE CALDELAS
    Ana Iglesias entrevistou a Elena Pérez Piñón, unha das propietarias da Panadería Pecas de Ponte Caldelas, para falar da importancia do pan na nosa alimentación así como coñecer un dos establecementos asociados a COEMPO. Pecas, ademais de cafetería e panadería, ten perfectamente acondicionado o seu local para celebrar cumpreanos co seu parque de bolas que está tamén a disposición gratuíta dos nenos e nenas que acompañan aos seus clientes. Tamén falaron da súa riquísima variedade de empanadas, pasteis, doces e todo tipo de roscas e tartas.
    9 min
  • ANDREA RIBADULLA DASILVA, PANADERIA ACUÑA EN PONTE CALDELAS
    Ana Iglesias entrevistou a Andrea Ribadulla Dasilva, da Panadería Acuña de Ponte Caldelas, por mor do Día Internacional do Pan. Conversaron sobre as bondades deste alimento de primeira necesidade, as súas variedades así como os distintos produtos que oferta entre os que salientas as pizzas que se poden mercar desde tan so un euro as pequenas.
    12 min
  • ENTREVISTA FRANCISCO COUSELO, FEDERACION GALEGA DE CAZA EN PONTEVEDRA
    Recibimos a visita do presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo, con quen abordamos a primeira xornada da tempada de caza que tivo lugar onte e que foi cualificada de moi positiva polo noso convidado. Couselo insistiu na necesidade de tomar precaucións cando se sae ao monte e avogou pola utilización dun calzado axeitado para evitar resbalóns e accidentes indesexados.
    13 min
  • ENTREVISTA A LOLI PEREIRA, CAMPIONA ECUESTRE CON PILLO 2º
    Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Loli Pereira, de Hípica Amazonas de A Insua (Ponte Caldelas) que acaba de regresar de México tras triunfar e lograr a medalla de ouro nun concurso morfolóxico cabalar co seu cabalo Pillo 2º. Falaron da dificultade deste tipo de concursos e de que está a preparar xa a súa participación no Campionato do Mundo que terá lugar en novembro en Sevilla.
    9 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM