RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • ENTREVISTA CRISTÓBAL CACHEDA, GAÑADOR DO CAMPIONATO GALEGO DE CAZA MENOR
    Cristóbal Cacheda, vencedor no XXX Campionato Galego de Caza Menor celebrado en Silleda, foi entrevistado por Francisco Couselo no seu programa CAZA E NATUREZA que se emite tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.
    12 min
  • ENTREVISTA JESÚS PÉREZ CARAMÉS, PRESIDENTE TECOR SILLEDA
    A raíz da celebración do XXX Campionato Galego de Caza Menor, Francisco Couselo entrevistou a Jesús Pérez Caramés, presidente do TECOR de Silleda, anfitrión desta competición. Esta conversa forma parte do programa CAZA E NATUREZA que se emitirá tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.
    7 min
  • ENTREVISTA A JAVIER NOGUEIRA, PRESIDENTE DA FEDERACION GALEGA DE CAZA
    Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza, foi un dos protagonistas do programa inaugural de Francisco Couselo titulado CAZA E NATUREZA que se emitirá tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.
    22 min
  • ENTREVISTA A ANA MARIA DÍAZ LÓPEZ, DIRECTORA XERAL DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA
    Francisco Couselo inaugurou o seu programa cunha entrevista en profundidade con Ana María Díaz López, directora xeral de Medio Ambiente, coa que analizaron diferentes temas de interese para o mundo cinexético así como os problemas derivados da acción dos xabariles e os lobos na provincia de Pontevedra. O programa CAZA E NATUREZA emitirase tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.
    14 min
  • PRESENTACION PROGRAMA CAZA E NATUREZA EN RADIO NOVA
    Francisco Couselo presentou o que é o primeiro dos programas que se emitirán en RADIO NOVA a nova Radio do Verdugo-Oitavén baixo o titulo de CAZA E NATUREZA. Emitirase tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.
    3 min
  • ANA MARIA VILLAVERDE LOPEZ, RESPONSABLE LUDOTECA PONTE CALDELAS
    Falamos con Ana María Villaverde López, responsable da Ludoteca de Ponte Caldelas, que organizan para estar tarde, por mor do Samaín, a partir das 19:30 horas unha saída polo centro da vila para nenos e adultos para facer truco ou trato. Os caramelos recollidos nos establecementos comerciais da vila serán repartidos entre os participantes. Os participantes terán que ir disfrazados para dar medo aos comerciantes.
    8 min
  • ADRIAN FRANCISCO SUÁREZ, FLORISTERÍA CARMEN DE PONTE CALDELAS
    Adrián Francisco Suárez, de Floristería Carmen de Ponte Caldelas, falou con Ana Iglesias sobre a venda nestes días de flores para colocar nos nichos e tumbas dos cemiterios da comarca. A forte demanda que hai nestes días fai que o prezo das flores suba considerablemente, pero lembrou que o resto do ano son un excelente agasallo para calquera e a un moi bo prezo.
    8 min
  • CRISTINA QUINTEIRO, VOCEIRA PLATAFORMA PO-234
    Entrevistamos a Cristina Quinteiro, voceira da Plataforma de Afectados pola PO-234 que está a organizar para o vindeiro sábado 13 de novembro unha caravana de coches que percorrerá a estrada PO-234 entre Ponte Caldelas, Laxoso e Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Esta medida de protesta prodúcese pola falla de resposta da Xunta despois da manifestación celebrada polos veciños hai unhas semanas.
    6 min
  • JOSE MANUEL BEIROA, CASTAÑEIRO COEMPO
    Ana Iglesias entrevistou en Ponte Caldelas a José Manuel Beiroa, propietario do carriño das castañas que ao longo do día de hoxe estará repartindo castañas asadas polo centro da vila dentro dunha iniciativa posta en marcha por COEMPO e coñecida como o MAGOSTO COMERCIAL.
    7 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM