Realidade e Soños

Realidade e Soños

By Radio NeriaArts
Download on the App Store

Realidade e Soños episodes

  • Realidade e Soños 114
    Manolin chega cun novo programa de Realidade e Soños, chega co seu manifesto contra os políticos de hoxendía, en prol da liberdade.
    Así tráenos aos poetas Rosalía de Castro e a penria da emigración; Miguel Hernández; a voz en loita de Jorge Cafrune; e Mario Benedetti.
    30 min
  • Realidade e Soños 113
    O Realidade e Soños 113 chega en clave de Manifesto coa coincidencia do comezo dou Xuízo co Prestige 10 anos despois.
    Ademais do Manifesto de ideas persoais de Manolín á entrada, viviremos a loita de Rafael Alberti; a emigración da boca de Mario Benedetti; a sorte de Juan Antonio González Iglesias; a vinganza de Lois Pereiro; o canto do Coro dos escravos da ópera de Verdi; a humildade de Facundo Cabral; a soidade de Antonio Machado; o tempo de chorar de Celso Emilio Ferreiro; e o amor amando de Bécquer e Juan Ramón Jiménez.
    30 min
  • Realidade e Soños 111
    Manolín recupera programas antigos para traer os poemas de Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Dulce María Loynaz, Vicente Aleixandre, Antonio Gala. E para pechar, unha sorpresa a modo de poema do propio Manuel Oliveira "Manolín".
    A canción é Julia, de Rocío Caamaño.
    30 min
  • Realidade e Soños 110
    Manolín volve no seu programa Realidade e Soños cun programa moi amoroso. Ademais dunha fermosa historia de Jordi Producciónes da man do seu neto, Abraham, temos poemas de auténtico amor de Luís Cernuda, Federico García Lorca e a música de Jennifer Russ
    30 min
  • Realidade e Soños 108
    Unha nova viaxe pola Emigración forzosa con Manolín e os poetas Manuel Curros Henriquez, Xoán Xose Fernández Abella, Pablo García Casado, Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Angela Ballvey e Ricardo Molina, e a música do arxentino Facundo Cabral.
    30 min
  • Realidade e Soños 107
    Manolín recupera un dos seus primeiros programas coas poesias de Jose María Valverde, Pablo Neruda, Gustavo Adolfo Bécquer, Ditinio del Castillo e Ramón Cabanillas.
    30 min
  • Realidade e Soños 106
    Un novo programa de Realidade e Soños con Manolín, que vén cargada de galeguidade.
    Xoán Xosé Fernández Abella, coa referencia aos emigrantes (outra vez) e ao caciquismo (tamén ao actual); Rosalía de Castro, coa esperanza nos mozos, fóra os medos; Manuel Curros Henríquez, o que hai que facer para vivir...; e Celso Emilio Ferreiro coa ironía da tiranía e asoballamento e un aleganto contra a bomba nuclear.
    27 min
  • Realidade e Soños 105
    Manolín volve coas súas Realidade e Soños para a radiONeria e Radio Roncudo para toda a Costa da Morte cos seguintes poetas: Dulce María Loynaz, Luís Cernuda, Federico García Lorca, Pablo Neruda, Mario Benedetti, e Pedro Shímose.
    30 min
  • Realidade e Soños 104
    Manolin volve traernos os seus mellores poemas, e hoxe volve aos seus comezos. Así repasa o primeiro programa desta última etapa, gravado aló polo 2008.
    29 min

About Realidade e Soños

From the publisher's feed

Os programas de Manuel Oliveira no seu espazo Realidade e Soños.