Realidade e Soños

Realidade e Soños

By Radio NeriaArts
Download on the App Store

Realidade e Soños episodes

  • Realidade e Soños 121
    Manolín comeza ca letra dunha canción de Il Divo: Mamá, como homenaxe a todas as nais e os pais. Despois marchamos polos sendeiros do amor e da emigración con Celso Emilio Ferreiro. Continuaremos con "Amazing Grace" de Il Divo, cun acto de fe e gracia.
    E para rematar, tres poetas como Amalia Bautista, Luís Cernuda e Blas de Otero.
    30 min
  • Realidade e Soños 120
    Hoxe, Manolín conta cos poetas en Pablo García Baena que nos falará dos soños poéticos con "Poética" e das tentacións e arrepentimento sincero en "Tentación en el aire". Ademais estará José Hierro ca poesía "El Muerto". E Rosalía de Castro, que nos conta unha historia da esperanza soñada. Todo ademais co acompañamento musical dos Tamara e o tema "Mentras eu peno".
    30 min
  • Realidade e Soños 118
    Hoxe, Manolín, separa o programa, coma case sempre, en dúas partes. A primeira, coa soidade e a tristura; A segunda, a forza que move o mundo: o amor.
    E para iso conta cos poetas Miguel D'ors, José Manuel Caballero (recén premio Cervantes), Francisco Brines e Antonio Carvajal
    29 min
  • Realidade e Soños 117
    Hoxe Manolín, tras disfrutar da natureza no seu máximo esplendor no Cabo C, quedou tomar un café con Mario Benedetti falando da vida cotiá. Cando lle dixo adeus, Manolín sentiuse só, pero lembrou algúns poemas de Rosalía de Castro (en castelán), para seguir buscando refuxio para os seus pensamentos en Leopoldo Panero e Ángel González.
    30 min
  • Realidade e Soños 14
    Recuperamos outro programa dos antigos de Manolín en Realidade e Soños, gravado durante o 2009. Tendes todos os seus programas en http://radioneria.blogspot.com.es/2009/03/realidade-e-sonos.html
    24 min
  • Realidade e Soños 116
    Hoxe Manolín Oliveira, no Realidade e Soños, celebra o seu aniversario, E o fai á súa maneira, cunha versión poética do My Way de Frank Sinatra, co violínde Andre Rieu e a súa orquestra. Ademais, tráenos ao Mario Benedetti máis satírico cos seuzs Pitucos; a Pura Vázquez e a súa escuridade e soidade en "Noite". Iremos con Leopoldo Panero cóntanos os soños dun neno cos poemas "Con sal de mis huesos" e "Hablo como sin mi piel...". Ademais escoitaremos a música de Hilario Camacho co seu "Final de Viaje" e pechará con Ricardo de Molina e o seu amor polo mundo.
    29 min
  • Realidade e Soños 115
    Manolín fala con Federico García Lorca nunha fermosa poesía (en galego) e cunha declaración de amor pola nosa terra; fala, e moito, na terraza dun café-bar co mesmo Mario Benedetti; para seguir escoitando o poema sin voz de Xosé María Álvarez Blazquez e vendo a lus que alumea o camiño de Xosé María Díaz Castro.
    30 min

About Realidade e Soños

From the publisher's feed

Os programas de Manuel Oliveira no seu espazo Realidade e Soños.