Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos, Sinerxías, inmediatez, unión e o storytelling: así son as claves do comercio local nas redes sociais.
Cando se nos pregunta polo papel e a influencia das redes sociais na sociedade adoitamos atoparnos con opinións polarizadas. Por un lado, está quen di que nos afastan entre nós e que fan que deixemos de prestarlle a atención que se merece a nosa realidade máis próxima. Pero tamén está quen di que son un elemento de cohesión entre coñecidos e o mundo que nos rodea. Nós quedámonos precisamente con esta parte, co poder que teñen para xerar sinerxías co noso entorno e cos nosos veciños.
"A colaboración entre comercios locais pode fomentar a fidelidade do cliente".
"Nas axencias adicadas ás redes sociais e ao marketing dixital sempre insistimos na importancia de contar historias, do storytelling".
"Mercar no comercio local é sinónimo de inmediatez. Moitas veces dámoslle prioridade, quizais por erro, a mercar online porque a consideramos unha opción máis rápida".
se falamos de proximidade e lle sumamos un trato personalizado e de calidade, é imposible non falar de comercio local. E precisamente de iso imos a falar hoxe: de como as plataformas dixitais serven para darlle visibilidade aos negocios e tamén das súas peculiaridades.
Como falabamos, quedámonos co lado bo da balanza, coa cara das redes sociais como nexo de unión. Así o avalan estudos como o Digital 2023, de We Are Social e Hootsuite, que indica que o 48% dos usuarios emprega as redes sociais para manterse en contacto con coñecidos. Aínda que tamén o 36% faino para entreterse no tempo libre ou o 34% para descubrir novas historias. E, xa por último, o 25% dos usuarios empregan redes sociais para atopar cousas para mercar.
✔️Contacto con coñecidos: sinerxías entre establecementos
O que acontece en pobos como A Estrada é que ao final nos coñecemos entre moitos de nós. E cos comercios sucede o mesmo. E isto é moi positivo xa que serve para crear unha rede de interacción en redes sociais que é beneficiosa para todos os integrantes.
Unha das principais vantaxes de crear este tipo de sinerxías é a capacidade de chegar a un público máis amplo. Ao final, estes comercios rematan por conseguir visibilidade fóra das súas canles principais e poden chegar a atraer aos novos clientes potenciais dunha maneira sinxela, gratuíta e colaborativa. E isto é especialmente útil para negocios pequenos que poden ter recursos limitados para promoción individual (aínda que xa temos mencionado que os anuncios nas diferentes plataformas dixitais adoitan ser económicos e bastante efectivos).
Ademais, a colaboración entre comercios locais pode fomentar a fidelidade do cliente. Cando os comercios se refiren uns a outros ou ofrezan promocións conxuntas, isto pode crear un sentimento de comunidade entre os clientes e fomentar a idea de que están a apoiar a súa localidade.
Outra vantaxe importante é que, a fin de contas, as redes sociais dun comercio local son o escaparate non só do seu negocio, senón tamén da estratexia que están a levar a cabo na esfera dixital. Neste sentido, podemos empregar as redes sociais do noso negocio como un benchmarking. É dicir, podemos crear unha lista deses usuarios que nos interesan especialmente,
ben porque sexan a competencia ou porque sexan referentes, e aprender de como traballan a súa imaxe de marca.
✔️ Novas historias: humanización da marca
Nas axencias adicadas ás redes sociais e ao marketing dixital sempre insistimos na importancia de contar historias, do storytelling e de mostrar o rostro visible que hai detrás de cada marca. E cando se trata de comercio local isto é moito máis importante porque, a fin de contas, esa é unha das
características máis sobresaíntes do comercio de proximidade: o trato persoal, o feito de coñecer ao cliente e á persoa que está detrás dun mostrador ou dunha barra.
A humanización da marca é importante por diversos motivos:
1️⃣ Conexión coa comunidade. Cando un comercio local humaniza a súa presenza en redes sociais, pode relacionarse de maneira máis significativa cos residentes locais, fomentando un sentido de pertenza e identificación co negocio.
2️⃣ Transparencia e confianza. A humanización implica compartir a historia que hai detrás do comercio, as persoas que o xestionan e os valores que promove. Isto crea unha maior transparencia e confianza entre os clientes locais, xa que lles permite coñecer mellor ao comercio e as súas intencións.
3️⃣ Comunicación directa e feedback. A comunicación en redes sociais ten que ser bidireccional.. A través de comentarios, mensaxes privadas e enquisas, os comercios locais poden obter feedback en tempo real e responder a preguntas ou preocupacións dos clientes.
4️⃣ Fidelización de clientes: A humanización pode fomentar a fidelidade dos clientes. Cando os clientes senten que se lles coñece de xeito individual e son tratados con respecto e aprecio, é máis probable que sigan apoiando o comercio local e recomendándoo a outros.
E como podemos humanizar o noso comercio en redes sociais?
Pois hai moitas maneiras de conseguilo. Podemos mostrar ao equipo con fotografías e biografías breves do persoal; podemos compartir casos de éxito ou historias persoais sobre o negocio (como se creou, cales foron as dificultades, etc.); mantendo a interese polo público e participando activamente na vida local das redes, é dicir, respondendo comentario ou comentando publicacións doutros comercios; tamén podemos celebrar datas importantes commo o aniversario da tenda; ou compartir procesos creativos ou do día a día a través das nosas stories ou Reels.
✔️ Ofertas e novidades: atopar cousas para mercar.
Mercar no comercio local é sinónimo de inmediatez. Moitas veces dámoslle prioridade, quizais por erro, a mercar online porque a consideramos unha opción máis rápida, pero se falamos de rapidez e inmediatez, é o comercio local o que está aí. O que sempre se está actualizando e ofrecendo novidades.
Precisamente é unha das características polas que máis salienta o contido en redes sociais do comercio local: pola necesidade dunha actualización constante. Se un restaurante ten menú do día, deberían publicalo a diario; se unha tenda de roupa ten unha oferta puntual, tamén o debería comunicar en redes; se hai un cambio de horario ou nunha ubicación, compártese; se hai un evento no concello, non está de máis facerse eco del; se hai determinado produto ou contido de tempada, darasálle o seu espazo.
Ao final, o que se espera das redes sociais dun comercio local é que haxa esa proximidade, esa cercanía e esa inmediatez propia dos establecementos físicos. E, por suposto, que se manteña esa unión entre veciños e comercios para fomentar e activar a vida local. En definitiva, que as redes sociais se empreguen para unir e conectar á xente e ao municipio.
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas