Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos, Que son os Social Ads e por que os deberíamos incluír na nosa
estratexia en redes sociais?.
As redes sociais son un medio de comunicación perfecto para darse a coñecer e conectar co público obxectivo dunha marca. E por que é isto? Un usuario medio pasado 6 horas e 35 minutos conectado á rede e, deste tempo, 2 horas e 24 minutos son adicadas exclusivamente a redes sociais. É así que os anuncios creados dende estas plataformas poden resultar unha opción económica e (relativamente) sinxela para aqueles que se decidiron a emprender unha campaña publicitaria para o seu negocio por primeira vez.
"Os Social Ads poden empregarse para promocionar tanto produtos e servizos como eventos ou incluso simplemente para aumentar a visibilidade dunha marca en redes sociais".
"As posibilidades de segmentación son moi amplas. Quizais sexa a vantaxe máis a salientar dos Social Ads".
"Debemos recordar que as redes sociais non son unha canle de venda, senón unha canle de contacto con clientes potenciai".
Que é iso dos Social Ads?
O termo “social ads” fai referencia, simplemente, aos anuncios en plataformas sociais. Estes anuncios adoitan ser pagados por marcas, creadores de contido ou calquera outro usuario que estea interesado en publicitar o seu contido máis alá das fronteiras da súa conta. Estes anuncios diríxense a un público específico dentro de unha rede social concreta (seremos nós os que decidamos en que rede social aparecer en función de se o noso público obxectivo se atopa nela ou non) e pode mostrarse como se fose unha publicación normal e corrente ou en formato anuncio.
Os Social Ads poden empregarse para promocionar tanto produtos e servizos como eventos ou incluso simplemente para aumentar a visibilidade dunha marca en redes sociais. Facebook Ads, Instagram Ads, Twitter Ads, Tik Tok Ads, Spotify Ads, Pinterest Ads... Cada vez son máis as plataformas sociais que utilizamos a diario e que nos brindan a oportunidade de crear unha campaña publicitaria orientada ao público co que queremos establecer un vínculo. E, aínda que quizais as redes sociais de Meta son as que contan coa posibilidade dunha campaña publicitaria máis elaborada, as demais tampoouco teñen nada que envidiarlle.
Algúns beneficios dos Social Ads
Facer unha campaña sinxela é relativamente doado, xa que os administradores de anuncios, as plataformas desde a que se xestiona a nosa publicidade, adoitan ser bastante intuitivos ou ofrecen guías de uso/navegación para principiantes á hora de establecer os obxectivos, crear a audiencia que queremos alcanzar, a duración da campaña e tamén a inversión que debemos realizar. Pero as vantaxes son moitas máis:
✔️ As posibilidades de segmentación son moi amplas. Quizais sexa a vantaxe máis a salientar dos Social Ads. As plataformas sociais aportan, en xeral, unha gran cantidade de información sobre os seus usuarios. É por iso que podemos escoller a nosa audiencia non só por unha división xeográfica, por idioma, idade ou sexo, senón que tamén imos poder escoller os gustos, intereses e comportamentos do noso público obxectivo.
✔️ Tempo de exposición a redes sociais. Segundo o estudo Digital 2023 pasamos unha media de 2 horas e 24 minutos diante dunha pantalla facendo scroll. Este dato é superior, por exemplo, ao tempo de consumo de radio, que se sitúa en pouco máis de 50 minutos. E, aínda que non é superior ao tempo que nos pasamos vendo a televisión (3 horas e 12 minutos diarios) a segmentación das redes sociais segue sendo un dardo moi punteiro.
✔️ É un método efectivo para aumentar a visibilidade. O alcance orgánico das
publicacións dunha marca pode non ser tan elevado como estaría esperar. Aínda que hai formatos que seguen a funcionar moi ben e que chegan a público máis alá dos nosos seguidores, como é o caso dos Reels de Instagram (aínda que este bo funcionamento baixou nos últimos meses), quizais non sempre é suficiente. Por iso, se se promociona unha publicación dende o administrador de anuncios, a visibilidade dese contido que tanto nos interesa que chegue ao mundo, aumentará.
✔️ Todos (ou case todos) estamos en algunha rede social. Aínda que poida parecer que con este tipo de publicidade se alcanza a un número de usuarios moito menor con respecto a outros formatos máis tradicionais, nada máis afastado da realidade. Na actualidade hai case 5 mil millóns de usuarios de redes sociais, o que supón case o 60% da poboación mundial. E estes usuarios están, de media, en case 7 redes sociais diferentes. E, entre as redes máis usadas, está Facebook no podio, con preto de 3 mil millóns de usuarios, seguido de Youtube, WhatsApp e Instagram, con 2 mil millóns de usuarios.
✔️ As redes sociais son para manter o contacto pero tamén para mercar. Non hai dúbida de que as redes sociais naceron coa pretensión de manternos en contacto cos amigos e familia, compartir imaxes e contido con eles e, en xeral, acurtar as distancias. Sen embargo, as plataformas dixitais úsanse para moito máis. Se ben o 48% dos usuarios emprega as redes sociais para manterse en contacto con coñecidos, o 36% faino para matar o tempo morto, o 34% faino para descubrir novas historias, o 25% para atopar inspiración e para cousas que mercar e, o 25%, atopar cousas para mercar.
✔️ É económico. Os Social Ads non requiren dunha gran inversión para alcanzar ao noso público obxectivo. De feito, somos nós mesmos os que establecemos o presuposto de cada campaña. Aínda que as cifras variarán dun perfil a outro, estímase que cunha inversión de 20€, se facemos unha correcta segmentación e selección de obxectivos, podemos alcanzar a unha audiencia que se sitúe por encima das 15.000 persoas.
✔️ Métricas detalladas. Os administradores de anuncios non só son intuitivos, senón que facilitan aos usuarios estatísticas detalladas que poden ser de utilidade para corrixir erros ou saber como mellorar para futuras campañas. Segundo o obxectivo que lle teñamos marcado no inicio, poden indicarnos de maneira diaria o alcance, o número de clics nun enlace, as chamadas recibidas, as interaccións coa publicación, etc
Que obxectivos podemos ter cos nosos anuncios en Meta Ads?
Aínda que os obxectivos que permite seleccionar Facebook ou Instagram adoitan cambiar cada pouco tempo, a día de hoxe resúmense en seis. Con estes seis obxectivos preténdese diminuír a complexidade da configuración na creación de anuncios, de maneira que se acheguen as campañas publicitarias non só a expertos, senón a outros usuarios que queiran construír o seu propio anuncio.
✔️ Recoñecemento. Deste xeito, mostrarase a campaña a quen teña máis probabilidade de recordala. É ideal para lograr recoñecemento de marca, alcance, reproduccións nun vídeo ou recoñecemento da ubicación dunha tenda.
✔️ Tráfico. Dirixe ás persoas a un destino, como un sitio web, unha aplicación, un perfil en Instagram ou un evento de Facebook. É ideal para clics no enlace, visitas á páxina de destino, para redirixir a Messenger, WhatsApp ou Instagram e para chamadas.
✔️ Interacción. O anuncio mostrarase ás persoas coas que haxa máis probabilidades de interacción. Deste xeito, podemos conseguir máis mensaxes, máis reproducións nun vídeo, máis interaccións coas publicacións, máis me gusta nunha páxina ou respostas a eventos.
✔️ Clientes potenciais. Este obxectivo busca xerar novos clientes para a nosa empresa mediante formularios instantáneos, redirección a Messenger ou Instagram, conversións e chamadas.
✔️ Promoción dunha aplicación. Servirá para atopar a persoas que instalen a aplicación e a sigan usando.
✔️ Vendas. Para atopar ás persoas con máis probabilidades de mercar o noso produto ou servizo. É ideal para conversións, vendas ao catálogo, redirixirnos a Messenger WhatsApp e Instagram ou realizar chamadas.
5 consellos para ter un sobresaínte en Social Ads
Para crear bos anuncios en Facebook Ads, é importante ter en conta varios aspectos:
1️⃣ Segmentación precisa: Debemos facer unha segmentación precisa da nosa audiencia. Debemos empregar as opcións de segmentación de Facebook para dirixirnos a persoas que realmente están interesadas no noso produto ou servizo. Cuanto máis específico sexamos, mellor.
2️⃣ Contido visual atractivo: Utiliza imaxes ou vídeos atractivos que chamen a atención. Unha imaxe ou vídeo de calidade pode facer que os usuarios deteñan o seu scroll e presten unha maior atención ao noso anuncio.
3️⃣ Mensaxe clara e concisa: A nosa mensaxe debe ser clara e concisa, sen exceso de información.
4️⃣ Proba diferentes formatos: Facebook ofrece diversos formatos de anuncios, como anuncios de imaxe, vídeos, anuncios de carrusel e máis. Podemos probar diferentes formatos para ver cal funciona mellor coa nosa audiencia
5️⃣ Realiza un seguemento e optimización: Realizar un seguemento regular do rendemento dos anuncios anuncios é fundamental. A través das ferramentas de análise de Facebook, poderemos ver que anuncios funcionan mellor e realizar axustes para optimizar o seu rendemento.
Isto é un resume xeral do que son os Social Ads e de como podemos dar a coñecer o noso produto, servizos e a nós mesmos a través deles. Aínda que, iso si, debemos recordar que as redes sociais non son unha canle de venda, senón unha canle de contacto con clientes potenciais que serán eles os que decidan mercarnos ou non.
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas