Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Psicoloxía na época da Intelixencia Artificial. Verónica Barros, de Barros Psicología, explícanos en que consiste.
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da psicoloxía na época da Intelixencia Artificial.
    "A IA cada día ten un papel máis importante na atención médica e, como non, no ámbito da saúde mental".
    "A IA e a aprendizaxe no seu uso pode ser unha opción para xerar motivación".
    "Teoricamente, cos nativos dixitais, imos estar ante a primeira xeración que vai ter un nivel de intelixencia inferior ao dos seus país".
    A PSICOLOXÍA NA ÉPOCA DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL
    Cando escoitamos a palabra IA seguramente a moitos se nos veña á cabeza que está totalmente relacionada coa informática pero non a relacionaríamos coa psicoloxía, máis o que busca a intelixencia artificial é crear unha máquina que chegue ao nivel da intelixencia do ser humano, e polo tanto, ten que ver coa aprendizaxe, coa percepción, o razoamento, a toma de decisión ou a resolución de problemas, e, polo tanto, coa psicoloxía.
    A IA baséase no procesamento de datos e na aprendizaxe automática, onde os algoritmos e modelos da IE poden analizar grandes cantidades de información e aprender patróns gracias a estes datos para realizar tarefas específicas. Algúns exemplos comúns son os asistentes virtuais como Siri ou Alexa, os coches autónomos, …
    Nos seus inicios, a IA creouse para poder conseguir o funcionamento da mente e o cerebro a través dun software. A partir disto, psicólogos como Miller comezaron a realizar estudos sobre os límites do ser humano e o procesamento da información, principalmente e no campo das ciencias cognitivas. Dende entón, IA e psicoloxía cognitiva fóronse complementando, pero o certo é que cada día se innova máis neste eido, dende a neuropsicoloxía, a psicoloxía experimental ou a neurociencia.
    O impacto da IA na saúde mental
    A IA cada día ten un papel máis importante na atención médica e, como non, no ámbito da saúde mental. Non solo revolucionou a forma na que se diagnostican e tratan os trastornos mentais, senón tamén plantexa importantes preguntas éticas e sociais.
    Un dos aspectos máis prometedores da IA na saúde mental é a súa capacidade para detectar patróns sutís nos datos que poderían pasar desapercibidos para os profesionais da saúde. Isto permite un diagnóstico máis rápido e preciso, o que a súa vez pode levar a unha intervención temperá e a un mellor prognostico.
    Impacto da IA na intelixencia, na aprendizaxe e na memoria
    Ata o de agora sempre se pensaba e despois se comprobaba que a seguinte xeración sempre tiña unhas capacidades cognitivas, unha intelixencia superior, ás da xeración anterior. Sen embargo, a realidade actual vainos quitar a razón, en canto a CI. Teoricamente, cos nativos dixitais, imos estar ante a primeira xeración que vai ter un nivel de intelixencia inferior ao dos seus país.
    En certo modo, poderíamos case dicir que o aumento da intelixencia de tipo artificial e do uso das novas tecnoloxías podería facer que as nosas capacidades se reduciran, quizais porque as empregamos máis.
    Sen embargo, co nacemento e, sobre todo, extensión, destas tecnoloxías, o que deben desenvolver os nenos e as nenas quizais son habilidades doutro tipo, que ata o de agora se tiñan menos en conta: a comunicación, a colaboración, a creatividade, o pensamento crítico, a aprendizaxe autónoma, …
    A educación ten que ir enfocada a traballar sobre estas competencias brandas, en contraposición ás competencias duras (hard skills), que realmente se refiren ao coñecemento técnico como tal.
    Quizais unha das frases máis repetidas polos país e nais en consulta cando veñen menos e nenas é que o seu fillo non se motiva, que os profes non saben motivar, … Podemos dicir que esta IA e a aprendizaxe no seu uso pode ser unha opción para xerar esta motivación, xa que cada vez se trata máis de traballar colaborativamente, con persoas, transformando ideas en proxectos, promovendo habilidades socioemocionais, e desenvolvendo habilidades transversais, e non centrándose tanto na transmisión de coñecementos sen máis.
    Iría isto moi en favor de persoas que non teñan tendencia a unha aprendizaxe repetitivo, isto que se dicía antes de chapar.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • Carta aberta dunha Social Media Manager á sociedade e Zuckerberg, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos a carta aberta dunha Social Media Manager á sociedade e Zuckerberg.
    Un Social Media Manager é o profesional que se encarga da xestión das redes sociais dunha empresa e as súas funcións van moito máis alá de darlle ao botón de publicar. Entre as súas responsabilidades pódese incluír a creación de contido, interactuar coa audiencia, planificar estratexias de comunicación en base a uns obxectivos corporativos e facer unha monitorización constante para comprobar que estes se están a cumprir e, de non facelo, poder corrixilo. É un traballo importante para a presenza en liña dun negocio ou figura pública e para o que é preciso ter unha formación.
    "Temos as ferramentas necesarias para explotar todo o potencial que teñen as redes para a conexión e promoción dun negocio".
    "Pedimoslle a Zuckerberg, como usuarias e profesionais, que mellore as ferramentas e plataformas que xa ten antes de comezar con outras novas".
    "A moitas persoas cústalles confiar na labor do Social Media Manager. Pero como en calquera outra profesión, podemos rendir contas dos nosos pasos".
    Un remedio para o sobrinitis
    Precisamente, se falamos de formación, cando un usuario xeral pensa no papel dun SMM é un aspecto que adoita deixar de lado. A fin de contas, todos (ou case todos) sabemos usar as redes sociais, non? É por iso, que a nosa primeira demanda, desta carta aberta que traio hoxe, é atopar un remedio para a sobrinitis.
    De seguro que acontece en máis profesións pero no marketing dixital semella que todos teñen sobriños incribles. Non é a primeira vez, nin a última, que algún potencial cliente comeza con “é que teño un sobriño que sabe desto e me leva as redes”. Non dudamos que saiba pero ese sobriño menor de idade posiblemente non teña a formación necesaria para executar todas as tarefas
    desta profesión de maneira efectiva.
    Graos como o de publicidade, xornalismo, comunicación audiovisual, belas artes, marketing dixital ou estudos máis específicos orientados a determinadas áreas como másteres en dirección de arte ou comunicación en medios sociais. Os profesionais teñen ao alcance da súa man centos de
    maneiras de especializarse no sector e, precisamente, estes estudos tan concretos, fannos pensar que quizais con ser usuario activo e consumidor frecuente de redes sociais non é suficiente para ser SMM.
    Isto da “sobrinitis” non é algo que lle aconteza só a Actualizados, senón que é unha enfermidade bastante extendida. De feito, hai un encontro de profesionais do sector que se chama Raiola Marketing Conference que empregou esta afección na súa publicidade. Os carteis publicitarios para
    o evento rezan: “marketing? Se iso lévao meu sobriño? Traémosche aos mellores sobriños de España no evento de marketing máis molón. Algúns ata teñen máis de 20 anos”.
    Deixar a desconfianza de lado
    A figura do Social Media Manager é relativamente recente. Naceu co desenvolvemento das redes sociais. As plataformas dixitais que coñecemos hoxe en día apareceron nos primeiros anos do século XXI: Facebook aterrou no 2004, Youtube no 2005, Twitter no 2006, WhatsApp no 2009 e Instagram no 2010. Nesta última data é cando se rexistra a aparición deste profesional e o resto da historia xa a coñecemos.
    Ao ser un traballo tan novo e tan abstracto (ao final, as redes sociais non son tanxibles), a moitas persoas cústalles confiar na súa labor. Pero como en calquera outra profesión, podemos rendir contas dos nosos pasos. Máis alá de mostrar todo o contido creado, podemos valernos das métricas.
    Todas as plataformas dixitais teñen estatísticas para poder facer un seguimento dos obxectivos que nos teñamos marcado. Twitter Analytics, os Insights de Instagram, a plataforma de Meta… Todas elas nos mostran estatísticas como a alcance das publicacións, o seu impacto, clics nos enlaces, os me gusta ou reacciones, o engagement, fainos una segmentación do público que nos ve, indicanos cal é o contigo que máis gusta, etc.
    Publicar os fins de semana á tarde: acerto ou erro?
    Moitos usuarios e clientes pensan que a mellor hora para publicar é durante a tarde ou á noite e, os mellores días, a fin de semana. É unha conclusión á que moitos podemos chegar: a esas horas estamos máis libres, non estamos a traballar e temos máis tempo para estar cos nosos dispositivos móbiles.
    Aínda que a realidade está ben lonxe. Así o demostran estudos como o de Social Sprout, no que se demostra que a mellor hora está polas mañás e os mellores días son o martes e o mércores. Isto terá pequenos matices dunha rede social a outra:
    ✔️ Facebook. En xeral, de 8.00 a 14.00 horas, de luns e os xoves.
    ✔️ Instagram. En xeral, de 9.00 a 13.00 horas, os martes e mércores.
    ✔️ Linkedin. En xeral, de 10.00 a 12.00 horas, de martes a xoves.
    ✔️ Twitter, en xeral, de 9.00 a 14.00 horas, de martes a xoves.
    ✔️ TikTok. Aquí si apreciamos diferenzas, xa que as mellores horas son, en xeral, de 14.00 a 17.00 horas, os martes e mércores.
    Vender, vender e vender
    Se hai un obxectivo frustrado por excelencia en redes sociais é o de vender. As plataformas dixitais non son unha canle directa de venda, non son un catálogo de produtos ou servizos, senón un escaparate virtual no que mostrar a nosa marca, os nosos produtos, os nosos valores e todo o que nos rodea.
    As redes sociais son un medio excelente para darlle visibilidade á nosa marca e conectar co público. Son un altavoz para nós que, se os usamos ben, podemos chegar aos nosos clientes potenciais e, na súa man, estará a decidir se mercarnos ou non.
    Zuckerberg: menos copiar e máis mellorar
    Mark Zuckerberg foi o creador de Facebook e, hoxe en día, está á fronte da corporación tecnolóxica Meta. Baixo o seu paraugas atópanse aplicacións como Facebook, Messenger, WhatsApp, Instagram, Meta Horizon, Giphy ou Threads.
    Zuckerberg adoita mirar á mesa do lado antes de pedir. Ou o que é o mesmo: sempre que atopa a oportunidade, copia a aplicación do lado ou cómpraa. Isto podémolo ver non só en Instagram, que cada vez se semella máis a TikTok, senón tamén na última creación do magnate: Threads. Esta
    aplicación lanzouse fai uns meses, en xullo, momento no que Twitter tambaleaba coas decisións de Elon Musk. Isto serviulle para conseguir, nun día, 70 millóns de usuarios rexistrados. E é que, esta aplicación, aínda que é necesario ter unha conta de Instagram vinculada, funciona á imaxe e
    semellanza de Twitter (X).
    O que lle pedimos a Zuckerberg, como usuarias e profesionais, é que mellore as ferramentas e plataformas que xa ten antes de comezar con outras novas. En Instagram, fai que as stories non perdan calidade ao incluír música ou gifs e non nos mostren Reels na páxina de explorar que xa teñen meses. No Meta Business Suite, que é a plataforma de xestión, planificación e programación de contido de Facebook e Instagram, fai que funcione como debería aínda que sexa un só día e inclúe un buscador de emojis para que non nos leve a vida enteira escribir un copy -o texto que acompaña ás publicacións- no ordenador. E, por último, WhatsApp, por que non incorporar unha carpeta para organizar todos eses stickers cos que mantemos conversacións para
    atopalos con maior facilidade?
    En definitiva, temos as ferramentas necesarias para explotar todo o potencial que teñen as redes para a conexión e promoción dun negocio. E, nos hombros dos profesionais do sector e das empresas que confían neles, recae a responsabilidade de traballar man con man, de maneira respectuosa e comprensiva, para facer despegar o escaparate virtual de calquera marca.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA luns 09-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación, tráenos unha Carta aberta dunha Social Media Manager á sociedade e Zuckerberg
    Hoxe: Falamos de como utilizar as imaxes nas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • SALTA DA CAMA venres 06-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    Agasallo unha entrada para o partido desta fin de semana do Club Deportivo Estrandense.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • Tratamos temas de actualidade que nos amosan a dura realidade que hai ao noso carón e que nos fan reflexionar.
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos da terrible realidade que temos ao noso carón.
    "A día de hoxe lavamos cincuenta vítimas de violencia de xénero, unha máis que en todo 2022. É terrible".
    "As declaracións de Alfonso Pérez mostran que non se entende o que se está pedindo. Esto non é unha competición entre xéneros".
    "Penso que a mensaxe que estamos transmitindo non é a mensaxe correcta".
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    29 min
  • SALTA DA CAMA xoves 05-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Agasallo unha entrada ver ao Club Deportivo Estradense.
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 36 min
  • Ramón Castro, fundador de LK Mobility. Unha empresa, con ADN estradense, que fai análise e recuperación de baterías.
    Ramón Castro é un dos fundadores de LK Mobility, unha empresa que nace tendo ADN estradense.
    Baixo o paraugas da chamada nova mobilidade, céntrase no sector dos vehículos con compoñente eléctrica e en concreto, na análise e recuperación das baterías de híbridos. Tamén dan formacións en vehículos eléctricos e fan desenvolvementos de enxeñería.
    "Tivemos clientes que mercaron un vehículo de 2ª man, no que a batería non funcionaba".
    "A Uvigo é moi importante para nós, en especial Loli Do Campo, axudounos a nacer e a crecer".
    "Zona Franca de Vigo aposta por distintos proxectos, non so pola automoción, está sendo un polo de apoio a empresas de innovación e desarrollo".
    "Galicia sempre vai ser un referente en desarrollo de compoñentes de automoción".
    LK MOBILITY
    O proxecto comezou no 2021 co obxectivo de democratizar o mantemento das baterías dos vehículos híbridos. Para levalo a cabo, contan co apoio de distintas organizacións e proxectos como a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia ou os proxectos de apoio ao emprendemento como a Fundación Ronsel ou o proxecto Interreg MOBAE. En xaneiro do 2022 deron un salto cualitativo, o entrar na incubadora High Tech Auto especializada en automoción da Zona Franca de Vigo, despois diso, foron convidados a participar no programa para internacionalización de empresas Vía Exterior e, grazas a isto, puidemos definir unha idea e empezar a comercializar.
    En novembro do 2022, a Asociación de Novos Empresarios de Vigo outorgoulles o premio en Innovación. En 2023 seguen gozando do apoio de organizacións no seu crecemento e lograron clasificarse para a fase académica da aceleradora de empresas galega Vía Galicia. Ademais, están nomeados pola Asociación de Novos Empresarios de Galicia para o premio en innovación.
    Despois de anos de traballo en I+D+i, lograron a posibilidade de ofrecer este servizo innovador e cada vez máis necesario. Despois dun fructuoso proceso de crecemento, poden dicir que están preparados para ofertar unha solución moderna e fiable para a reparación de baterías híbridas.
    Analizan o estado de saúde da túa batería híbrida!
    Analizan o estado das baterías dos vehículos híbridos e eléctricos e ofrecen unha solución para que poidas gozar do teu vehículo híbrido sen complicacións, ademais de ofrecerche un mantemento eficiente e constante.
    En tan só 24 horas analizan a túa batería, para que coñezas o seu estado de saúde antes de vender o teu híbrido ou comprar un de segunda man.
    Ofrecen este servizo para garantir unha calidade nas compravendas de vehículos, tanto entre particulares como concesionarios. Para isto emiten un informe da saúde da batería do vehículo, desagregado cela a cela.
    Máis Información LK MOBILITY:
    ✔️Páxina Web: https://www.lkmobility.es/
    ✔️Instagram: lk_electrics
    ✔️Linkedin: https://es.linkedin.com/company/lk-mobility?trk=public_post-text
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS:
    https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    20 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 04-10-2023
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    5 min
  • SALTA DA CAMA mércores 04-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    Agasallo entradas para ver ao Club Deportivo Estradense
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    Ramón Castro fálanos de LK Mobility , baterías par coches híbridos con ADN do Concello A Estrada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • EROTOFOBIA, ou medo ao sexo. Verónica Barros, de Barros Psicología, explícanos en que consiste.
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos do medo ao sexo.
    "Erotofobia é un termo demasiado extenso e que patoloxiza en exceso unha realidade".
    "O sexo necesita descontrol no noso cerebro".
    "O rexeitamento do sexo pode termoitas orixes. A clave para solucionalo está na educación sexual e no autocoñecemento".
    MEDO AO SEXO: ¿Por qué se produce e como se pode solucionar?
    O rexeitamento do sexo pode termoitas orixes: sentir vergoña polo propio corpo, temor a non facelo ben, sufrimento e dor nas relación de parella ou medo a contraer unha enfermidade de transmisión sexual.
    A clave para solucionalo está na educación sexual e no autocoñecemento.
    É importante, de base, diferenciar entre as persoas que voluntariamente ou de forma natural non teñen desexo sexual ou necesidade de estar sexualmente con ningunha persoa, do tema que imos falar hoxe, que sería o medo ao sexo, a ansiedade ante as relación sexuais ou o malestar que estas poden producir.
    En moitos lugares podemos ver referida a palabra erotofobia para denominar a este medo ao sexo, sin embargo, é un término demasiado extenso e que patoloxiza en exceso unha realidade. Podemos falar de medos concretos a certos aspectos que se relacionar coa sexualidade. Por exemplo, medo a contraer unha enfermidade sexual, a quedarse embarazada, a fracasar, a non dar a talla, incluso a mostrar o propio corpo.
    Todo isto, ten moito que ver coa educación que se recibiu a nivel sexual, á esaxerada exposición da pornografía ou a aspectos ideolóxicos.
    ✔️ Un dos máis frecuentes é o medo á desnudez. Moitas persoas séntense moi inseguras cos seus corpos, e aínda que parece que actualmente se mostran moito máis, as inseguridades medran, e fan que atopemos máis complexos e máis defectos autopercibidos.Incluso, o feito de quedar con outra persoa que non coñeces ou que coñeces a veces a través de apps pode ser asimilado como a persoa como asistir a un exame, no que nos van a poñer unha nota en canto a físico, personalidade e, como non, á hora de manter unha relación sexual. Case sempre, a autoesixencia de ter un corpo perfecto fai que non nos permitamos centrarnos en outras cousas, e desfrutar del. É un medo máis feminino, aínda que cada vez se está abordando máis no sexo masculino. Ademais, nas relacións homosexuais masculinas está moi interiorizado.
    ✔️ Medo a “cumprir” ou a “dar a talla” atopámolo moito máis no sexo masculino. Moi relacionado coas expectativas irreais promulgadas a través do porno e tamén polas conversas con amigos e a información que atopamos por internet.
    ✔️ Medo á dor. Isto ten moito que ver coas relacións pasadas, co tipo de relacións sexuais que se manteñen, e tamén co ambiental. Se estou cunha persoa que non ten en conta os tempos, a necesidade de estimulación, non pensa no que eu necesito, podo chegar a sentir dor. Se sinto dor unha vez, e outra vez, vou asociar que o sexo causa molestias, e incluso podo chegar a bloquearme. Isto pode facer que rexeite estas situacións e que prefira non expoñerme. Pode levar a casos de vaxinismo e dispareunia. E, aínda que pareza que so as mulleres o sinten, tamén hai homes que sinten medo á dor por certas prácticas sexuais. Aquí cobra aínda máis importancia o autocoñecemento, xa que debemos ir achegándonos ao sexo dunha forma controlada e agradable. E temos que ir coñecéndonos pouco a pouco para saber recoñecer os aspectos desexables e aqueles que non nos gustan ou nos molestan do sexo.
    ✔️ Medo a que nos pillen. Isto é moi ambiental. Sobre todo ao comezo da vida sexual, cando somos xóvenes ou cando non temos un lugar tranquilo, pódense ter relacións rápidas, en lugares incómodos ou pouco íntimos, o que pode levar a que as relacións non sexan pracenteiras. Nese caso, podemos facer que haxa ansiedade.
    ✔️ Medo á enfermidade ou ao embarazo. É sinxelo de resolver, e sin embargo, por momentos e moi ansióxeno.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!