Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • SALTA DA CAMA mércores 27-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    Clara Torres - Nutricionista, achéganos consellos para a volta ao cole.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 38 min
  • Falo de como convivir cunha persoa que está sempre de mal humor, con Verónica Barros, de Barros Psicología.
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de Como convivir cunha persoa con mal humor continuo (e non morrer no intento).
    "Unha das bandeiras vermellas para detectar a necesidade de acudir a un/ha profesional é o mal humor crónico".
    "Outro exemplo que aparece moi a miúdo é unha persoa que foi pasando pola súa vida sen tomar decisións propias".
    "É importante entender que é o malhumor como unha forza negativa, que destrúe a cohesión e a armonía e que obriga aos demais a gastar esforzos en comprender, en compadecer a outra persoa".
    Como convivir cunha persoa con mal humor continuo (e non morrer no intento)
    Unha das bandeiras vermellas para detectar a necesidade de acudir a un/ha profesional é o mal humor crónico. Ter un carácter irritable e estar sempre de mal humor están entre as sinais de que algo non vai ben na vida dunha persoa.
    ✔️ Ese malestar emocional provén, case sempre, de razón que non están a ser atendidas ou modificadas na vida desa persoa.
    ✔️ É importante, cando temos a este tipo de persoas cerca averiguar de onte ven o malhumor, para intentar poñerlle solución.
    ✔️ En moitos casos trátase dun problema de frustración, que pode vir de diferentes motivos. Un caso habitual é unha persoa dependente que non acepta que precisa axuda na vida diaria.
    ✔️Outro exemplo que aparece moi a miúdo é unha persoa que foi pasando pola súa vida sen tomar decisións propias, deixándose levar e incluso vivindo na inercia doutros (porque se casou e decidiu deixar de lado a súa vida para vivir como “a nai ou o pai de”, ou “a muller ou o marido de”. Xeralmente cando facemos isto, despois sóese dar o caso de que chegamos a un punto no que xa non estamos cómodos, pero tampouco lle vemos moita solución, polo menos sen realizar moitos cambios e sen ter que dar algo a cambio da mellora, o cal frustra. E se vemos que os demais están en situacións favorables, aínda máis.
    Pero ¿e os que sufrimos este malhumor sin ser noso?
    É importante entender que é o malhumor, para poñernos de acordo. Sería como unha forza negativa, que destrúe a cohesión e a armonía e que obriga aos demais a gastar esforzos en comprender, en compadecer a outra persoa. É dicir, en intentar compensar con esforzos a “inxustiza” de sentir o malhumor do outro.
    Realmente, para autores como Galimberti, ese malhumor, mala baba, ou mala leche proven da constante frustración pola consecución da felicidade, xa que esta felicidade so tería en conta, para estas persoas, a realización dos propios desexos, pero sin ter en conta para nada a real posibilidade da súa realización.
    Non aceptamos o noso corpo, o noso estado de saúde, a nosa idade, a nosa ocupación ou a calidade das relación que mantemos, porque o que facemos é medirnos en comparación cos demais ou incluso a través de estereotipos que a vida nos ofrece todos os días.
    Polo tanto, poderíamos dicir que o propio infeliz é responsable da súa infelicidade, e non os demais, xa que ten xeradas unhas expectativas irreais, que non vai conseguir e esa falta de consecución é a que lle causa o malestar.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SALTA DA CAMA martes 26-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología , Falamos de como convivir cunha persoa con mal humor continuo (e non morrer no intento).
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • Consellos prácticos para o uso de imaxes en redes sociais, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos consellos prácticos para o uso de imaxes en redes sociais.
    "Os memes si se poden imitar e replicar. Así se recolle na lexislación, aínda que non o fai directamente en referencia aos memes, senón a un termo chamado “pastiche”".
    "As capturas de pantalla non serven. Non se pode reproducir contido sen o permiso do titular.".
    "As imaxes deben subirse na máxima calidade posible e nunca deberíamos compartir unha fotografía borrosa ou que sexa unha captura de pantalla".
    Consellos prácticos para o uso de imaxes en redes sociais
    Temos case todo a un clic de distancia. Internet e as redes sociais téñennos acostumados á inmediatez e á totalidade. Sen embargo, aínda que poidamos acceder a millóns de imaxes, vídeos e demais contido, non sempre a podemos empregar e facer con ela o que nós queiramos.
    ⛔️Que podemos usar e que non
    No último informe de redes sociais realizado por We Are Social en febreiro de 2023, Instagram contaba con 1.32 mil millóns de usuarios activos, Facebook con 1.98 mil millóns e TikTok con 1.05 mil millóns de membros. Isto implica que cada día se comparten non miles, senón millóns de fotografías.
    De feito, fai uns anos, había blogs especializados en tecnoloxía como Think Big que estimaban que en Facebook se compartían máis de 300 millóns de fotografías ao día e, se nos referimos a Instagram, alcanzaban os 40.000 millóns de fotografías ao ano.
    E precisamente esta cantidade inxente de imaxes fai necesario coñecer cales podemos empregar para as nosas redes e como as podemos usar.
    ✔️ Funcionalidades das redes. En primeiro lugar, hai que ter en conta que temos ferramentas dentro das propias redes sociais para compartir imaxes que non son nosas. Os usuarios podemos facer uso do contido que publican outros perfís mediante o uso das propias funcionalidades que proporcionan as redes: retuits, comentar ou compartir, por exemplo, en stories. É dicir, son opcións, que dunha maneira ou outra, serven para mencionar a quen subiu ese contido en primeiro lugar.
    ✔️ As capturas de pantalla non serven. Se estamos a ver un filme ou vídeo e
    queremos empregar certo fotograma para as nosas redes pode saírnos caro
    porque estamos reproducindo parte dese contido, o que non se pode facer sen o permiso do titular.
    ✔️ Os memes si se poden imitar e replicar. Así se recolle na lexislación, aínda que non o fai directamente en referencia aos memes, senón a un termo chamado “pastiche”. O pastiche defínese como “imitación ou plaxio que consiste en tomar determinados elementos característicos da obra dun artista e combinalos, de forma que den a impresión de ser unha creación independente”. Sobre esta menciónase que non é precisa a autorización do autor ou do titular dos dereitos para a súa transformación, tanto en físico como en diferentes medios dixitais.
    ✔️ Algúns bancos de imaxes. Para curarnos de espanto, se non estamos seguros de se unha imaxe se pode empregar ou non, podemos acceder a bancos de imaxes que, de maneira gratuíta ou de pago, depende de cal esteamos a falar, ofrecen un catálogo case infinito de fotografías, vídeos ou vectores. Entre aqueles que ofrecen numerosas opcións gratuítas, están Unsplash, Pexels ou Pixabay.
    ✔️A estética e a súa importancia en Instagram
    Agora que xa sabemos que imaxes podemos empregar, non está de máis recordar que a estética en redes sociais é importante. E máis aínda se se trata das que son máis visuais, como é o caso de Instagram.
    Como consellos xerais, as imaxes deben subirse na máxima calidade posible e nunca deberíamos compartir unha fotografía borrosa ou que sexa unha captura de pantalla. No que respecta ás dimensións, se se fala de Instagram, hai algúns formatos que funcionan mellor, como é o cadrado, de 1080 x 1080px. Aínda que nos últimos meses hai outro que se lle está impoñendo, o de 1080 x 1350px, que é máis vertical. E non nos podemos esquecer dos Reels e stories, que son de 1920 x 1080px, que se corresponde, en xeral, á
    totalidade da pantalla do noso teléfono móbil.
    Por outra banda, o noso feed de Instagram é moitas veces a primeira toma de contacto con potenciais clientes. Por iso é importante manter un feed estético e atractivo. É dicir, non só é importante coidar unha imaxe de forma individual, senón no seu conxunto.
    De aí que contar cunha estratexia e planificación de contido sexa tan importante. As posibilidades para os nosos feeds son case infinitas. Podemos publicar tendo como protagonista unha cor. Isto é, que en todas as fotografías haxa en común unha tonalidade ou un filtro. Tamén se pode ordenar en función do deseño, por exemplo, alternando entre fotografías e creatividades feitos por nós en formato xadrez, por filas, columnas ou incluso
    tentando que todo o feed sexa un todo a modo de collage. Hai centos de combinacións.
    Dentro de deseño, o noso feed tamén podería atopar a harmonía na composición ou incluso na temática.
    O uso das imaxes é máis complexo do que poidamos pensar e cada vez ofrécense máis posibilidades aos usuarios -por exemplo, a través das IA- por iso debemos aproveitarnos do seu potenciar pero sen esquecernos de tratalas con coidado.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA luns 25-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación danos consellos para xestionar do mellor xeito as nosas redes sociais.
    Hoxe: Falamos de como utilizar as imaxes nas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 27 min
  • Falo con Nuno de GRANDE AMORE, que este sábado presentan o seu segundo álbum, II, na Sala Malatesta de Compostela
    A Grande Amore gústalles o rock & roll, os sintetizadores, as caixas de ritmos e as guitarras. Este sábado presentan o seu segundo albúm "II", na Sala Malatesta de Santiago de Compostela. Con todo iso, fan música rápida e chea de graves, como a vida mesma. Tamén gritan, súan e bailan e, a maioría de veces, pásano en grande. (próximos concertos e escoita o disco )
    "O que máis tempo e esforzo lle adico é a facer as letras e a preparar os directos, é no que máis poño de min".
    "Cando a xente me di que as letras ou os directos lles gustan, síntome como o meu avó cando lle din que ten uns tomates ben bonitos".
    ""Eu son a noite" é a canción que máis me gusta das que fixen. Gústame como se fose unha canción dun dos grupos que me gusta".
    "A nosa música ten unha acollida tranversal que nos sorprende moito, recibimos unha gran cantidade de cariño da xente".
    Grande Amore reinventa o hastío vital con ‘II’, o seu novo disco
    Un disco cru. Directo. Con letras e música afiadas.
    ‘II’ presenta influencias que van desde o punk ata o black metal, pasando pola música industrial, todo adaptado ao formato electrónico de Grande Amore.
    II’ xa está aquí. Por fin. ‘II’ é o esperado segundo disco de Grande Amore, o proxecto de Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep. 10 temas que non deixarán a ninguén indiferente. O éxito dos catro adiantos coñecidos ata o de agora, ‘Pelexa’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’, ‘Onde ela me quer levar’ e ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’, xa confirmou o salto de Grande Amore como artista, pero agora podemos comprobar que aínda podía ir un paso máis aló. É capaz de facer que todo sáeche polo aire. ‘II’, editado por Ernie Records, é un disco que engule; imposible non deixarse arrastrar.
    A proposta electrónica de Grande Amore en ‘II’ abárcao todo. Rock industrial, punk, black metal… Inviable poñerlle unha soa etiqueta, todas quedan curtas. Tampouco pode se comparar a nada, Grande Amore é único. Divírtese. Xoga co rock, as caixas de ritmos, os sintetizadores, pon a bailar ás guitarras… E cántalle á vida; a isto que se converteu case en costumismo cotián, pero que non é outra cousa que hastío xeral. A rutina de estar cansa, de non poder máis. Toda esa rabia e ese malestar son a semente coa que rebusca en nós; represéntanos, gritamos con el e fainos tolear; non podemos parar de saltar.
    Nuno Pico contou con Carlangas para a produción deste traballo; eles querían facer un disco de rock, con bandas como Motorhead, Stooges ou Ramones como referentes, pero engadindo caixas de ritmos e sintetizadores; o resultado é indescritible; só cabe escoitar o disco, gritalo, bailalo, quedar a vivir nel.
    As voces de ‘II’ foron gravadas por Raúl Pérez na Mina; tamén el correu a cargo da mestura. O máster foi realizado por Cem Oral en Jammin’ Masters.
    ‘II’ comeza con ‘Foi todo verdá’ a modo de intro, e rapidamente dá paso a ‘Fumando espero’, un tema no que Grande Amore ensina as cartas; vai con todo, é unha máquina de hits e este disco é a proba definitiva.
    En ‘Anos 20’, Nuno déixase a vida. «Todo é pouco, todo é demasiado» canta, e é que así sucede exactamente neste tema, que sendo enorme, queda curto. Queremos máis, e chega ‘Pelexa’ para lembrarnos que «naide ten piso, naide ten traballo», que todo é unha merda, que xa está ben. Que queremos gritar. É esgotador ter que loitar por todo, é terrible ter que facelo todo o intre. Necesitamos aire.
    Grande Amore actúa como desfibrilador e o tema ‘Indo Pa Cristo’ é a seguinte descarga eléctrica; ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’ é xa un himno que marcou un antes e un despois nos directos. Un subidón que nos leva todo o máis alto e dános un pouco de paz; e é aquí cando a engrenaxe do disco fai a súa maxia porque ‘Onde Ela Me Quer Levar’ volve elevarnos. A adrenalina do amor plasmada no compás.
    ‘Necesito Estar Borracho’ abrázanos e acompáñanos nesa necesidade recorrente de abstraernos dunha realidade insoportable, e a auténtica psicodelia chega con ‘Do Meu Corpo Van Nacer Outros Corpos’. O broche de ouro pono ‘Eu Son A Noite’, o tema que pecha o disco. «Eu son a noite, eu son a festa» é a última frase, e serve perfectamente para resumir este traballo. ‘II’ é #incontido, pura forza.
    O lanzamento de ‘II’ é un agasallo, porque é un disco capaz de redimirnos, un milagre só ao alcance de Grande Amore.
    PRÓXIMOS CONCIERTOS:
    22.09 Sala Malatesta - SANTIAGO DE COMPOSTELA
    06.10 Arrecife en Vivo - LANZAROTE
    07.10 San Froilán - LUGO
    21.10 OurFest - OURENSE
    27.10 O Castañazo - CHANTADA
    22.12 Sala Espacio Vías - LEÓN
    23.12 La Salvaje - OVIEDO
    20.01 Inverfest (Sala El Sol) - MADRID
    ESCOITA O DISCO: https://ernierecords.lnk.to/grandeamore-ii
    Máis Información GRANDE AMORE:
    Premio Martín Códax 2022
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/grande.amore.grande.amore
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Grande_Amore_OG
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/grande.amore.grande.amore/
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/grandeamoretv
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/artist/1FVM2KsOjbVwhAYApEhSzQ?si=XpsS9OVrRriXkm8PKhqNMg&nd=1
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/c/grandeamoregrandeamore
    Máis Información ERNIE RECORDS:
    ✔️Páxina Web: https://ernierecords.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/ernierecords/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/ernierecords
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/ernierecords/
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/user/ernieproducciones%7Crecords?si=eo_FfTlVQ1G6a5NqHLVNCw&utm_source=whatsapp&nd=1
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/c/ernierecords
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    23 min
  • SALTA DA CAMA venres 22-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    Grande Amore presenta o seu novo disco na Sala Malatesta , falo con Nuno Pico.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 28 min
  • Hoxe falamos con Carmen Oca Aguiar, un exemplo de superación, empoderamento e emprendemento no rural
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Carmen Oca Aguiar, un exemplo de superación, empoderamento e emprendemento no rural.
    "Recoméndolle a todas as mulleres do rural que se saquen o carnet de conducir".
    "Os productos que facíamos na nosa nave de Berres chegáronse a vender en duascentas noventa tendas de todo o estado español".
    "Negáronme un crédito, para facer unha nave, porque me iba a divorciar".
    "O maltrato non é só que che peguen, é o desprecio, o menosprecio. O desprecio, velo. O menosprecio, síntelo".
    Carmen Oca Aguiar, nacida na parroquia de Berres, autodidacta, artesá do coiro. Emigrou a Francia 3 anos, onde traballou montando lentes, pulíndo pulseiras e no servizo doméstico. Tamén estivo a traballar en Catalunya, concretamente en Barcelona nunha cadea cosendo e como seleccionadora de pezas en pel e coiro que se enviaban a Milán, onde ela era desprazada para recoller as pezas con algún defecto.
    Volveu a Galicia e casou en 1968. Tivo unha filla e dous fillos, traballou para outros desde 1968 a 1996 sen estar asegurada. Facía de comercial sobre a mercadoría creada por ela mesma.
    O vaivén da vida fai que a relación marital faga augas, chegando nalgún momento a situacións extremas, que propician o fin da relación, aínda que durante un tempo seguen compartindo o mesmo teito.
    Inicia un camiño profesional, carga de débedas anteriores, pero en lugar de virse abaixo, reafírmase en seguir cara a adiante. Dificultades moitas, nada de facilidades, pero segue camiñando.
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    27 min
  • SALTA DA CAMA xoves 21-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos con Carmen Oca, un exemplo de superación, empoderamento e emprendemento no rural.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • Manuel Bugallo leva toda a vida coleccionando antiguidades, e agora vai abrir un museo na súa casa de Cabanelas, Liripio
    Falo con Manuel Bugallo, un xubilado estradense que leva dende o ano 1975 coleccionando e restaurando antiguidades. E agora vai a abrir un museo na súa casa coas mellores pezas da súa colección.
    Javier Lalín.
    "Sempre me gustou coleccionar cousas antigas, as antiguidades sempre me pareceron moi bonitas".
    "Levo recollendo pezas antigas dende o ano 1975, o reloxo máis novo ten cen anos. Tamén candiles, gramalleiras, xughos...".
    "O máis bonito é compartir, as portas estarán abertas para quen queira pasar, en especial para a xente nova".
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    8 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!