Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • SALTA DA CAMA martes 03-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Agasallo entradas para ver ao CD Estradense.
    Verónica Barros de Barros Psicología , Falamos de ter medo ao sexo.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • A arte das IA e a súa aplicación en redes sociais, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos, a arte das IA e a súa aplicación en redes sociais.
    No ano 2022 a Fundéu deixounos pampos coa súa elección da palabra -ou máis ben expresión complexa- do ano 2022. A intelixencia artificial ou IA, polas súas siglas, deunos moito do que falar e fíxonos aprender unha chea nos últimos tempos. Este concepto, que ás veces nos resulta algo ambiguo, xa é unha constante no noso día a día e asistentes como Siri e Alexa ou as recomendacións musicais de Spotify son un bo exemplo diso.
    "Aínda que poidamos facer un uso sinxelo de ChatGPT, esta ten moito potencial á hora de escribir os copies para as nosas publicacións.".
    "Na última edición, do IA Song Contest, podemos atopar a canción participante de Galicia no segundo posto".
    "DALL-E 2 defínese como un novo sistema de intelixencia artificial que pode crear imaxes realistas a partir dunha descrición de texto e mediante a posterior combinación de conceptos, atributos e estilos".
    Que é a intelixencia artificial?
    A intelixencia artificial defínese como unha "disciplina científica que se ocupa de crear programas informáticos que realizan operacións comparables ás que realiza a mente humana, como o aprendizaxe ou o razonamento lóxico". A IA xa está presente en sectores moi diversos. Na sanidade, a través de chatbots que nos preguntan polos nosos síntomas e realizan un diagnóstico; no
    transporte e loxística, para optimizar o tráfico; na agricultura, con análises predictivos que melloran o rendemento dos terreos; no ámbito comercial, mediante a súa previsión de vendas e recomendacións de produtos a usuarios; na educación, con ofertas personalizadas para optimizar a
    aprendizaxe; ou na banca, a través da predición de patróns do mercado para aconsellar a clientes e incluso detectar fraudes; e moitas outras posibilidades. Non obstante, tamén está a facer acto de presenza nun ámbito que, convencionalmente, críamos que estaba máis guiado polo corazón que
    pola razón: a arte.
    A IA que pinta: DALL-E 2
    OpenAI é a responsable de que Chat GPT estea na boca de todos. Este é unha especie de chatbot de intelixencia artificial que responde ás nosas preguntas ou peticións máis disparatadas, desde a creación dun traballo académico de mil palabras sobre o cambio climático ata a resolución dunha ecuación.
    Esta mesma compañía, fundada por Elon Musk e outros investidores, e que afirma ter como obxectivo a promoción e desenvolvemento da IA amigable de maneira que beneficie á sociedade, tamén conta cunha vea máis artística: DALL-E.
    DALL-E 2 defínese como un novo sistema de intelixencia artificial que pode crear imaxes realistas a partir dunha descrición de texto e mediante a posterior combinación de conceptos, atributos e estilos.
    Esta IA, tería aprendido a relación entre imaxes e o texto usado para describilas. Utiliza un proceso chamado "difusión", que comeza cun patrón aleatorio de puntos e que gradualmente vai alterando cara a unha imaxe cando recoñece aspectos específicos dela.
    Está claro que as imitacións sairían pronto e xa contamos con outras propostas como IMAXEN de Google ou DALL-E Mini. Ademais, as redes sociais ou ferramentas que empregamos para preparar o noso contido para redes, xa conta con integracións de IA: por exemplo, en Photoshop podemos completar -e facilitar- a nosa edición. A plataforma ten unha ferramenta que, mediante unha descrición nosa, é capaz de crear formas, imaxes e todo o que nos poidamos imaxinar. Isto tamén o podemos ver noutras ferramentas de creación de contido como pode ser Canva.
    Chat GPT: algúns consellos se nos falta inspiración
    E isto, por suposto, ten a súa aplicación en redes sociais. Non só a través da publicación, por exemplo, das imaxes de DALL-E ou das creatividades xeradas con Photoshop ou Canva, senón co Chat GPT.
    Aínda que poidamos facer un uso sinxelo da plataforma, esta ten moito potencial á hora de escribir os copies para as nosas publicacións.
    ✔️ Estilo. Podémoslle pedir que nos responda cun estilo determinado de escritura: formal, persuasivo, descriptivo, narrativo, inspiracional, informal, cercano, emotivo, amable, técnico, respetuoso ou irónico, por exemplo.
    ✔️ Algún truco. Podémoslle pedir que adquira un rol nas súas respostas, por exemplo, de locutor de radio. Indicarlle un tipo de formato na resposta, por exemplo, un guión. Tamén lle podemos solicitar accións como o resume dun texto en 100 palabras, que nos simplifique un contido ou mesmo que, en base a un parágrafo que nós lle proporcionemos, xenere unha proposta de titulares.
    ✔️Extensións de Chrome para redes sociais. Son moitas as súas posibilidades e as redes sociais son conscientes de iso. É así que podemos aproveitarnos de extensións como Tweet GPT, que crea unha biografía e imaxe automática en función aos tuits que publicamos; YouTube Summary, que permite resumir vídeos de YouTube e artigos da rede; ChatGPT Writer, destinado a escribir emails e mensaxes, solventar eses erros de gramática que poidamos ter, cambiar o ton de escritura ou resumir, entre outras opcións; Fireflies, é un
    asistente de voz dixital que se une como participante ás conversas en Zoom e que axuda a transcribir, tomar notas e realizar accións durante as reunións; ou Engage AI, destinada a mellorar o alcance en LinkedIn a través da automatización e mellora de comentarios.
    ✔️MusicLM: do papel ao pentagram
    Google presentou un modelo que xera música de alta fidelidade a partir de descricións de texto. Que MusicLM sexa capaz de facer isto débese a un exhaustivo adestramento de arredor de 280.000 horas de música, o que lle permite discernir diferentes conceptos. Aínda que na súa web xa podemos escoitar varios exemplos diso, o usuario de a pé aínda non o pode probar xa que, por agora, Google non se plantexa lanzar esta ferramenta ao público.
    ✔️Unha cita para os eurofans: AI Song Contest
    Se es dos que agarda a que chegue Eurovisión como auga de maio, quizais che soe a cita eurovisiva con IA que se celebra dende 2020 nos Países Baixos.
    AI Song Contest é unha competición internacional que explora o uso de intelixencia artificial no proceso de composición musical na que poden participar tanto músicos como investigadores ou desenvolvedores.
    Na última edición, celebrada en xuño de 2022, participaron 46 equipos creadores de todo o mundo. E, entre os 15 finalistas resultantes, podemos atopar a canción participante de Galicia no segundo posto. E, o próximo 4 de novembro será a Coruña a responsable de recibir as novas cancións
    creadas con IA.
    AI-Lalelo ( https://www.youtube.com/watch?v=sWm7SPmxJTU ) , nome que recibe a canción galega creada exclusivamente con intelixencia artificial, descríbese como unha homenaxe ás mulleres que erixiron o país e conseguiron manter a tradición, lingua e cultura propias. A canción baséase nas cantigas tradicionais, fusionadas cun toque futurista da man das ferramentas de IA. A peza, creada polo equipo PAMP, da empresa CECUB Group, foi xerada a partir de 454 cancións tradicionais con GPT-3, que emprega aprendizaxe profunda para crear textos que emulan a redacción humana, segundo explican en Portal TIC. Este ano repetirán a
    experiencia coa canción Florespiña ( https://www.youtube.com/watch?v=LW7T45VSciU ), na que podemos escoitar a voz de Ana Kiro.
    Outras ferramentas de IA empregadas na súa composición foron Google Magenta, para a creación de arte e música, e DDSP, para a combinación da estrutura de elementos como filtros e reverberacións para xerar sons, partindo de instrumentos de percusión tradicionais.
    E, aínda que estes xa son algúns exemplos fascinantes de como a intelixencia artificial pode realizar tarefas que eran encomendadas tradicionalmente á creatividade humana, seguro que nos seguirá sorprendendo co transcurso do tempo.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • SALTA DA CAMA luns 02-10-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación explícanos a arte das IA e a súa aplicación en redes sociais
    Hoxe: Falamos de como utilizar as imaxes nas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • BERTO produce, ARDÉN, o primeiro traballo discográfico de Mondra. Unha proposta musical, visual con moito tradi galego
    Entrevista a Alberto Mira "Berto", que produce, entre outras cousas o primeiro disco de Mondra. Cantante e bailarín, é un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega. ARDĒN é o seu primeiro disco.
    "Estivemos duas semanas nunca casa nun proceso de traballo inmersivo dende as oito da mañán, ata que dese o corpo".
    "Hai moitas formas de facer música tradicional e a nós gústanos a nosa".
    "O espectáculo de Mondra e unha pasada, seis bailaríns, percusión en directo, coros...".
    ARDĒN é unha experiencia musical, visual e performativa que dialoga coa música tradicional galega. Unha proposta electrónica, luminosa e reflexiva que celebra e reivindica, que coida e berra, e que abre a porta a unha terra diversa chea de liberdade, afectos e empoderamento
    Coñece máis de BERTO:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Bertomusicaplus
    ✔️Twitter: https://twitter.com/bertomusica
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/bertomusica/?hl=es
    ✔️ Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCCs_nLa_PjA75lwLls030DQ
    Coñece máis de MONDRA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/mondra.mondragz
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Mondra_gz
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/mondra.gz/?hl=es
    ✔️TikTok: https://www.facebook.com/mondra.mondragz
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/@mondra2023
    Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:
    ✔️Páxina Web: https://seispes.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes
    ✔️Twitter: https://twitter.com/seispes
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    19 min
  • Ariadna Silva presenta a publicación do FOTOZINE FRICCIÓNS, hoxe venres ás 19.30h en Galería Dispara da Estrada.
    Hoxe venres 29 de setembro ás 19.30h terá lugar en DISPARA (Virxinia Pereira, 4. A Estrada) a presentación da publicación Friccións da artista Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) que recolle un dos seus últimos proxectos na súa produción fotográfica. Esta publicación é un dos lanzamentos deste outono co formato específico de fotozine da editora galega Alauda Negra. A presentación contará coa presencia da artista xunto a Carme Silva Domínguez (Universidade de Santiago de Compostela) e o editor Xosé Lois Gutiérrez Faílde.
    "Cando foi a efeméride do Prestige pregunteime porque non tiña recordos dese feito".
    "É un formato Fotozine, ou máis ben unha plaqueta, que se pode visualizar de varias formas".
    "Hai como un sentimento xeralde que o Prestige está moi presente. É incrible que pasase isto".
    Esta publicación está artellada a partir de 6 imaxes que forman parte das series orixinais do proxecto. Este traballo fotográfico ten como eixo temático a efeméride do desastre do Prestige no pasado 2022; sobre a que Ariadna Silva fai un exercicio de investigación e reflexión das formas de memoria dun acontecemento que non tivo marca biográfica algunha no recordo da propia artista. O tránsito entre o xogo e a prospección compón o espazo narrativo destas fotografías que foron realizadas máis alá da súa vocación documental convencional. Estas imaxes fixan de xeito exhaustivo a monumentalidade ferida do territorio despois do desastre pero tamén rexistran os xestos que revelan a natureza inestable da propia memoria. Como explica a propia artista: “en Friccións sigo o rastro que permite desenterrar a desmemoria. Fotografar as ruínas do desastre responde ao meu interese por repensar o acontecemento e, do mesmo xeito, convida a preguntarme por que o recordo que manteño sobre o mesmo é tan pouco nítido.”
    Pola súa parte, Alauda Negra dá continuidade con esta edición a súa colección “Papeis” composta por brochuras e fotozines, dentro do seu catálogo de publicacións. Na orde de facer visibles proxectos fotográficos de autores e autoras do noso territorio e promover novos espazos de normalización para a fotografía galega contemporánea, esta nova publicación de Ariadna Silva Fernández confirma o interese que desprenden e a calidade que atesouran as novas prácticas artísticas producidas dende o noso contexto no medio fotográfico.
    Máis Información ARIADNA SILVA:
    ✔️Páxina Web: https://www.ariadnasilva.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/ariadna.silvafernandez
    ✔️Twitter: https://twitter.com/AriadnaSilvaF
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/ariadna.silva.fernandez/
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/ariadna-silva-fern%C3%A1ndez-78639013a/
    ✔️Vimeo: https://vimeo.com/ariadnasilvafernandez
    Máis Información ALAUDA NEGRA:
    ✔️ Páxina Web: https://alaudanegra.tumblr.com/
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/alaudanegra
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/alaudanegra_libros/?hl=es
    ✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user206472145
    Máis Información “DISPARA XESTIÓN CULTURAL”:
    ✔️ Páxina Web: http://dispara.org/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Dispara-Xesti%C3%B3n-Cultural-333363466733377/
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/DisparaCultura
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/dispara.cultura/
    ✔️ Teléfono: (+34) 986584909 / 661494978
    ✔️ Correo: [email protected]
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS:
    https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • SALTA DA CAMA venres 29-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    Ariadna Silva Fernández presenta “Friccións”, hoxe na Dispara Xestión Cultural da Estrada.
    Berto presenta con Mondra o álbum ARDËN na Sala Capitol
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • Fala Olga Rivas, directora xeral da Fundación Roberto Rivas, que impulsan o emprendemento social en entornos rurais
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Olga Rivas, directora xeral da Fundación Roberto Rivas, que impulsan o emprendemento social en entornos rurais para xerar oportunidades que propicien o arraigo da poboación aos territorios, garantindo o seu benestar e os seus dereitos.
    "A rede de polos de emprendemento son unha forma de achegar os recursos e a axuda a cada unha das zonas. E de coñecer, en cada zona e cada comarca, que puntos fortes hai, que axentes activos hai, que empresas potentes hai...".
    "The Break é un programa europeo de atracción de talento feminino. En primavera tivemos a quince mulleres, durante un mes, para coñecer o tecido empresarial e empresarial de Galicia e este venres chega outro grupo de quince mulleres".
    "A preparación para o emprendemento que ofrecemos dende a Fundación é moi aplicado, moi experimencial".
    A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia impulsa, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, a creación dunha rede de espazos destinados a xerar emprego de calidade no ámbito rural, utilizando fórmulas de economía social e microemprendimiento autónomo.
    Para lograr este reto, o Goberno galego quere investir 155,5 millóns de euros ata 2025.
    Actualmente hai 8 Polos activos, pero podes recibir os seus servizos de apoio en todo o territorio por canles en liña.
    Novas oportunidades de emprego
    A economía de proximidade, a bioeconomía, a nova economía circular, a economía dixital e o impacto do comercio electrónico son ámbitos nos que existen novas oportunidades de emprego. Tamén o turismo rural sostible, a produción ecolóxica, a transformación da biomasa e o aproveitamento forestal, a bioconstrucción, as enerxías limpas, os servizos de bio-rehabilitación ou o desenvolvemento do sector do lecer e da aventura.
    Do que se trata é da xeración de emprego de calidade estable no rural, partindo da mellora dos modelos de negocio para orientalos ao mercado e de estudar a implantación de actividades adecuadas a cada contorna, acompañando con programas de apoio económico que actúen como aceleradores no emprendemento.
    O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas.
    Trátase dunha área con predominio de actividades do sector primario, como a agricultura, a gandería, a xestión forestal ou a industria conserveira, ámbitos nos que se identificarán as necesidades e oportunidades para emprender que presenta o territorio, desenvolvéndose así mesmo novos sectores innovadores que poidan dinamizar a contorna e crear sinerxias co tecido empresarial existente.
    The Break: Women Entrepreneurship & Internationalisation in Spain é un Programa de Atracción de Emprendemento feminino europeo a España.
    Conta cun orzamento de 10 millóns de euros ata decembro de 2023 e ten como obxectivo atender a 833 emprendedoras co obxectivo de que coñezan de primeira man o ecosistema empresarial español e poidan establecer relacións comerciais con entidades españolas e investir no noso país, á vez que contribúen á resolución dos retos sectoriais en favor do desenvolvemento local español. O Programa tamén ten como obxectivo favorecer o retorno de talento feminino español.
    Así mesmo, o programa está aliñado coa Estratexia “España Nación Emprendedora”, a visión a longo prazo impulsada polo Goberno para converter a España nun país de referencia en emprendemento innovador no ano 2030.
    Máis Información da FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS:
    ✔️ Páxina Web: https://www.fundacionrobertorivas.org/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/fundacionrobertorivas
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/rr_fundacion
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/fundacionrobertorivas/
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    24 min
  • SALTA DA CAMA xoves 28-09-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos con Olga Rivas da Fundación Roberto Rivas.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • Clara Torres, Dietista Nutricionista. Tráe tortitas e consellos para coller os hábitos saudables de cara á volta ao cole
    Clara Torres, Dietista Nutricionista e Tecnóloga de alimentos. Non lle gusta o termo dieta tal e como se entende actualmente, por iso na consulta o enfoque é sobre todo na mellora de hábitos. Hoxe danos consellos para coller os hábitos saudables de cara á volta ao cole.
    "Se nos quitamos comidas, seguramente empeore o descanso e estemos de peor humor".
    "Que necesidade tes de comer cousas que non che gustan para perder uns quilos, que podes perder facilmente comendo cousas ricas?".
    "Non debemos facer máis exercicio do que noso corpo é capaz de soportar, hai que ir pouco a pouco".
    Cada persoa temos unha situación particular, os gustos, as necesidades, os horarios e outras moitas cousas, que hai que ter en conta, para ir realizando pequenos grandes cambios en varios aspectos da nosa vida. Coa finalidade de que, estos cambios, se traduzan nunha mellora da nosa saúde.
    Consellos para coller hábitos saudables:
    1️⃣ Non pasar fame, non comas menos do que necesites. Non te saltes comidas.
    Prato de Harvad ( https://www.hsph.harvard.edu/nutritionsource/healthy-eating-plate/translations/spanish/ )
    2️⃣ Non comer cousas que non nos gusten
    3️⃣ Facer algo de exercicio
    Información sobre CLARA TORRES:
    ✔️ Páxina Web: https://www.claratorresnutricionista.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Clara-Torres-Dietista-Nutricionista-523425044490653
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/claristorres_nutri/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 27-09-2023
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    6 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!