Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Analizamos os datos de violencia de xénero co Margarita de la Calle, responsable do CIM da Estrada e con Kim Llobet
    Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Abrimos unha fiestra semanal para visibilizar historias e proxectos que impulsan a equidade. Achegámonos a figuras inspiradoras, descubrimos persoas que romperon barreiras, reflexionamos sobre desigualdades e celebramos logros que aínda hoxe seguen sendo pouco coñecidos. Un espazo para aprender, emocionarse e comprometerse cun mundo máis xusto.
    Galicia acumulou ao longo de 2024 un total de 122 denuncias por violencia de xénero, unha cifra que supón 40 máis que no rexistro de 2023. No caso concreto do partido xudicial de A Estrada, o ano pecha con 42 vítimas atendidas polos órganos xudiciais, fronte ás 56 rexistradas en 2023. Das afectadas en 2024, 38 eran mulleres españolas e 4 estranxeiras, e dúas delas acolléronse ao seu dereito legal a non declarar.
    Oito condenados e un absolto no xulgado estradense
    Ao longo de 2024, os xulgados de A Estrada ditaron sentenza contra oito homes de nacionalidade española, dos que un resultou finalmente absolto.
    No mesmo período, o partido xudicial recibiu 55 asuntos penais, quedando 43 resoltos durante o ano.
    O balance inclúe ademais 13 sobresementos provisionais, adoptados ao non resultar xustificada a perpetración do delito.
    Ordes de protección: 11 concedidas e 6 denegadas
    Durante o ano incoáronse 17 ordes de protección solicitadas polas vítimas, das cales 11 foron adoptadas e 6 denegadas polo xulgado estradense.
    Distribución dos 42 delitos rexistrados en 2024
    O informe detalla a seguinte tipoloxía de delitos:
    24 casos de lesións e malos tratos (art. 153 do Código Penal).
    4 casos vinculados ao art. 173, referidos a tratos degradantes que menoscaban gravemente a integridade moral.
    13 casos de delitos contra a liberdade, incluíndo ameazas, coaccións, detencións ilegais ou agresións contra a autonomía persoal ou sexual.
    En canto aos vínculos entre vítima e agresor:
    4 denuncias foron contra maridos
    6 contra ex-maridos
    4 contra ex-parellas
    Incremento das consultas no CIM e maior acceso aos recursos
    Na Mesa contra a Violencia de Xénero celebrada en maio, púxose de manifesto un aumento significativo de consultas e denuncias, atribuído en boa medida ao maior coñecemento dos recursos dispoñibles.
    O Centro de Información á Muller (CIM) da Estrada tamén experimentou un incremento sostido: atendeu 98 mulleres en 2017, fronte ás 179 usuarias no ano actual, cifra que reflicte o crecemento da demanda asistencial.
    Desde a Subdelegación do Goberno confirmouse que 42 casos activos de violencia de xénero en A Estrada están actualmente baixo seguimento institucional.
    Primeiro balance de 2025: 36 denuncias entre abril e xuño nos xulgados de Lalín e A Estrada
    No segundo trimestre de 2025, os xulgados de Lalín e A Estrada tramitaron 36 denuncias por violencia de xénero. No caso concreto de A Estrada, rexistrouse unha leve baixada, pasando de 16 a 14 expedientes.
    Deles:
    4 denuncias foron presentadas directamente no xulgado
    10 proceden de atestados policiais
    As vítimas son 11 mulleres españolas e 3 estranxeiras, todas maiores de idade.
    Medidas de protección en 2025
    Solicitáronse 3 medidas de protección, das cales:
    2 foron denegadas
    1 derivou nunha prohibición de comunicación
    No mesmo período, un home foi xulgado e condenado por violencia de xénero.
    Tipoloxía dos delitos no segundo trimestre de 2025
    9 delitos de lesións e malos tratos
    4 delitos contra a liberdade
    4 delitos por quebrantamento de medidas xudiciais, que inclúen incumprimentos de ordes de afastamento ou outras resolucións firmes.
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • A horta: FITOSANITARIOS OU SULFATOS, por David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal.
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos.
    Hoxe: FITOSANITARIOS OU SULFATOS
    "As aplicacións fitosanitarias son prácticas para protexer os cultivos de pragas, enfermedades e malezas, e implican o uso de productos como insecticidas, funxicidas ou herbicidas".
    "Hai distintos nivéis en función da categoria do agricultor: básico, cualificado, fumigador".
    "Requiren unha xestión responsable, elexindo o producto correcto, a dose adecuada e o método de aplicación apropiado para minimizar riscos e garantir a saúde do cultivo e do medio ambiente".
    As aplicacións fitosanitarias son prácticas para protexer os cultivos de pragas, enfermedades e malezas, e implican o uso de productos como insecticidas, funxicidas ou herbicidas. Pódense realizar de forma manual ou con maquinaria especializada, incluindo drons, e requiren unha xestión responsable, elexindo o producto correcto, a dose adecuada e o método de aplicación apropiado para minimizar riscos e garantir a saúde do cultivo e do medio ambiente. 
    ‍ Obxetivos e tipos de produtos
    ✔️Protexer os cultivos: O obxetivo principal é asegurar a producción de alimentos de calidade e en cantidade. 
    ✔️Controlar pragas: Utilízanse insecticidas para controlar insectos e acaricidas para ácaros. 
    ✔️Combatir enfermidades: Empréganse funxicidas para fungos e bactericidas para bacterias.
    ✔️Manexar malezas: Úsanse herbicidas para controlar herbas perxudiciais. 
    ‍ Métodos y tecnología de aplicación
    ✔️Manuais: Uso de equipos de pulverización manual. 
    ✔️Mecánicos: Uso de maquinaria como pulverizadores arrastrados ou automotores. 
    ✔️Dróns: Permiten aplicacións dirixidas, distribúen o produto uniformemente e reducen a deriva. 
    ✔️Aéreas: Xeralmente prohibidas, só se permiten en casos de emerxencia autorizada pola autoridade competente.
    ‍ Prácticas responsables
    ✔️Selección do producto: Elexir o produto específico para o problema e cultivo.
    ✔️Dosificación correcta: Seguir as instruccións para usar a dose precisa, evitando excesos.
    ✔️Tecnología: Utilizar equipos modernos que reduzan a deriva e melloren a cobertura.
    ✔️Protección personal: Usar equipo de protección individual (guantes, máscaras). 
    ✔️Manexo de residuos: Xestionar adecuadamente os residuos dos produtos
    ‍ Qué produtos hai no mercado
    ✔️Profesionais: requiren de ter carné específico de manipulador/aplicador de produtos fitosaniarios. Hai distintos nivéis en función da categoria do agricultor: básico, cualificado, fumigador
    ✔️Domésticos: Denomínanse de Xardinería Exterior Doméstica (XED) e non precisan de ningún tipo de carné.
    ✔️Ecolóxicos: son productos repetuosos coa flora, a fauna, as persoas e o medio ambiente. Non requiren de ningún tipo de carné
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    18 min
  • Escoitamos o acordeón de Juan Ruibal e Regalamos entradas para o 18 Encontro Folk Lume na Lareira.
    Juan Ruibal presenta unha nova edición, a número 18, do Encontro Folk Lume na Lareira. Celebrarase o vindeiro 18 de novembro, ás 18.00 horas, no Teatro Principal.
    16 de novembro – 18:00h
    Teatro Principal da Estrada
    ️ Entradas: 5 € (Cafetería Eureka, Mesón da Estrada e Dpto. de Cultura)
    As entradas poderán adquirirse no departamento municipal de Cultura, na Cafetería Eureka e no Mesón da Estrada, a un prezo de 5 euros.
    O cartel deste ano inclúe ao grupo de baile As Campiñas, a Asociación Amoriños, Xirandola, Julio González, Black Mammy, Los Coloretes, os acordeonistas Alonso, José Vidal e Kristo e o broche a cargo do grupo anfitrión, Lume na Lareira.
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • 13-11-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    14 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 13-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    06:00
    #Horta David Castellanos danos consellos para ter unha horta productiva.
    23:25
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    28:00
    #concurso, do cocindo de TABERNA O QUINTEIRO. de RG AQUACLIMA.
    33:10
    #Igualdade, falo con Kim Llobet e Almudena Acosta sobre o cancro de mama
    48:00
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    51:30
    #Actualidade, Falo con Juan Ruibal do 18 encontro folk LUME NA LAREIRA.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 6 min
  • Espertador SALTA DA CAMA xoves 13-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 25 min
  • Cancelada a Barreiros E‑Motion FP – A Estrada Urban Race por mor do mal tempo, falo con Rafael Domínguez
    Na mañá de hoxe confirmouse que a carreira de vehículos eléctricos deseñados por alumnado de FP da Galicia, a Barreiros E-Motion FP – A Estrada Urban Race, prevista para o xoves 13 de novembro na contorna do Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro en A Estrada, queda cancelada debido ao empeoramento previsto das condicións meteorolóxicas.
    “Decideuse adiar a proba polas previsións de vento forte, choiva e posibles incidencias na seguridade”.
    “O evento vaise a realizar nunha data na vindeira primavera”.
    “O importante é contribuír á formación técnica, á mobilidade sustentable e á convivencia entre centros”
    A iniciativa, organizada polo Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros e promovida pola Xunta de Galicia, tiña como obxectivo reunir equipos de distintos centros de formación profesional para competir nun circuíto urbano con prototipos eléctricos realizados e pilotados polo propio alumnado.
    Do programa orixinal, lembramos que a proba tiña previsto o seu inicio ás 11:00 horas e consistía nunha carreira de resistencia dunha hora de duración, na que os equipos tratarían de completar o maior número de voltas nun circuíto con vehículos tipo monopraza eléctricos, deseñados, fabricados e conducidos por eles mesmos.
    Dado o carácter educativo e innovador da actividade, o seu aplazamento supón un revés para o alumnado participante, mais desde a organización aseguran que non se perde o espírito do proxecto.
    Permanecemos atentos ás novas relativas á nova data e emprazamos aos participantes, centros e público interesado a seguir os canais oficiais para coñecer a confirmación do novo calendario.
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • 5 consellos do CEO de Instagram para aumentar o teu alcance, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: 5 consellos do CEO de Instagram para aumentar o teu alcance en Instagram
    "O CEO de Instagram, Adam Mosseri, compartiu unha serie de recomendacións para mellorar o rendemento dos contidos na plataforma".
    "“Competitive Insights” é unha ferramenta que permite a contas profesionais —xa sexan de empresa ou de creador— comparar a súa actividade coa doutras contas similares".
    "Con esta funcionalidade, os usuarios poden seleccionar ata 10 contas públicas para compararse en métricas como o crecemento de seguidores e a frecuencia de publicación en distintos formatos".
    5 consellos do CEO de Instagram para aumentar o teu alcance en Instagram
    O CEO de Instagram, Adam Mosseri, compartiu unha serie de recomendacións para mellorar o rendemento dos contidos na plataforma e captar a atención dos usuarios desde os primeiros segundos. Resumímosche os 5 consellos clave que poden axudarche a potenciar o alcance das túas publicacións e Reels.
    1. Capta a atención nos primeiros 3 segundos
    Mosseri salienta que os primeiros segundos dun vídeo son decisivos. É o momento en que o usuario decide se segue mirando ou pasa ao seguinte contido. A clave está en ofrecer un motivo claro para quedar, xa sexa cunha pregunta, unha sorpresa visual ou unha introdución atractiva.
    2. Activa os subtítulos
    Segundo o CEO de Instagram, aproximadamente a metade dos usuarios ven os Reels sen son, especialmente cando navegan desde o canal de contidos. Por iso, incluír subtítulos garante que a mensaxe se entenda mesmo co audio desactivado. É unha forma sinxela de mellorar a accesibilidade e aumentar o tempo de visualización.
    3. Engade traducións automáticas
    Instagram agora permite traducir automaticamente os Reels mediante intelixencia artificial a idiomas como inglés, español, portugués e hindi. Segundo Mosseri, esta función amplía significativamente o alcance, xa que máis da metade dos usuarios da app non falan o mesmo idioma que ti.
    4. Usa música cando sexa posible
    A música segue sendo un recurso poderoso para xerar conexión. Mosseri recomenda utilizala especialmente en carruseis ou Reels, sempre que encaixe coa estratexia de contido. Un bo tema pode mellorar a retención e reforzar o ton emocional da mensaxe.
    5. Experimenta con “trials” antes de publicar no canal de contidos
    Finalmente, Mosseri suxire aproveitar a función de “trials” (ou publicacións de proba) para experimentar con ideas antes de compartilas con todos os teus seguidores. Este formato permite probar contido con novas audiencias e decidir despois se vale a pena levalo ao canal de contidos principal. Como publicar un “trial reel”: a nova función de Instagram que che permite publicar reels de proba para ver como funcionan. Seguro que xa vos saltou no momento en que queredes publicar un reel.
    Instagram estrea Competitive Insights, unha nova función para compararche contra 10 competidores
    Instagram engadiu unha nova (e polémica?) funcionalidade ao seu Panel de control profesional: trátase de “Competitive Insights” (ou “Análise da competencia”, en español), unha ferramenta que permite a contas profesionais —xa sexan de empresa ou de creador— comparar a súa actividade coa doutras contas similares. A opción está en fase de implementación e aparece dentro do panel de control, aínda que aínda non se estendeu a todos os usuarios (na nosa conta de Actual aínda non a temos).
    Con esta funcionalidade, os usuarios poden seleccionar ata 10 contas públicas para compararse en métricas como o crecemento de seguidores e a frecuencia de publicación en distintos formatos: Reels, publicacións do canal de contidos e anuncios. Os datos preséntanse en formato de táboa, con cifras comparativas mostradas lado a lado.
    A comparación é sinxela; non se mostran gráficos nin datos acumulados, e as métricas dispoñibles son limitadas. Pódese ver cantas veces publica cada conta, como evoluciona a súa base de seguidores e certa información sobre publicacións individuais, mesmo se unha conta oculta os “me gusta”. Con todo, non se inclúen indicadores como clics, ratios de engagement, conversións ou segmentación por tipo de contido.
    O deseño está orientado a ofrecer unha visión rápida e visual. Non hai posibilidade de agrupar contas nin realizar análises por tendencias. Cada comparación é individual, sen funcionalidades para observar patróns amplos ou analizar a evolución de sectores completos.
    Aínda que as cifras que se mostran son públicas, a función xerou debate ao redor da exposición de datos e a privacidade, especialmente por mostrar interaccións de publicacións individuais sen consentimento explícito. Instagram non especificou que datos exactos procesa nin como os agrega. De feito, aínda non existe un comunicado oficial sobre esta nova opción. Pero ahí estará e podemos usala para analizar a nosa competencia máis detalladamente.
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    11 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 12-11-2025
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    6 min
  • Susa foi a afortunada gañadora do sorteo dun cocido na TABERNA O QUINTEIRO
    No sorteo celebrado en directo, coñecemos á persoa afortunada que levou o premio do concurso da Taberna o Quinteiro.
    Entre todas as participacións recibidas, a sorte quixo que o agasallo fose para SUSA .
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    4 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!