David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos.
Hoxe: Os traballos de novembro
"En novembro, as tarefas principais na horta son a sementeira de cultivos de inverno (allo, cebola, fabas, acelga, leituga) e a protección das plantas existentes contra o frío e as xeadas".
"Semilleros: Acelgas, leitugas, espinacas, rúcula, escarolas, porros, apios, cebolas e coles de Bruselas, a menudo protexidas con invernadoiros ou túneles.".
"Limpa a horta: Retira follas secas e restos de cultivos anteriores para facer compost ou ben trituralos para deixalas como mulchin".
TAREFAS DA HORTA EN NOVEMBRO
En novembro, as tarefas principais na horta son a sementeira de cultivos de inverno (allo, cebola, fabas, acelga, leituga) e a protección das plantas existentes contra o frío e as xeadas. Tambén realízase a recollida de cultivos de outono, a limpeza da horta e a preparación do solo para a próxima tempada.
Sementeira
✅Sementeira directa: Allos, cebolas, fabas, guisantes, cenorias, rábanos e remolachas.
✅Semilleros: Acelgas, leitugas, espinacas, rúcula, escarolas, porros, apios, cebolas e coles de Bruselas, a menudo protexidas con invernadoiros ou túneles.
✅Aromáticas e flores: Perexil, cilantro, tomillo, hinojo, caléndula ou pensamientos.
Mantemento e protección
✅Protexe do frío: Utiliza mantas térmicas, túneles ou invernadoiros para protexer as sementeiras máis sensibles.
✅Acolcha: Aplica unha capa de palla ou follas secas sobre as hortalizas de raíz para protexela.
✅Ventila: Se tes invernadoiro, ábreo durante o día para ventilar se o clima o permite
✅Controla o rego: Modera o rego, especialmente se chove, para evitar a pudrición das plantas.
Colleita
✅Cultivos de outono: Recolle brócoli, coliflor, calabacíns, leitugas de inverno, espinacas e rábanos.
✅Colleita de raíz: Saca as cenorias, remolachas, nabos e porros cando estéan listos.
✅Froiteiras: Sobre todo froitos secos: castañas, noces ou avelás
Limpeza e preparación do solo
✅Limpa a horta: Retira follas secas e restos de cultivos anteriores para facer compost ou ben trituralos para deixalas como mulchin.
✅ Aplica abono: Esparce esterco ou abono orgánico sobre o solo sen enterrar, para que se descompoña.
✅ Poda: Podes aproveitar para podar algunhas froiteiras.
✅ Arranca os restos: Queima os restos de tomateiras e outros cultivos enfermos en lugar de compostalos para evitar enfermidades.
Máis Información DAVID CASTELLANOS:
✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e outras entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas