Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • SALTA DA CAMA mércores 29-03-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    Hoxe falamos de Stand-up comedy con Cata Ukelele Guaiaba e Denny Comico , que o xoves na sala Riquela club , estrean espectáculo. “VICTORIA FEDERICA”.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 26 min
  • VICTORIA FEDERICA,risas aseguradas na estrea do espectáculo de Cata Ukelele e Denny Horror na Sala Riquela de Compostela
    Hoxe falo con Cata Ukelele e Denny Horror da próxima estrea do espectáculo de humor “Victoria Federica Stand-up Show” en Santiago de Compostela.
    Victoria Federica Stand-up Show é, como o seu nome indica, un show de stand-up, aínda que tamén hai espazo para sketches e cancións. Humor de tódalas cores, desde o negro de luto ata o rosa mais aristocrático adicado á figura da súa diva, Victoria Federica.
    Denny Horror "A verdade é que hai moi bo nivel de Stand-up en Galicia, estanse facendo cousas moi interesantes".
    Denny Horror "Victoria Federica é un show de Stand-up no que tamén haberá esqueches e algo de música".
    Cata Ukelele "Ademáis de xirar cos meus espectáculos apúntome a todos os proxectos interesantes que aparecen".
    A estrea será o XOVES 30 de MARZO, ás 21:30 en Riquela Club (Santiago de Compostela).
    As entradas, a8€, pódense comprar no local o día da función. Para reservar entradas, escribir ás contas de Instagram de Cata Ukelele ou Denny Horror (ligazóns ).
    Cata Ukelele é unha cómica de stand up forxada en Santiago de Compostela. A eterna rookie, con 9 anos de actuacións entre Galicia e Madrid. Humor ácido, fresco e dinámico; o Jackass cultural definitivo.
    Denny Horror é cómico de stand-up e guionista de humor. Grabou mais de 10 monólogos en Comedy Central (antiga Paramount Comedy), así como en outros programas (Late Motiv, La Resistencia, Sopa de Gansos, ¿Y si sí?). Ten un LP de stand-up publicado “Un paseo por el lado oscuro”.
    Máis Información DENNY HORROR:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/dennyhorror
    ✔️Twitter: https://twitter.com/denny_horror
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/denny_horror/?hl=es
    ✔️Ivoox: https://www.ivoox.com/escuchar-audios-denny-horror_al_19479667_1.html
    ✔️Correo electrónico: [email protected]
    Máis Información CATA UKELELE:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100006331923961
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Ukepartyjump
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/cataukelele/?hl=es
    ✔️Correo electrónico: [email protected]
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • EFECTOS PSICOLÓXICOS DO CAMBIO DE HORA, Verónica de Barros Psicología
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe efectos psiclóxicos do cambio de hora.
    "En realidade, este cambio de horario, que nos adapta ao verán, aparentemente é o máis positivo, porque nos expón a máis horas de luz".
    "Hai que buscar momentos do día nos que realizar algunha actividade ao aire libre, para expoñerse á luz solar".
    "Promover reunións con persoas ás que queremos e realizar actividades deportivas de intensidade moderada".
    ⏱Dende 1974 lévase adaptando o horario de inverno e o de verán en España con cambios de hora retrasando e adiantando unha hora en cada caso. Teoricamente realízase este cambio horario por cuestións de aforro enerxético, pero estes cambios inflúen na saúde emocional das persoas dende o punto no que facemos un cambio excesivamente rápido de maior ou menor exposición á luz solar e sometémonos de golpe a cambios de ritmos e hábitos que ademais son forzados e non escollidos.
    Isto leva a que nalgunhas enquisas realizadas con respecto a este tema, por exemplo, unha realizada pola Comisión Europea en 2018, o 84% das persoas participantes estaban a favor de que se eliminen estes cambios de hora. Sen embargo, o BOE publicou en marzo de 2022 as datas dos cambios de hora que se producirán ata 2026.
    Coherente esta falta de apoio co proceso de adaptación que esixe este cambio de hora no ser humano, que cada persoa vive dunha maneira determinada e que pode xerar tristeza ou melancolía, sobre todo nos casos de persoas cunha maior dificultade de adaptación, como por exemplo son as persoas que xa están a pasar por un trastorno psicolóxico ou por problemas vitais.
    O organismo tarda, en ocasión, en sincronizar os seus biorritmos a estes cambios, o que pode propiciar maior irritabilidade, somnolencia, falta de apetito, insomnio ou baixada do rendemento intelectual e incluso sexual.
    ‍♀En realidade, este cambio de horario, que nos adapta ao verán, aparentemente é o máis positivo, porque nos expón a máis horas de luz, o que favorece aparentemente o noso estado de ánimo, pero si que é certo que iso implica máis actividade, un maior aproveitamento das horas, … e, polo tanto, así como o horario de inverno nos leva a máis depresión ou tristeza, pola menor produción e polo cambio na regulación da serotonina e da dopamina; este cambio nos pode levar a ansiedade e a un estrés, sobre todo, nestes primeiros días.
    ‍⚕Fatiga, esgotamento, estrés, … e incluso pode aparecer insomnio, xa que o noso horario de durmir sería ás 11 e resulta que o noso corpo pensa que son as 10, pero tamén sono pola mañá porque acostumamos a levantarnos ás 8 e estamos levantándonos “para o que está acostumado o noso corpo” ás 7.
    ‍⚕Hai estudios sobre as consecuencias do cambio de hora. Un deles, realizado en 1999 polas Universidades John Hopkins e Standford detectou que o luns posterior ao cambio de hora aumentaba a posibilidade de ter un accidente nun 5%. Noutro estudio, da Universidade de Colorado, os datos mostraban que aumentaba esta posibilidade de sinistro nun 17%.
    ‍⚕Outros estudios reflexan o aumento do número de infartos. A Universidade de Alabama refire que o número de infartos aumenta os tres días posteriores ao cambio de hora. Aparentemente debido a que a perda dunha hora de sono provoca un aumento de cortisol (hormona do estrés) que repercute no sistema inmune, e que no caso de persoas con risco, podería ser o detonante dun infarto.
    Recomendacións para adaptarse ao cambio de horario o mellor posible:
    ✔️ Cambiar o horario de sono uns días antes, para adaptarnos durante o fin de semana ao novo horario e así, se temos que levar adiante unha semana de traballo ou responsabilidades, xa ter andado un bo camino antes e estar mellor.
    ✔️ Buscar momentos do día nos que realizar algunha actividade ao aire libre, para expoñerse á luz solar.
    ✔️ Coidar un pouco máis a nosa alimentación, sen excesos. Incluso é recomendable adiantar a hora da cea, e tomar alimentos lixeiros para evitar dixestións pesadas que poidan afectar á calidade do sono.
    ✔️ Promover reunións con persoas ás que queremos (as nosas persoas vitaminas).
    ✔️ Realizar actividades deportivas de intensidade moderada.
    ✔️ Diminuír o uso de dispositivos móbiles, tablet e ordenadores antes de ir a durmir, xa que a luz azul afecta á conciliación do sono.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • SALTA DA CAMA martes 28-03-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología , explícanos as consecuencias psicolóxicas do cambio de hora.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 28 min
  • LinkedIn usará a IA para crear artigos colaborativos e integrará GPT-4, por Lorena Penas de Actualizados Comuniciación
    Lorena Penas, é socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos de que LinkedIn usará a IA para crear artigos colaborativos e integrará GPT-4 para mellorar os perfís de usuario.
    "Linkedin proponse crear artigos colaborativos entre unha IA, o equipo editorial de LinkedIn e os profesionais da comunidade".
    "A plataforma tamén integrará o modelo GPT-4 de Open AI para que os usuarios poidan mellorar os seus perfís".
    "A finalidade deste novo proxecto é axudar a toda a rede a descubrir novas persoas ás que seguir, mantelos informados sobre temas craves, expandir coñecemento profesional e xerar conversacións de índole profesional que poidan abrir novas oportunidades".
    Desde o lanzamento do Chat GPT, o mundo das IA e as súas diversas
    aplicacións non parou de crecer. Desde Microsoft integrando esta ferramenta
    aos chats de Bing e Edge, ata a presentación de Bard e o anuncio de melloras en Cloud e Workspace por parte de Google a partir da IA xenerativa, pasando por innumerables usos da IA en distintos sectores.
    Nesta ocasión, foi a rede social profesional LinkedIn quen decidiu dar un paso adiante e implementar este avance tecnolóxico nun novo proxecto: artigos colaborativos entre unha IA, o equipo editorial de LinkedIn e os profesionais da comunidade, baseados en 10.000 millóns de anos de coñecemento.
    Doutra banda, a plataforma tamén integrará o modelo GPT-4 de Open AI para que os usuarios poidan mellorar os seus perfís.
    ✔️ Artigos colaborativos: un traballo conxunto entre IA, editores e profesionais.
    «Que pasaría se puidésemos permitir que cada membro aproveite o universo
    de experiencia en LinkedIn? Os membros posúen unha alucinante experiencia profesional de 10 mil millóns de anos. Miles de millóns de probas e experimentos, de erros e éxitos, en case todos os países e todas as industrias», pregúntase Daniel Roth, xefe de redacción da rede social no artigo que anuncia esta nova funcionalidade.
    Para resolver este problema, o equipo de LinkedIn ideou o proxecto de artigos colaborativos: temas de coñecemento publicados pola rede social con información e perspectivas agregadas pola mesma comunidade. Estes artigos comezan como iniciadores de conversación impulsados por IA e son desenvolvidos xunto ao equipo editorial da plataforma. Logo, utilizando o gráfico de habilidades de LinkedIn, relaciónase a cada artigo con membros expertos relevantes que poidan contribuír coas súas leccións, anécdotas e consellos baseados na súa experiencia profesional.
    ✔️Os colaboradores reciben unha recompensa e a insignia Community Top
    Voice.
    A rede social é consciente de que, a pesar de que o contido pasará por varias fases antes de publicarse, aínda é necesaria a retroalimentación e a revisión por parte da audiencia. Por iso, os artigos poderán recibir reaccións que indiquen se se trata ou non dunha información perspicaz. Pola súa banda, os colaboradores que engadan inormación aos textos recibirán unha recompensa por brindar o seu tempo e experiencia a outros usuarios; dentro da plataforma outorgaráselles unha nova insignia Community Top Voice nas súas áreas de habilidades, a cal se mostrará no seu perfil xunto ás contribucións que fixeron a cada artigo.
    A finalidade deste novo proxecto é axudar a toda a rede a descubrir novas persoas ás que seguir, mantelos informados sobre temas craves, expandir coñecemento profesional e xerar conversacións de índole profesional que poidan abrir novas oportunidades.
    Esta non é a primeira vez que LinkedIn utiliza IA na súa plataforma, de feito,
    leva usándoa desde hai varios anos. A empresa inviste de forma constante en tecnoloxías de aprendizaxe e análise de datos para ofrecer servizos máis personalizados e eficientes. En 2016 adquiriu unha empresa de análise de datos chamada Refresh, que utiliza a aprendizaxe automática para proporcionar información sobre persoas coas que os usuarios están programados para reunirse. Dous anos despois, a rede social anunciou
    que estaba a investir nun novo centro de datos en Oregón para expandir a súa capacidade de IA e outros proxectos de tecnoloxía.
    ✔️Chat GPT para mellorar perfís e optimizar porcesos de contratación.
    Logo do lanzamento dos textos colaborativos, o xefe de produto de LinkedIn, Tomer Cohen anunciou que a rede social estenderá o uso de IA cara a outras áreas da rede social, como a redacción dos perfís e os procesos de contratación das empresas. Se queres mellorar o teu perfil, simplemente deberás clickar o botón amarelo co texto «Mellorar perfil», que estará situado na parte superior.
    Logo, o sistema aconsellará contido para headline e despois a biografía para que os usuarios poidan consultar o texto e configuralo de acordo ao seu perfil. Ao princio, esta función estará dispoñible soamente para usuarios premium,aínda que é probable que logo se estenda ao resto dos usuarios.
    Ademais, desde a plataforma ofreceranse 100 cursos gratuítos de IA para todos os membros de LinkedIn ata o 15 de xuño de 2023. E poderans realizar outras formacións exclusivas de IA xenerativa impartidas por expertos da industria, incluído o mesmo Cohen.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA luns 27-03-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación danos consellos para xestionar do mellor xeito as nosas redes sociais.
    Hoxe: Falamos de Marketing
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 28 min
  • Elba Pedrosa preséntanos AGORA QUE CALA A NOITE, un libro imprescindible para bater de fronte coa realidade.
    Elba Pedrosa preséntanos o seu segundo libro de narrativa, "Agora que cala a noite".
    Elba Pedrosa, licenciada en Ciencias da Información, é unha persoa de carácter inquedo e dinámico que tanto escribe libros como imparte cursos de formación a profesionais de distintos ámbitos, exerce de actriz e presentadora ou colabora con medios de comunicación.
    "Estaba escribindo outro libro e este saiu polo medio, tiven que deixalo porque a voz destas personaxes era moi forte e non fun quen de paralo".
    "É un libro que ten un ton moito máis directo de contar as cousas, porque, ás veces, se non batemos contra a realidade non somos capaces de cambiar".
    "O enfoque do libro ten a vontade de dar voz a todas as partes. É fundamental coñecer sempre as dúas partes para tratar de solucionar calquer conflicto".
    En "Agora que cala a noite" escoitamos voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual.
    ✔️ Mercar o libro "AGORA QUE CALA A NOITE": https://airaeditorial.gal/tenda/libros/agora-que-cala-a-noite/
    ✔️ Mercar o libro "O QUE NON SABIAS":
    https://www.xerais.gal/libro.php?id=6167708
    ✔️ Mercar o libro "DESPERTANDO LA CREATIVIDAD": https://www.profiteditorial.com/libro/despertando-la-creatividad/
    Outas entrevistas ELBA PEDROSA:
    ✔️Libro "O QUE NON SABÍAS": http://www.radioestrada.com/images/Audios/25-09-2020-Entrevista-ELBA-PEDROSA-editada.mp3
    Programa completo: https://www.ivoox.com/salta-da-cama-venres-25-09-2020-audios-mp3_rf_57036793_1.html
    ✔️CREATIVIDADE: https://www.ivoox.com/elba-pedrosa-como-desenvolver-a-nosa-creatividade-no-audios-mp3_rf_68939461_1.html
    Máis Información ELBA PEDROSA:
    ✔️Páxina Web: https://www.elbapedrosa.com/sobre-mi/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/ElbaPedrosaOficial
    ✔️Twitter: @elbapedrosa
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/elbapedrosa/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • SALTA DA CAMA venres 24-03-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    Entrevista a Elba Pedrosa que nos presenta “Agora que cala a noite”. Un libro que non deixará impasible a ninguén.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 26 min
  • Mercedes Mariño, vicepatrona e presidenta da agrupación a pé da Cofardía de Cabo de Cruz. Denuncia machismo na cofradía.
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Mercedes Mariño Alonso, vicepatrona e presidenta da agrupación a pé da Cofardía de Cabo de Cruz. Mercedes escribeu unha carta aberta denunciando o machismo na cofradía.
    "Temos un problema coa estructura da cofradía, porque nela prevalece a función económica do home sobre a da muller".
    "A resposta dun membro da Xunta Xeral (da cofradía) foi que é un despropósito que unha muller pida as chaves para utilizar un coche".
    "Os homes do colectivo do marisqueo a pé sofren as consecuencias que viñan dadas".
    CARTA DUNHA MARISCADORA A PE DE CABO DE CRUZ
    8 DE MARZO, DÍA DA MULLER?
    No 1945, a Carta das Nacións Unidas convertiuse no primeiro acordo internacional que establece o principio de igualdade entre mulleres e homes
    O Día Internacional da Muller, que comezou a conmemorarse pola ONU no 1975 e dos anos máis tarde foi proclamado pola súa Asemblea, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ó voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos.
    Feminismo segundo a RAE: doutrina social favorable á muller, a quen concede capacidade e dereitos reservados antes ós homes. Movemento que esixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes.
    Machismo segundo a RAE: actitude de prepotencia dos varóns respecto das mulleres. Forma de discriminación sexista caracterizada pola prevalencia do varón.
    Partido destas premisas, que a dia de hoxe se sega vilipendiando, insultando, menospreciando e discriminando a un colectivo tradicional e maioritariamente composto por mulleres un sector tan importante no concello de Boiro. como é o do marisqueo a pé resulta insultante, cando menos. Na confraría de Cabo de Cruz o sector do marisqueo a flote pisotea diariamente ó da pé mediante o sistema que ten establecido a confraría á hora da pesaxe. Aquí atopámonos co anacronismo de que os homes teñen o dereito de pesar antes cás mulleres na lona, sen ningún tipo de xustificación. Atopamos un sector (segundo o ceso das últimas eleccións), o do marisqueo a flote, formado por 91 membros ( dos cales só 15 son mulleres) fronte a un, o do marisqueo a pé, formado por 194 membros (dos cales 67 son homes) que se beneficia do labor un empregado da confraría, ó que sostemos todas/ os coa porcentaxe que deixamos na confraria dos nosos ingresos sendo o sector da pé o que proporciona arredor do 80% de ditos ingresos). que ten orde de pesarlle primeiro, e sen gardaren vez de ningún tipo, os membros do sector da flote; mentres o colectivo da pé ve como pasan por enriba del e mesmo tivo que mirar de pór a unha das súas membros na lonxa a pesar para poder adiantar traballo e asi poder traballar mais dias ó mes, xa que dependen dos horarios das mareas e hai que facer números para poder ter pesado antes da hora da subasta.
    Este sistema establecese por acordo da Xunta Xeral, que é o órgano superior de goberno da confraría. En dita Xunta hai maioría do sector da flote. Cosa curiosa que o sistema electoral lle dea o mesmo número de representantes a un sector có outro, tendo en conta que un case duplica ó outro en número. Este problema deriva das leis que se van perpetuando no tempo e que non se van adaptando ás novas realidades sociais.
    Non podía deixar pasar tan sinalada data sen denunciar esta discriminación e a pasividade do goberno local fronte a ela. Parece incrible que a día de hoxe este tipo de actitudes se segan permitido e se sega mirando cara a otro lado coa excusa de que é un problema de organización interna. Un problema de organización interna tamén o foi no seu día o esclavismo, o traballo dos menores, a non inexistencia de atención sanitaria laboral, o abuso dos directores e ou donos das empresas sobre os traballadores, o ter que pedirlle permiso ó marido para escolarizar ós propios fillos, recibir golpes e ter que agochar a cabeza,. e todo iso foi quedando atrás co decorrer dos anos. Mais a manifestación do más rancio machismo leva perpetuándose na nosa confraría dende ha arredor duns 25 anos e non ten visos de que cambie e, mentres, o concello e demais instancias seguen mirando para outro lado.
    É dunha tristura tremenda vivir no século XXI e ter que estar sufrido este tipo de cosas día tras día, tras dia.
    tras dia...
    Mágoa me dan as vindeiras xeracións.
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    25 min
  • SALTA DA CAMA xoves 23-03-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada.
    Hoxe: Merches Mariño Alonso, vicepatrona y presidenta de la agrupación a pie de la Cofardía de Cabo de Cruz.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 23 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!