Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Paulo Vicente, presidente da Asociación RAPA DAS BESTAS presenta o cartel deste ano: "Reflexa o espíruto da Rapa".
    A asociación RAPA DAS BESTAS presentou o cartel deste ano en FITUR. Falo con Paulo Vicente, presidente da asociación que nos explica porque escolleron a mesma foto do ano pasado, feita por Jacques Hamel. Paulo tamén nos fala das xestión que se fixeron en Madrid para promocionar a Festa de Interese Turístico Internacional e porque se cambiaron as datas neste ano 2021.
    "Cremos que debíamos seguir co mesmo cartel do ano pasado para dar unha sensación de continuidade".
    "Esta actividade é esencial para que perduren as bestas no monte, temos que estar aí".
    "Sen a rapa non seríamos o pobo que somos".
    "Retrasamos a Rapa para dar tempo a que haxa o maior número de xente vacinada".
    "O público que ven a Sabucedo é un público amable, que ven a disfrutar das bestas e é amante da natureza".
    Máis Información RAPA DAS BESTAS:
    ✔️Páxina Web: http://rapadasbestas.gal/?lang=es
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/RapaDasBestas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Rapa_Sabucedo
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/rapadasbestas/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCCip3EQDQXWopGOl2NaB_Pg
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    8 min
  • Uxía Seoane recita un poema, que ela mesma escribeu, sobre a Covid-19
    Onte fixéronnos chegar, a través do WhatsApp de Radio Estrada +34644165966 , un video de Uxía Seoane Duro onde recita un poema sobre a Covid-19, que ela mesma escribeu.
    Hoxe, para darlle unha sopresa, púxemolo no "Salta Da Cama", para que ela mesma e toda a xente que a acompaña cada día no bus do Expres de Vea, dende Sta Mariña de Barcala ao IES Nº1 da Estrada, puideran escoitar estas fermosas palabras escritas dende o corazón.
    Aquí vos deixo tamén o video para que o poidades disfrutar.
    VER VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=ArVdu1-7hJE
    Máis Información EXPRES DE VEA:
    ✔️Páxina Web: https://expresdevea.com/gl/
    Máis Información IES Nº1:
    ✔️Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/
    ✔️Páxina Web: https://elorienta.com/numerounoestrada/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/iesn1
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    4 min
  • SALTA DA CAMA mércores 26-05-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Uxía Seoane lee un poema escrito por ela mesma, sobre a Covid-19.
    Paulo Vicente, presidente da asociación Rapa Das Bestas explícanos vales van a ser as novas datas da festa.
    Antonio Calvo Estilistas dirixe o Show Salon In THINK OF LIGHT 2021. no que están anotados máis de 12.000 profesionais e que se retransmitirá dende Kaito Estudios de Culleredo para 16 países coa producción de Seispés Producións Creativas. O espectáculo contará ademais con Juan Ayoso, actual “Perruqueiro Andaluz do Ano”, e
    Almudena Martín e Pedro Muñoz, referentes do sector dentro e fóra de España, como artistas convidados. Todo, aderezado con grandes sorpresas e música en directo, composta ex profeso para a ocasión e interpretada pola gañadora do concurso “La Voz”, a cedeirense Irene Caruncho.
    Consellos para a horta con David Castellanos.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. DÍA DO ORGULLO FRIKI: "Todos temos algo que nos fai diferentes".
    A psicóloga Verónica Barros analiza O DÍA DO ORGULLO FRIKI, a evolución do concepto friki e a riqueza que aportan os diferentes tipos de personalidades á nosa sociedade:
    "Ser friki non é nada malo, todo o contrario. Ser diferente é bo".
    "Cando máis se sofre por ser friki é na adolescencia, época na que máis se marcan os patróns de personalidade".
    "A paixón polo que lle gusta é o que diferencia aos frikis e esta paixón é o que fai avanzar á sociedade".
    ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • SALTA DA CAMA martes 25-05-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Hoxe é o Día Mundial da Tiroides recuperamos os consellos alimentarios que nós dou Clara Torres, Dietista Nutricionista para o “Hipotiroidismo ou enfermidade de Hashimoto”. ( https://go.ivoox.com/rf/66610617 )
    Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • Lorena Penas, ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN. Hoxe "QUE É O COPYWRITE E O COPY".
    Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.
    "Debido ao volumen de información que vemos ao longo do día, só 2 de cada 10 persoas mirán o contido".
    "O copywriting é un texto persuasivo para conectar co noso público e para provocar nel a realización dunha acción".
    "Aínda que pechemos o noso negocio, as redes non pechan".
    CONSELLOS PARA FACER UN BO COPY:
    1. A portada é clave
    2. Frases cortas
    3. Linguaxe directa
    4. Poucos adxetivos
    5. Verbos de acción
    6. Encabezados con idea estrela
    7. Parágrafos diferenciados
    8. Destacar beneficios
    9. Empatizar co cliente
    10. Falarlle de "TI".
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: @actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA luns 24-05-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación tráenos consellos para gestionar as nossas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 23 min
  • Lucía Azurmendi, profesora do OMM CARLOS BARRUSO, fálanos do concerto de fin de curso: "Temos ganas de escenario".
    O Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, nace da demanda do colectivo de músicos estradenses por acadar unha formación en música moderna que deu comezo no ano 2009 da man do mestre Carlos Barruso.
    O obxectivo deste obradoiro é o de darlle continuidade ao labor de Carlos Barruso, como un xeito de reinvindicar o legado musical que deixou latente nos seus alumnos, moitos deles, agora titulados en grao superior de música moderna. Paralelamente, coa formación deste obradoiro tamén se pretende conseguir a formación dunha big band.
    Este obradoiro conta cun plan de estudos que terá unha duración de nove meses repartidos nunha clase á semana de dúas horas de duración na que o alumnado abordará diferentes aspectos musicais. A primeira dedicarase á parte teórica onde se traballarán fundamentos harmónicos, rítmicos, melódicos, técnicos e analíticos das obras a interpretar. E na segunda hora interpretaranse as obras estudadas na primeira parte da clase en formación de combo.
    Este obradoiro permanente non aceptará alumnos de nova formación, só actuará como un complemento para músicos cun certo nivel interpretativo que lles permita afrontar as partes teórica e práctica. En ningún caso se ensinará a tocar instrumentos nin se impartirán clases de iniciación.
    LUNS 17 / 13.00 h / PRAZA DO CONCELLO
    Concerto do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
    "Este curso foi complicado, estivemos ata marzo con clases online".
    "Este ano os alumnos traballaron moito e merécense sentirse orgullosos ensinandolle o seu traballo ao público, dende un escenario".
    "Vai a haber un repertorio variado, divertido, dinámico, para pasar un bo rato entre todos".
    Máis Información OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO:
    ✔️Páxina Web: http://www.ommcarlosbarruso.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/omm.carlosbarruso.3
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/obradoirocarlosbarruso/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    9 min
  • Uxio Allo, Maruxio Terra e Sal fálanos da presentación do libro de fotografías "Inchadiña branca vela" de Eduardo Rivo
    Uxío Allo é a parte do mar de Maruxio, naceu na Illa. Ven dunha saga de mariñeiros, "unha especie acuática", segundo el mesmo define. "Son salitroso, xa se me ve na pel", sinala. Embarcouse por primeira vez aos 12 anos.
    Aos 16, xa tiña unha dorna propia. Aos 22, voaba pola ría nunha planadora de poliéster tuneada por el mesmo.
    Foi por esa época cando xurdiu tamén das súas mans a Asociación Cultural Dorna, pioneira na recuperación das embarcacións tradicionais galegas, da que é presidente. O proxecto completouse en 2001 coa posta en marcha dunha escola de navegación tradicional, que cada ano navegan cara a estatua de Rosalía.
    Este 17 de maio dende Maruxio Terra e Sal convídannos á presentación do libro de fotografías "Inchadiña branca vela" de Eduardo Rivo. Unha sesión vermú no que poderemos degustar as novidades gastronómicas de Maruxio, coa compaña de Anxo Angueira, mentras escoitamos a Neves Soutelo e David Otero recitando a Rosalía e a Manolo Bacallau tocando a súa música.
    "No libro pódense ver fotos da subida polo río Ulla e polo Sar ata onde está a estatua de Rosalía".
    "Son unha xornadas nas que recuperamos o noso patrimonio marítimo e lle damos uso para dalo a coñecer, convidamos á xente e pasámolo moi ben".
    Máis Información MARUXIO TERRA E SAL:
    ✔️Páxina Web: http://maruxio.eu/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Maruxiogalletas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/maruxio_galletas/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    9 min
  • Manolo Bascuas, Asociación de Hosteleiros da Estrada:"A Festa do Salmón é a nosa festa gastronómica máis importante".
    A Asociación de Hosteleiros da Estrada reactiva a súa actividade coa celebración gastronómica máis importante da Estrada. A Festa do Salmón.
    Este ano unha Festa do Salmón en formato reducido.
    Todos estes locais servirán tapas de salmón o venres 14 de Maio en horario de 20.00 a 23.00 horas e o sábado 15 e domingo 16 de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas.
    LOCAIS PARTICIPANTES: Eureka / Enredo / Mesón da Estrada / Os Peares / O Paseo / Vasán / Nicol´s / Samaná / O Candil / O Bodegón / Oasis / Navegación / La Bombilla / 20 Berzas / Taberna da Feira / Café de Xulia / O Lar / Velis Nolis / Malo Será / As Tres Portiñas
    Cada tapa custará dous euros e terá que pasar a supervisión dun xurado da Escola de Hostalería de Pontevedra, que fará unha cata previa e ofrecerá asesoramento para ofrecer a mellor versión posible de cada unha das receitas.
    Ademais da degustación, os asistentes tamén poderán gozar de actuacións musicais e demais actividades.
    DOMINGO 16 / 12.30 h / TEATRO PRINCIPAL
    Concerto do Salmón a cargo da Coral Polifónica Estradense
    DOMINGO 16 / 20.00 h / PRAZA DO CONCELLO
    DE VACAS en concerto
    LUNS 17 / 12.00 h / ALAMEDA MUNICIPAL
    Pregón das Letras Galegas a cargo do escritor Antonio García Teijeiro, coa participación da Banda de Gaitas de Barbude
    LUNS 17 / 13.00 h / PRAZA DO CONCELLO
    Concerto do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
    LUNS 17 / 19.00 h / PRAZA DO CONCELLO
    Concerto da Banda de Música Municipal da Estrada
    "A xente ten que ter a seguridade de que todo o mundo cumpre as medidas e ademáis na Estrada só ten un caso de Covid-19".
    "Aínda que a normalidade non é absoluta, polo menos imos tendo sensación de calma".
    "A ver se o tempo nos axuda, son tres días para estar ben e disfrutar das sabrosas tapas do salmón".
    Máis Información:
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Hosteleiros-da-Estrada-1290552527750670
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    7 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!