Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Manolo Maseda, ENREGUÉIFATE 2021: "O Enreguéifate cada vez ten máis adeptos".
    Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
    Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
    O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.
    Malia continuar nun ano golpeado pola pandemia e as restricións pertinentes, presentáronse un total de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.
    As regueifas participantes xa poden verse na canle de Youtube do certame e tamén na súa web. (ligazóns )
    O xurado, nesta ocasión está composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira).
    Como cada ano, escollerán as regueifas gañadoras de seis premios en cada unha das categorías: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.
    Os vídeos premiados desta edición anunciaranse antes do 22 de xuño a través das redes sociais do Enreguéifate.
    "A Regueifa é expansiva, cada vez chega a máis xente".
    "Trátase de ser felices cantando e de librerarnos de prexuizos e estereotipos".
    "A retranca galega é un superpoder que hai que potenciar e que nos fai únicos no mundo".
    Máis Información ENREGUÉIFATE:
    ✔️Páxina: https://enregueifate.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Enregueifate
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/enregueifate/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCKeXMf-vWyP8cOIr-Cav_7g
    Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:
    ✔️Páxina Web: https://seispes.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes
    ✔️Twitter: @seispes
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA martes 01-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Manolo Maseda fálanos do Enreguéifate 2021, escoitamos varias das regueifas participantes.
    Isabel Vilalba do Sindicato Labrego Galego analiza, no “Día Mundial do Leite”, a situación do sector.
    Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 38 min
  • SALTA DA CAMA venres 28-05-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Manolo Maseda infórmanos sobre o Enreguéifate
    Baiuca preséntanos o seu novo disco EMBRUXO
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 36 min
  • Baiuca presenta EMBRUXO: "Baiuca fai música para escoitar en todo o mundo"
    Nado en Catoira, hai 30 anos, Alejandro Guillán iniciouse na música de neno tocando o clarinete e a gaita. Na adolescencia afastouse do folclore e, como calquera rapaz da súa idade, achegouse a sons máis actuais como o rock, o pop e a electrónica. Pero a terra volveu chamar e a Morriña, título dun dos seus primeiros singles, cristalizou nun proxecto, Baiuca, e o seu primeiro disco, Solpor (2018, Raso Estudo).
    Se con Solpor Baiuca demostrou a validez e atractivo musical do seu proxecto cun disco que bailaba ao ritmo do entroido galego ou narraba a emigración, este Embruxo (2021, Raso Estudo) vai un paso máis aló afastándose dos samples para abrazar as percusións e as voces de Lilaina, Rodrigo Cuevas, Xosé Lois Romero e Cristian Silva.
    Embruxo é un disco necesario, tanto pola súa música como pola súa mensaxe. De novo constrúe unha ponte entre o pasado e o presente, dende o respecto.
    "Un dos obxetivos de Baiuca é o de conectar cunhas xeracións que non se sentían relacionados coa música da terra".
    "Estamos vivindo un momento de cambio, onde teñen que aparecer outros actores no panorama musical galego que aporten algo novo".
    "Se un non cree no que está facendo, é dificil chegar a un nivel superior".
    "Pódese conectar con xente de lugares diferentes cantando en galego e levando a raíz e a música galega como esencia e identidade propia do proxecto".
    Máis Información FUNDACIÓ BAIUCA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/baiucamusic
    ✔️Twitter: https://twitter.com/baiucamusic
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/baiucamusic/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCmaEuLsaBcbgAtwxniFhHmw
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/2GSXsSy3YzWsp4BXfSGucS?autoplay=true
    ✔️Deezer: https://www.deezer.com/es/artist/7151160?autoplay=true
    ✔️Bandcamp: https://raso.bandcamp.com/album/baiuca-embruxo
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    20 min
  • Iago González, novo presidente do Recreo Cultural da Estrada: "Queríamos evitar as consecuencias dunha xunta xestora".
    A DIRECTIVA QUE PRESIDE IAGO GONZÁLEZ BECEIRO TOMA AS RENDAS DO RECREO CULTURAL
    A candidatura formalízase in extremis e evita que esta histórica entidade estradense véxase abocada a nomear unha xunta xestora.
    Seis socios do Recreo Cultural da Estrada deron este martes un paso á fronte para evitar que esta histórica entidade estradense tivese que poñer o seu futuro en mans dunha xunta xestora. O equipo directivo encabezado por Carlos Failde cedeu as rendas ao que lidera Iago González Beceiro. O traspaso de poderes, realizado no marco dunha asemblea extraordinaria, formalizouse coa entrega da insignia que tradicionalmente recibe cada presidente ao comezo do seu mandato.
    Iago González preside un equipo no que Ignacio Diéguez Sanmartín é vicepresidente. O posto de secretario corresponde a Pablo Garrido Berea e o de tesoureiro a Manuel Durán Durán. A directiva complétase con David Matalobos Gómez e Antonio Calviño Ríos en calidade de vogais.
    O xa expresidente Carlos Faílde explicou aos socios presentes na asemblea que só se presentou unha candidatura para tomar a testemuña da que dirixiu o Recreo Cultural durante os oito últimos anos. A proposta de directiva someteuse a votación, resultando referendada por unanimidade.
    Foi entón cando os novos dirixentes tomaron a palabra para expresar que se decidiron a fraguar unha candidatura para evitar que a sociedade se vise descabezada. Iago González recoñeceu que, a pesar de que o equipo se xestou ao abrigo destas especiais circunstancias e en cuestión de días, asume esta responsabilidade "con moita ilusión e ganas de facer cousas"."Demos o paso á fronte #ante a incerteza que podería causar na sociedade unha xestora. Son moitas as decisións que hai que tomar de inmediato e habemos de fixarnos obxectivos a medio e longo prazo", comentou González. Quixo agradecer a "total disposición da anterior xunta directiva", subliñando que se reuniu cos que haberían de ser os seus sucesores a pasada fin de semana para ofrecerlles unha radiografía do estado da sociedade.
    A nova directiva quixo poñer o acento en que concibe o Recreo Cultural como "unha gran familia", unha moi numerosa da que eles mesmos levan formando parte desde hai décadas. Asumen que, como no seo de calquera unidade familiar, xurdirán discrepancias, pero aproveitaron a ocasión para solicitar a colaboración de todos os socios nunha xestión ao servizo do ben común.
    Entre os primeiros labores que ten por diante a nova directiva están a organización dos campamentos de verán ou a apertura das súas instalacións á tempada estival no contexto das restricións que, pese ao levantamento do estado de alarma, continúan vixentes para evitar a transmisión da COVID-19.
    Por outra banda, os novos directivos trasladan o seu desexo de que a familia do Recreo Cultural véxase ampliada coa incorporación de novos socios. É no contexto desta pretensión no que queren facer chegar á cidadanía que a súa é unha visión ampla e actualizada deste colectivo. Sen renunciar á historia da sociedade e aplaudindo o labor de todos os anteriores dirixentes, o novo equipo quere que A Estrada -e outros municipios galegos que poidan reportar familias asociadas- coñezan como é a realidade do Recreo Cultural hoxe en día, moi allea á do tradicional Casino que, en opinión dalgúns, acuñou unha concepción elitista que o ente leva anos tratando de ver superada. "É hora de deixar atrás o Casino e que a xente vexa que é realmente o Recreo Cultural", apuntan. "Estas instalacións son de todos e para todos, accesibles a calquera familia. Unha cota de 30 euros mensuais por unidade familiares unha contía que facilita a calquera sumarse ao #gozar de todo o que ofrece este complexo", sosteñen.
    A día de hoxe o Recreo Cultural da Estrada conta con dúas piscinas, dúas pistas de pádel, catro pistas de tenis, un campo de fútbol e unha cancha polideportiva. A esta oferta súmanse os seus salóns, cafetería, espazos de lecer infantil e unha ampla zona verde.
    "A directiva está formada por xente que gasta, que consume moito Recreo Cultural".
    "Queremos potencial as redes sociais para que sexan unha vía de comunicación cos socios, para interactuar con eles e tomarlle o pulso á sociedade".
    "Temos ideas, queremos implementalas sobre a marcha, pero o primeiro e saber como están as contas e saber a situación real da sociedade, precisamos facer unha auditoría previa.".
    FOTOGRAFÍA DA NOVA DIRECTIVA. (De esquerda a dereita, Ignacio Diéguez, David Matalobos, Manuel Durán, Antonio Calviño, Pablo Garrido e Iago González)
    Máis Información RECREO CULTURAL DE A ESTRADA:
    ✔️Páxina Web: http://www.recreocultural.aestrada.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/recreoculturalaestrada
    ✔️Twitter: https://twitter.com/RCAEstrada
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/rcaestrada/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    11 min
  • Ricas e Famosas, repaso ás portadas das revistas do corazón 27-05-2021
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    5 min
  • Manuel Campos, alcalde de Cuntis explícanos as próximas actividades do concello: "Hai que ser prudentes e previsores".
    O 1 de xuño ábrese o prazo de inscrición para anotarse no programa Cuntilín Verán 2021. Este prazo permanecerá aberto ata o 15 de xuño inclusive.
    O día 18 darase a coñecer o listado de persoas admitidas.Cuntilín Verán está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de setembro de 2021, ambos inclusive, permanecendo aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 8:45 a 14:15 nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García, excepto a semana das Festas Patronais de agosto que estará pechado por este motivo.As solicitudes deberán presentarse persoalmente no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da Sede electrónica: https://concellodecuntis.sedelectronica.gal
    Os impresos pódense recoller persoalmente en horario de mañá, de 9 a 14 horas, na OMIX, no Departamento de Servizos Sociais do concello ou nas Oficinas xerais municipais do mesmo, descargalos directamente da Sede electrónica
    https://concellodecuntis.sedelectronica.gal/dossier.2 (“catálogo de trámites”), ou escribindo un correo electrónico ao enderezo [email protected] , solicitando os mesmos.
    "O Cuntilín é un programa esencial para a conciliación dos veciños/as do concello que Cuntis, é un programa con moita aceptación".
    "Conchi Campos e José Treviño están traballando na programación cultural dos meses de xuño, xullo e agosto".
    "Hai que ter moita cautela pero temos que botar a andar e voltar pouco a pouco á normalidade, dende o concello estamos traballando con moita prudencia".
    Mais información en: Departamento de Igualdade e Benestar Social,
    telf. 986548005 (ext.1032)/ 986185723
    Correo electrónico: [email protected]
    PRAZAS LIMITADAS
    Máis Información CONCELLO DE CUNTIS:
    ✔️Páxina Web: https://concellodecuntis.org/es-es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/concellodecvntis/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCGA_Z3JwcdMp5iS3UsF6eiw
    Máis Información TURISMO DE CUNTIS:
    ✔️Páxina Web: https://turismodecuntis.gal//es-es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/turismodecvntis
    ✔️Twitter: https://twitter.com/turismocvntis
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/turismocvntis/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfZtHlnXSDGunfQGB_p9gOA
    Máis Información DESTINO CUNTIS:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/destinocvntis/?ref=py_c
    ✔️Twitter: https://twitter.com/destinocvntis?lang=gl
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/destinocvntis/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    7 min
  • SALTA DA CAMA xoves 27-05-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do ❤️
    Manuel Campos Velay alcalde do Concello de Cuntis, Cuntilín e novas actividades para o verán.
    Iago González , novo presidente do Recreo Cultural de A Estrada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal. OS LABORES DE MAIO:"Temos que prantan e vixiar as enfermidades".
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.
    Neste segundo programa falamos de OS LABORES DE MAIO.
    "Quen non faga os labores de maio que se despida da horta ata o ano que ven".
    "As xeadas xa quedaron atrás e podemos ir trasplantando con tranquilidade todo o que sexa para cultivo de primaveira veran".
    "Debemos vixiar a aparición de fungos e outras enfermidades como o mildeu, tanto na pataca como na viña e o oidio nos allos e cebolas".
    CONSELLOS:
    Trasplantar ao exterior tomates, pementos, leitugas...
    Sementar directamente cenouras, xudias, cabazas...
    ✔️ Aínda estamos a tempo de prantar as últimas cebolas.
    Podemos ir prantando os primeiros allos porros.
    Maio é o mes do millo para consumo animal ou como tutor para xudias e fabas.
    Vixiar a aparición de fungos como o "mildeu" nas froiteiras, en especial a viña. Debe prevalecer a prevención fronte a curación, podemos aplicar sulfato de cobre. Fronte o "oidio", que suele aparecer nos allos e cebolas debemos aplicar un tratamento de xofre.
    Eliminar a herba que medra debaixo da copa das froiteiras, sen xuntala na base do tronco.
    Eliminar gromos no desexables.
    Vixiar a aparición do pulgón, observando o movemento de formigas no tronco. ✔️SOLUCIÓN (1 litro de auga + 1 culler de aceite + 1 culler de xabón. Axitar e pulverizar).
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • Antonio Calvo dirixe o THINK OF LIGHT SHOW SALON 2021.Emítese dende Culleredo a 16 países:"Es una locura de creatividad
    “Think of light”, un gran espectáculo online de perruquería para profesionais de once países
    • O estilista naronés Antonio Calvo e a produtora compostelá Seispés Producións Creativas organizan a presentación das coleccións que serán tendencia en 2022
    • O evento retransmítese en directo dende Galicia o xoves 27 de maio
    A presentación mundial das novas coleccións de perruquería e estilismo da marca Salon In Recamier muda o seu formato este ano por mor da situación xerada pola Covid-19. O espectáculo “Think of light Show Salon In 2021”, retransmítese por primeira vez online, dende Galicia e para once países: USA, Colombia, Ecuador, Perú, Puerto Rico, Chile, Curazao, Panamá, Guatemala, Honduras e Costa Rica. A cita é do 24 ao 27 de maio. Dende o luns ata o mércores, con gravacións previas, e xa o xoves 27 a partir da unha da madrugada, coa emisión, a través dunha plataforma online, do evento que se celebra nas instalacións de Kaito Estudios, na localidade coruñesa de Culleredo.
    Co prazo de inscrición aínda aberto, xa hai máis de 12.000 profesionais anotados para seguir o evento vía streaming, o que o convirte nun dos máis relevantes celebrados ata a data. Un espectáculo no que desfilarán máis de 40 modelos e que marcará as tendencias en perruquería e estilismo para 2022. Todo, coa produción da empresa santiaguesa Seispés Producións Creativas, baixo a dirección do naronés Antonio Calvo, director artístico de Salón In Recamier Profesional e profesional de longa traxectoria internacional, gañador de cinco Premios Fígaro (2013, 2014, 2017 e 2019) e Stylemaster 2013, entre outros recoñecementos.
    Antonio Calvo presentará ao público as súas coleccións “Unique”,“Light up dancer” e “Fenix” . Tres propostas que experimentan coa beleza da luz, a cor, a ilusión e as emocións positivas, partindo das macrotendencias da moda e dun rigoroso traballo creativo. Pero, ademais, este “Think of light” servirá tamén de presentación dos deseños de 2020, “Team”, “The mirror” e “Glitter woman”, cuxa estrea internacional se viu interrompida o pasado ano pola Covid-19. En total, seis coleccións que desfilarán pola pasarela e que xa foron retratadas nos vídeos promocionais gravados en diferentes localizacións da nosa xeografía como a Ribeira Sacra, Narón, Santiago de Compostela, cun equipo técnico integramente galego. Perruquería, arte, moda e paisaxe de Galicia, retransmitidos para o mundo a través deste evento exclusivo para estilistas e perruqueiros Salon In.
    O espectáculo contará ademais con Juan Ayoso, actual “Perruqueiro Andaluz do Ano”, e Almudena Martín e Pedro Muñoz, referentes do sector dentro e fóra de España, como artistas convidados. Todo, aderezado con grandes sorpresas e música en directo, composta ex profeso para a ocasión e interpretada pola gañadora do concurso “La Voz”, a cedeirense Irene Caruncho.
    "É unha loucura de creatividade, de moda e de ilusión que vai a sorprender á xente".
    "Son moitos meses de traballo, de creación para facer un evento sen igual".
    "A perruquería non vai soa, vai vencellada ás tendencias de consumo de roupa, de coches... A macrotendencia de este ano será "ser como nos dé la gana"".
    LIGAZÓN DO EVENTO: https://saloninprofessional.com/salon-in-show/?fbclid=IwAR1d4M5tnNJWlecaLF3tkQ1HvrJ_H8chgI4xiZDfk3zNSXCWPmtaKT5m93A
    Máis Información ANTONIO CALVO ESTILISTAS:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/AntonioCalvoEstilistas/
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/antoniocalvoestilistas/
    Máis Información RECAMIER:
    ✔️Páxina Web:https://www.recamier.com/web/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/SalonInRecamier/
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/recamierctg/
    Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:
    ✔️Páxina Web: https://seispes.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes
    ✔️Twitter: @seispes
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!