Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Juan foi o afortunado gañador do sorteo dun cocido na TABERNA O QUINTEIRO
    No sorteo celebrado en directo, coñecemos á persoa afortunada que levou o premio do concurso da Taberna o Quinteiro.
    Entre todas as participacións recibidas, a sorte quixo que o agasallo fose para JUAN .
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    3 min
  • HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS
    "Halloween é moito máis que disfraces e cabazas. É unha oportunidade para que o comercio local se amose creativo, próximo e con personalidade nas redes sociais".
    "Aínda que moitos pensan que é unha festa puramente comercial ou ‘importada’, o certo é que o comercio local pode sacarlle moito proveito, sobre todo en redes sociais".
    "Non fan falta grandes orzamentos, só imaxinación, ganas e un toque de humor".
    HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS
    Nadal (xa temos o turrón no supermercado dende agosto), Black Friday o próximo venres 28 de novembro… pero antes temos unha campaña que a veces pasa desapercibida e podemos aproveitar.
    Halloween está á volta da esquina, é unha desas datas que hai uns anos apenas se celebraban aquí, pero que hoxe xa está presente nos escaparates, nos colexios, nas redes… en todas partes.
    E aínda que moitos pensan que é unha festa puramente comercial ou ‘importada’, o certo é que o comercio local pode sacarlle moito proveito, sobre todo en redes sociais.
    Hoxe quero contarvos como aproveitar esta data para gañar visibilidade, atraer clientela e conectar co público dunha forma divertida e próxima.
    Por qué Halloween é unha oportunidade para o comercio local
    ✔️ É unha data moi visual e emocional, perfecta para redes sociais: cores, disfraces, decoración, ambiente… todo invita a crear contido.
    ✔️ As persoas están máis receptivas: buscan ideas para festas, disfraces, receitas, decoración ou doces, e o comercio local pode darlles respostas.
    ✔️ Non fai falta vender disfraces ou cabazas para aproveitar o momento: calquera negocio pode adaptarse, dende unha perruquería ata unha libraría ou unha cafetería.
    ✔️ Ademais, permite amosar o lado máis divertido e humano do negocio, algo que conecta moito coa comunidade local.
    Que pode facer o comercio local nas redes
    1. Decorar as redes igual que o escaparate
    ✔️ Cambiar a imaxe de perfil ou a portada cun toque terrorífico.
    ✔️ Subir fotos ou vídeos da decoración do local.
    ✔️ Amosar o proceso nas stories: “Hoxe estamos transformando a tenda para Halloween!”.
    2. Promocións temáticas
    ✔️ Descontos con nomes divertidos: “Rebaixas de medo”, “Ofertas que dan calafríos”.
    ✔️ Promocións por tempo limitado, por exemplo do 28 ao 31 de outubro.
    ✔️ Sorteos: “Comenta o teu disfraz favorito e participa no noso sorteo de Halloween”.
    3. Contido participativo
    ✔️ Retos ou xogos para o público:
    ✔️ “Adiviña cantas lambetadas hai no tarro”.
    ✔️ “Ensínanos a túa decoración máis terrorífica”.
    ✔️ “Sobe o teu disfraz e etiqueta o noso negocio”.
    ✔️ Tamén se pode organizar un concurso infantil de disfraces ou debuxos, en colaboración con outros comercios da zona. Que xa moitos o fan no noso pobo.
    4. Contido segundo o tipo de negocio
    ✔️ Cafetarías ou restaurantes: receitas especiais (tartas de cabaza, cafés decorados, postres temáticos).
    ✔️ Tendas de roupa: ideas para disfraces usando prendas dispoñibles na tenda.
    ✔️ Perruquerías e centros de estética: maquillaxes, peiteados ou manicuras de medo.
    ✔️ Papelerías ou librarías: libros de misterio, contos de medo ou manualidades para nenos.
    ✔️ Ximnasios, academias ou centros culturais: clases ou actividades temáticas con música, disfraces ou decoración.
    Como potenciar a campaña
    ✔️ Planificar con antelación: comezar a publicar polo menos unha semana antes do 31 de outubro.
    ✔️ Usar hashtags locais: #HalloweenEnAEstrada #ComercioLocalDeMedo, #OutonoDeMedo, etc.
    ✔️ Apostar polos vídeos curtos: reels ou tiktoks con música e humor.
    ✔️ Involucrar ao equipo: subir vídeos ou stories do persoal disfrazado ou decorando a tenda.
    ✔️ Compartir o contido dos clientes: repostear as súas fotos ou stories se etiquetan o negocio.
    Vantaxes para o comercio local
    ✔️ Máis visibilidade: aprovéitase un momento de moita actividade en redes.
    ✔️ Reforzo da marca: mostra que o negocio está vivo, actualizado e con bo humor.
    ✔️ Fidelización: crea vínculo emocional coa clientela e co barrio.
    ✔️ Aumento das vendas: sen necesidade de grandes descontos, estimula a compra por impulso.
    Exemplos de campañas de éxito en redes sociais polo Halloween
    1. Burger King – #ScaryClownNight
    Burger King lanzou unha campaña na que ofrecía un Whopper gratis (ou algún outro incentivo) ás persoas que fosen disfrazadas de payaso no día de Halloween. Acompañárono con vídeos promocionais cheos de humor e pequenas bromas á competencia (especialmente a McDonald’s), o que xerou moitísima interacción e contido compartido en redes.
    3. Heinz – “Tomato Blood Ketchup”
    Heinz lanzou unha edición limitada do seu ketchup chamada Tomato Blood (“sangue de tomate”), cun envase decorado para Halloween. A campaña acompañouse con retos en TikTok e Instagram, onde se pedía ao público que creara vídeos de medo usando o produto.
    En definitiva, Halloween é moito máis que disfraces e cabazas. É unha oportunidade para que o comercio local se amose creativo, próximo e con personalidade nas redes sociais.
    Non fan falta grandes orzamentos, só imaxinación, ganas e un toque de humor. Ao final, o que máis conecta coa xente é ver que detrás do mostrador ou da pantalla hai persoas con ilusión.
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    16 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 15-10-2025
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    57 min
  • 15-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    5 min
  • Magacine SALTA DA CAMA mércores 15-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    ‍ 07:10
    #Comunicación Actual / Comunicación Amodiño axúdanos a xestionas as nosas redes sociais.
    19:50
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    23:40
    #concurso, de RG AQUACLIMA, sorteamos unha estufa de pellets de 9KW, regalamos entradas para o Estradense vs Alondras
    ❤️25:30
    #revistas Ricas e Famosas, repaso ás portadas das revistas do corazón.
    34:20
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    42:20
    #Actualidade, Regalamos un cocido para a Taberna O Quinteiro
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    57 min
  • Espertador SALTA DA CAMA martes 15-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • Que é o trastorno de ansiedade xeneralizada?, con Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos do trastorno de ansiedade xeneralizada.
    "Con frecuencia, os adultos con este trastorno póñense sumamente nerviosos por situacións diarias".
    "Os nenos e os adolescentes con trastorno de ansiedade xeneralizada poden preocuparse por moito das mesmas cousas que os adultos".
    "Diversas investigacións suxiren que este trastorno é provocado por unha combinación da xenética, a química do cerebro, a bioloxía e a contorna".
    Que é o trastorno de ansiedade xeneralizada?
    A ansiedade ocasional é parte normal da vida. Moito persoas preocúpanse por cousas como a saúde, o diñeiro, a escola, o traballo ou a familia. Con todo, as persoas con trastorno de ansiedade xeneralizada preocúpanse extremadamente ou séntense moi nerviosas con maior frecuencia por estas e outras cousas, mesmo cando a preocupación é desproporcionada con respecto á situación.
    Polo xeral, este trastorno inclúe unha sensación persistente de ansiedade ou pavor que interfire na forma en que leva a súa vida. Non é o mesmo que preocuparse de cando en vez polas cousas ou sentirse ansioso debido a eventos estresantes na vida. As persoas que teñen este trastorno senten ansiedade durante meses e ata anos.
    O trastorno de ansiedade xeneralizada desenvólvese lentamente. A miúdo, comeza durante a adultez temperá, aínda que tamén pode ocorrer a calquera idade. As mulleres teñen máis probabilidades que os homes de ter este trastorno e algunhas mulleres téñeno durante o embarazo ou o período de posparto. Co apoio e o tratamento adecuado, as persoas con este trastorno poden controlar a súa ansiedade e mellorar a súa calidade de vida.
    Cales son os signos e os síntomas do trastorno de ansiedade xeneralizada?
    As persoas con este trastorno poden:
    ✔️preocuparse demasiado polas cousas diarias;
    ✔️ter problemas para controlar as súas preocupacións ou sentimentos de nerviosismo;
    ✔️sentirse irritables ou cos nervios de punta frecuentemente;
    ✔️sentirse inquietas ou ter dificultade para relaxarse;
    ✔️ter problemas para concentrarse;
    ✔️ter problemas para durmir ou para permanecer durmidas, ou sentirse esgotadas;
    ✔️ter dores de cabeza, musculares ou estomacais, tensión ou outras dores;
    ✔️ter tremores ou tics (movementos nerviosos);
    ✔️suar moito, sentirse mareadas ou que lles falta o aire;
    ✔️ter dificultade para tragar;
    ✔️ter que ir ao baño a miúdo.
    Con frecuencia, os adultos con este trastorno póñense sumamente nerviosos por situacións diarias como:
    ✔️a seguridade laboral ou o seu rendemento no traballo;
    ✔️a súa saúde;
    ✔️as finanzas;
    ✔️a saúde e o benestar dos seus fillos e doutros familiares;
    chegar tarde;
    ✔️completar as tarefas do fogar e cumprir con outras responsabilidades.
    Os nenos e os adolescentes con trastorno de ansiedade xeneralizada poden preocuparse por moito das mesmas cousas que os adultos, pero as súas inquietudes adoitan centrase na escola, as actividades extracurriculares, os seus amigos e o futuro. Eles poden ter dificultades coa incerteza e o temor de cometer erros, ou preocuparse por decepcionar aos demais. É posible que os nenos e os adolescentes con este trastorno se esfuercen por alcanzar a perfección como unha forma de controlar a ansiedade.
    Para todas as persoas con trastorno de ansiedade xeneralizada, os síntomas poden fluctuar co tempo e a miúdo empeoran durante momentos de tensións, como cunha enfermidade física, en épocas de exames escolares, ou durante un conflito familiar ou de relacións persoais.
    Que causa o trastorno de ansiedade xeneralizada?
    O trastorno de ansiedade xeneralizada pode ser hereditario, pero aínda non se sabe cal é a causa exacta deste. Diversas investigacións suxiren que este trastorno é provocado por unha combinación da xenética, a química do cerebro, a bioloxía e a contorna. Os investigadores descubriron que as causas externas, como pasar por un evento traumático ou estar nun ambiente estresante, poden aumentar o risco de chegar a ter o trastorno de ansiedade xeneralizada.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    14 min
  • 14-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    7 min
  • Magacine SALTA DA CAMA martes 14-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    ‍ 05:55
    #Psicoloxía Verónica Barros de Barros Psicología, fálanos da ansiedade xeralizada.
    15:55
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    22:50
    #concurso, de RG AQUACLIMA, sorteamos unha estufa de pellets de 9KW. E un cocido na Taberna O Quinteiro.
    38:50
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    59 min
  • Espertador SALTA DA CAMA martes 14-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!