Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • XGN Intermax AI Edition do 10 ao 12 de outubro en Silleda. Falo con Ricardo Durán, xerente da Semana Verde Abanca
    A XGN Intermax AI Edición celebra desde mañá, día 10, ao domingo, a súa edición número 25 no recinto feiral de Silleda. Este ano o evento, no que a intelixencia artificial contará cun papel destacado, crece ata contar con 70 actividades entre as que se inclúen competicións, conferencias, talleres e xogos centrados nas novas tecnoloxías.
    "Este ano aumentamos de 50 a 70 actividades, apostando pola formación con referentes no sector".
    "Temos 867 inscritos na edición deste ano. a media de idade está en 31 anos".
    A Intranet, dirixida exclusivamente aos rexistrados, contará con competicións de arte dixital e de CTF, nas que os participantes terán que resolver retos de ciberseguridad. No apartado hardware contará, entre outras, con propostas de introduccón e creación de proxectos de modificación e personalización de equipos, a carreira de leds Open Led Race e unha zona de impresoras 3D, así como un espazo Maisprinter. Organizaranse torneos para máis de 20 videoxogos, entre eles oito competicións con premio, que serán League of Legends, CS2, Valorant, Rocket League, FC26, Mario Strikers, Battle League, Super Smash, Bros Ultimate e Mario Kart Deluxe 8. A zona Extranet, aberta a rexistrados e visitantes, os días 10 e 11 cun amplo programa de conferencias e talleres, moitos delas relacionados coa intelixencia artificial.
    Do mesmo xeito que outros anos, o evento dispoñerá tamén de áreas de videoconsolas, lentes de realidade virtual e de simuladores de videoxogos. Hoxe, ás 16.00 horas, a XGN Intermax abrirá de forma non oficial para facilitar o acceso graduado dos rexistrados. A iniciativa conta co apoio da Xunta e o patrocinio oficial da empresa galega Intermax Tecnology.
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min
  • CONSELLOS DA HORTA PARA O MES DE OUTUBRO, por David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal.
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos.
    Hoxe: CONSELLOS DA HORTA PARA O MES DE OUTUBRO
    "O primeiro do que temos que coidar é o solo. Ben sigamos cultivando, ben deixemos o terreo valdío, hai que traballala terra para recuperala".
    "É importante que o solo non quede completamente espido e que haxa algún tipo de cuberta para evitar a escorrentía e a erosión".
    "Debemos elexir cultivos que se desenvolvan adecuadamente nas condicións climáticas e do terreo que teremos no outono e inverno: frío e choiva. A familia das brásicas son as raiñas da horta".
    O mes de outubro marca a transición no campo dos cultivos de primavera-verán cara os de outono-inverno.
    O primeiro do que temos que coidar é o solo. Ben sigamos cultivando, ben deixemos o terreo valdío, hai que traballala terra para recuperala.
    Se deixamos o terreo sen cultivar:
    ✅É importante que o solo non quede completamente espido e que haxa algún tipo de cuberta para evitar a escorrentía e a erosión. O mínimo que podemos facer é trituralos restos do cultivos anterior e deixalos esparcidos sobre o terreo. Por un lado, evitamos a escorrentía e a erosión e, por outro, estamos incorporando materia orgánica que o descompoñerse axudará á fertilidade da terra.
    Se cultivamos o terreo:
    ✅Debemos elexir cultivos que se desenvolvan adecuadamente nas condicións climáticas e do terreo que teremos no outono e inverno: frío e choiva. A familia das brásicas son as raiñas da horta: nabos, coles, nabicol, coliflor, brecol, repolos. Gústanlles os terreos húmidos e con alta cantidade de materia orgánica. Non só aportan alimentos, se non que a súa raíz pivotante mellora a capacidade de inflitración da auga no terreo.
    ✅Outros cultivos de horta que tamén se poden sementar/plantar en outubro son os chícharos, tirabeques, allos e ceboletas. Baixo invernadoiro podemos obter boas leitugas, espinacas ou cenorias
    ✅Outros cultivos propios desta época son os cereias. O máis importante é que teñan boa sanidade vexetal, que sexan resistentes a moitas enfermidades funxicas (roia, septoriose, carbón). Non só reducen a produción, se non que baixan a calidade do grao.
    Unha opción intermedia é sementar cultivos mellorantes. Este tipo de cultivos axudan a rexenerar o solo e dependendo de que tipo de cultivo fagamos o beneficio sobre o solo é diferente:
    ✅ Nabos: aportan materia orgánica e melloran a capacidade de infiltración da auga.
    ✅ Leguminosas (chícharos, veza, trevo) fixan nitróxeno atmosférico no solo para ser aproveitado por outros cultivos.
    ✅ Mostaza: é usada como desinfectante de solos, sobre todo para certo tipo de nematodos e fungos
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • Día da Muller Rural, falo coa Concelleira, Amalia Goldar, co xerente do GDR Ramiro Ruibal e con Kim Llobet.
    Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Abrimos unha fiestra semanal para visibilizar historias e proxectos que impulsan a equidade. Achegámonos a figuras inspiradoras, descubrimos persoas que romperon barreiras, reflexionamos sobre desigualdades e celebramos logros que aínda hoxe seguen sendo pouco coñecidos. Un espazo para aprender, emocionarse e comprometerse cun mundo máis xusto.
    Hoxe falamos do Día da Muller Rural 2025 , con Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, así como a de Urbanismo e Ramiro Ruibal, Xerente GDR Terras Pontevedra Norte
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • 09-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    4 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 09-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    06:55
    #Horta David Castellanos danos consellos para ter unha horta productiva.
    21:37
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    24:45
    #concurso, de RG AQUACLIMA, sorteamos unha estufa de pellets de 9KW
    27:05
    #Igualdade, falo con Kim Llobet, Amalia Goldar e Ramiro Ruibal sobre a celebración do Día da Muller Rural.
    41:25
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    45:10
    #Actualidade, Falo con Ricardo Durán sobre a XGN Intermax, que se celebra do 10 ao 12 de outubro en Silleda.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    58 min
  • Espertador SALTA DA CAMA xoves 09-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 25 min
  • Falo con Santiago Gómez da presentación dos tres libros interactivos sobre as mouras, mouros e os seus tesouros.
    A Casa dás Letras da Estrada acollerá este xoves a presentación de tres libros infantís: As tres mouras dá Fonte Lantana, Antón e a Moura do Lameiro de Viana e Ou tesouro do Castro dá Veiga. Falo con un dos autores, Santiago Gómez Fuentes.
    "Buscamos facer un recurso educativo, plantexamos un xogo sobre comprensión lectora. Unha vez rematado o libro no videoxogo van superando diferentes misións, que van sobre diferentes cuestións que lle pasan aos personaxes ao longo do libro".
    "Xoan Carlos é un experto en toda esta riqueza que temos en Galiza que son as lendas de mourindade e sobre todo a importancia educativa que teñen".
    "Estes libros están pensados para un público de 6 a 15 anos".
    O acto contará coa participación dos autores: Xoán Carlos García Porral, Santiago Gómez Fuentes e Gabriel Iglesias Sanmartín. E con Pilar Bernárdez, responsable de "O Recuncho da lingua" e de Lucía Seoane, Concelleira de Cultura do Concello da Estrada. Tamén contará coa lectura de partes dos libros por Triana Mogo e Valeria Orosa do CEIP O FOXO.
    Santiago Gómez Fuentes foi quen se encargou da realización do xogo dixital vinculado ao libro. O xogo dixital ten un carácter de "cumprimento ao libro" e busca ser unha ferramenta de aprendizaxe complementaria tanto para nenas/os como para adultas/os.
    O libro fai parte dunha colección de mitos e lendas infantís, intentando poñer en valor a memoria colectiva, as lendas locais galegas, sobre mouros, mouras e tesouros.
    As últimas páxinas dos tres títulos da triloxía inclúen un apartado didáctico con explicacións e actividades para que os lectores poidan “comprobar o aprendido”
    Xoves 9 de outubro
    20:00 h
    Casa das Letras
    MERCAR LIBROS: https://www.edicionsfervenza.es/search?controller=search&orderby=position&orderway=desc&search_query=mouras&submit_search=
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    11 min
  • Instagram cumpre 15 anos: 15 anos de cambios, innovación e impacto, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: Instagram cumpre 15 anos: 15 anos de cambios, innovación e impacto
    "Instagram lanzouse o 6 de outubro de 2010, creada por Kevin Systrom e Mike Krieger, como unha aplicación para compartir fotografías dende dispositivos iOS".
    " En 2012 Instagram lanza a súa versión para Android e ese mesmo ano é comprada por Facebook".
    "En 2019, a conta @world_record_egg publicou a foto dun simple ovo e logrou o récord do post con máis “gústames” da historia. Máis de 60 millóns de likes".
    Instagram cumpre 15 anos: 15 anos de cambios, innovación e impacto
    Hoxe quero facer un balance dunha das plataformas que máis cambiou a forma de comunicarnos, de facer marketing e mesmo de mirar o mundo visualmente: Instagram, que cumpreu 15 anos este luns.
    Imos repasar como comezou, que foi incorporando ao longo do tempo, algúns fitos importantes e tamén curiosidades que quizais non todo o mundo saiba.
    Orixe
    Instagram lanzouse o 6 de outubro de 2010, creada por Kevin Systrom e Mike Krieger, como unha aplicación para compartir fotografías dende dispositivos iOS.
    En poucos meses comezou a medrar a un ritmo incrible: en decembro dese mesmo ano xa contaba con máis dun millón de contas creadas.
    Evolución
    ✔️2011 Novo logotipo e primeiros millóns de usuarios. En marzo aparece o logo “clásico” da cámara antiga.
    ✔️2012 Instagram lanza a súa versión para Android e ese mesmo ano é comprada por Facebook.
    ✔️2013 Engádese o formato de vídeo curto, completando as publicacións de fotos.
    ✔️2014 Chegan as mensaxes directas (DMs) e a comunidade segue medrando rapidamente.
    ✔️2015 Rompe co formato cadrado exclusivo: por fin se poden subir fotos horizontais e verticais.
    ✔️2016 Nacen as Stories, inspiradas en Snapchat, e introdúcese o novo algoritmo que ordena o contido por relevancia, non por orde cronolóxica.
    ✔️2017–2018 Aparecen os posts en carrusel, o IGTV para vídeos longos e novas ferramentas de vídeo.
    ✔️2019 Instagram aposta polo comercio electrónico: etiquetas de produto, “shopping” e compras sen saír da app.
    ✔️2020 Lanzamento de Reels, o formato de vídeos curtos que compite directamente con TikTok.
    ✔️2021 en diante Live Rooms, máis ferramentas de edición, integración de tenda, filtros e vídeos con intelixencia artificial.
    Cambios que marcaron o uso e o modelo de negocio
    ✔️ Pasou de ser unha simple app de fotos a unha plataforma multifunción: fotos, vídeos curtos, vídeos longos, historias efémeras e directos.
    ✔️ O algoritmo converteuse no motor principal, personalizando o que vemos e cambiando a forma de consumir contido.
    ✔️ Nacemento de novos perfís profesionais: influencers, creadores de contido, marcas e pequenas empresas que usan Instagram como escaparate.
    ✔️ A monetización chegou a través da publicidade, das colaboracións e das tendas integradas.
    ✔️ Instagram foi adaptándose á competencia: primeiro Snapchat, despois TikTok… e sempre incorporando o que funcionaba noutros espazos.
    Datos curiosos e anécdotas
    ✔️ Ao principio, Instagram só permitía fotos cadradas. Iso cambiou en 2015.
    ✔️ En 2019, a conta @world_record_egg publicou a foto dun simple ovo e logrou o récord do post con máis “gústames” da historia. Máis de 60 millóns de likes.
    ✔️ En abril de 2012, Instagram xa tiña 100 millóns de usuarios activos.
    ✔️ A finais de 2014, superaba os 300 millóns ao mes.
    ✔️ Os filtros foron clave no seu éxito: fixeron que calquera foto parecese profesional, e cambiaron por completo a estética das redes sociais.
    O que significa hoxe
    ✔️ Instagram xa non é só “a app das fotos”: é un ecosistema completo de comunicación, entretemento, comercio e marca persoal.
    ✔️ É importante adaptar o contido a cada formato: stories, vídeos curtos, carruseles ou directos.
    ✔️ A tendencia actual é cara á autenticidade: o público busca contidos reais, naturais e cercanos, máis aló da perfección estética.
    En resumo, estes 15 anos de Instagram mostran como unha idea sinxela —compartir fotos dende o móbil— puido transformarse nun fenómeno global que marcou a cultura dixital.
    Instagram cambiou a maneira en que nos mostramos, descubrimos cousas e nos relacionamos coas marcas. E o futuro promete máis cambios: máis vídeo, máis realidade aumentada, máis intelixencia artificial...
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    20 min
  • 08-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    5 min
  • Magacine SALTA DA CAMA mércores 08-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    ‍ 06:50
    #Comunicación Actual / Comunicación Amodiño axúdanos a xestionas as nosas redes sociais.
    23:50
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    28:40
    #concurso, de RG AQUACLIMA, sorteamos unha estufa de pellets de 9KW
    ❤️30:40
    #revistas Ricas e Famosas, repaso ás portadas das revistas do corazón.
    36:25
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    42:05
    #Actualidade, Falo con Santiago Gómez, da presentación de mañán dos tres libros sobre as lendas das mouras, mouros e os seus tesouros.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    55 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!