Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • O CASINO DA ESTRADA. En Relatos Urbanos a historia da Estrada, por Ricardo Terceiro
    En “Relatos Urbanos” Ricardo Terceiro achéganos a historia da Estrada. Lembranzas que reconectan coas raíces e coa sensibilidade da vida cotiá do noso pobo. Memoria local e ollada persoal conflúen nun espazo sonoro para quen quere escoitar a voz do pobo e sentirse parte dela.
    "O edificio onde estaba o "Casino", o Recreo Cultural, construeuse no ano 1927".
    "O Recreo Cultural pode lle deba o seu nome de "Casino", porque alí se xogaban timbas fortes, nas que se apostaban cartos".
    "Houbo porteiros míticos como Pepe do pueblo ou Suso Luna, que trataban de impedir que os que nos éramos socios nos coláramos, pero case sempre o conseguíamos".
    O antiguo “Casino” na “Farola”.
    A ubicación na “casa do Escobeiro” ou “Casa do Capón”
    O personal do casino.
    Centro de xogo. Timba. Xogos de cartas con cartos por medio.
    Unha mesa de billar.
    Os cadros de Castelao, “Cego de Romeria” e “Moza con Cabuxa”
    O Cadro de Corredoira olvidado nunha leñeira e rescatado por Chicote
    Os trucos para entrar sen ser socio.
    O Bingo do Club Deportivo Estradense.
    A Asociación Cultural A Estrada.
    Café “A Farola” , o pasado en conserva.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    21 min
  • 06-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    4 min
  • Magacine SALTA DA CAMA luns 06-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    ‍ 07:22
    #RelatosUrbanos Ricardo Terceiro, Hoxe falamos do Casino
    28:10
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    ‍ 30:05
    #Consumo Falamos da charla desta tarde no MOME sobre compras e alugueres inmobiliarios, con Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar e Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada.
    ⚽️46:20
    #Avance informativo e resumo deportivo con Damián Cortés e Rafa Vázquez.
    ‍ 58:04
    #empresa Ante a gran demanda do mercado no sector da fontanería Gonzalo e Juan decidiron dar un paso adiante e montar a súa empresa. RG Aquaclima. E queren sortear unha estufa de Pellets en Radio Estrada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 11 min
  • Espertador SALTA DA CAMA luns 06-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 19 min
  • Deixámosche as ligazóns de canles gatuitas para ver series, por Pedro Pérez
    #CineTv Pedro Pérez acheganos novidades e curiosidades de cine e tv. Imos contigo ás salas de cine e á pequena pantalla para contarche as novidade, curiosidades do cine, recomendacións e críticas que che axudan a escoller que ver. Un espazo pensado tanto para amantes do cine coma para os que buscan unha guía clara e próxima á hora de decidir que película ou serie disfrutar.
    Hoxe falamos de canles gratuitas para ver series
    "Youtube sorprenderate a cantidade de películas, series e sobre todo webseries que podes atopar no contedor audiovisual máis importante do mundo".
    "Pódese ver na tele ou descargalo no móbil. Unha marabilla. Hai de todo e todo, un arquivo infinito de contidos".
    "Son películas e series asiáticas de Corea do Sur – China – Xapón – Tailandia – Filipinas. Sorprende pola súa calidade e pola variedade de material que podes atopar".
    CANALES GRATUITOS PARA VER SERIES
    Netflix, Prime, Disney+, HBO, Movistar?
    Comezamos por estas plataformas que ofrecen un bo servizo, pero valen cartos. Hai que suscribirse e pagar.
    E non solo eso, é que por riba meten publicidade. Queren colarcha pola calidade de emisión, ou tes que ter moito coidado en non “clickar” onde non debes porque podenche cobrar incluso o que ves. Como por exemplo en Amazon Prime.
    Ante todos estos abusos. Hai otras canles.
    ✔️YouTube (Cinetel Medios): https://www.youtube.com/@CINETELMULTIMEDIA
    Pois si, Youtube. Sorprenderate a cantidade de películas, series e sobre todo webseries que podes atopar no contedor audiovisual máis importante do mundo.
    Sen ir máis lonxe “A Casa da Troia” ou o “Pazo de Oca”.
    Por suposto non temos estreas, pero si cantidade de cousas.
    ✔️PLUTO TV: https://pluto.tv/es/live-tv/5f984f4a09e92d0007d74647?utm_source=google&utm_medium=textsearch&utm_campaign=11303955803&utm_content=110079208479&utm_term=plutotv&utm_creative=471418324248&device=c&gad_source=1&gad_campaignid=11303955803&gclid=CjwKCAjw6P3GBhBVEiwAJPjmLoxjyD2d9Zi_KxWT0BZLw5aC9BOdj6Yuaeam4bdR4Dgj7GxsoTVA0hoC9ncQAvD_BwE
    Con opción para o móbil ou PC. Pluto é gratuíto e ten publicidade.
    Nada… cubres 4 datos e a ver películas e series.
    Pluto ten 2 xeitos de visualizar:
    On demand
    É dicir, ao estilo Netflix: hai un catálogo con centos de películas e series e escolles o que che gusta.
    En vivo
    A calquera hora que entres verás unha chea de canles onde están poñendo cousas e ti escolles a que che apeteza.
    ✔️RTVE Play: https://www.rtve.es/play/
    Pódese ver na tele ou descargalo no móbil.
    Unha marabilla. Hai de todo e todo o que botan cada día na 1 e na 2 de TVE.
    Un arquivo infinito de cousas e ollo que agora van engadir o famoso NO-DO.
    Sobre todo documentais: hai centos de todo tipo e categorías.
    ✔️AGALEGA.GAL: https://www.agalega.gal/
    Series da TVG: Padre Casares, Matalobos, Marcas Vivas, outras fantásticas e todas as novas. Películas galegas ou internacionais dobradas ao galego.
    Curtametraxes e series web. De feito vimos “O último día de Terranova” en PANIC.
    Programas da TVG e infantís. Hai moitas cousas para criticar á CRTVG, pero Ágalega.gal é para FELICITALOS.
    ✔️Cine.ar: https://cine.ar/
    Cine arxentino. Subscríbeste, dando un par de datos e tes acceso a centos de películas. Segundo escoitei, as políticas de recortes de Milei en Arxentina queren acabar coas axudas ao cine. Ou xa acabaron e tamén con esta web. Funciona, pero non se mete nada novo.
    ✔️ Doramasflix.io: https://doramasflix.io/
    Son películas e series asiáticas de Corea do Sur – China – Xapón – Tailandia – Filipinas.
    Neste caso sen subtítulos, creo que non hai ningunha dobrada ao castelán.
    Utiliceina moi pouco, pero sorprende pola súa calidade e pola variedade de material que podes atopar.
    ✔️O resto de plataformas... MiTele → de Mediaset: Tele5, Cuatro, FDF, Energy.
    Pero anuncios continuos… moi pesada e para iso véxoa na tele convencional.
    Despois hai outras como Atresplayer con moitos anuncios e outras que che din que é gratis e logo pídenche cartos. VIX (Atresplayer), VUDU, CRACKLE.
    Máis Información PEDRO PÉREZ:
    ✔️Web: http://www.panic.aestrada.gal/
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/panicaestrada/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    28 min
  • Xacarandaina actua este domingo na Estrada con un percorrido pola música e os bailes do país, Falo con Quique Peón
    A través do programa Danza 3 da Xunta de Galicia, Xacarandaina aterra no festival 6 Coreógrafas da Estrada para amosar o traballo dunha agrupación que é algo máis ca un ballet folclórico ou unha banda de gaitas. Xacarandaina é un dos grandes recupe- radores do folclore tradicional e un exemplo da arte popular de Galicia. Falo con Quique Peón.
    "Dende hai case 50 anos levamos facendo un traballo de investigación, de recollida de campo e de posta en valor do folclore tradicional de Galicia".
    "É unha actuación de rúa onde se van ver distintos bailes e músicas que van ir pasando, que van facer un recorrido polo país. E o que se intenta ao final é que nos sintamos orgullosos da nosa propia cultura".
    "Eu creo que os grupos folclóricos o que menos teñen que facer é innovar, o que teñen que facer é gardar a tradición o máis pura posible".
    O Grupo de Música e de Bailes Tradicionais Xacarandaina formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O seu obxectivo principal e fundamental é a investigación e a interpretación do folclore do xeito máis fiel posible de como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido coa realidade. Pretende, polo tanto, ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.
    Para conseguir o seu obxectivo, o Grupo desprazase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantisimo traballo de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autoctonos. Froito deste labor, o Grupo ten recollidos e montados a redor de 150 bailes e outras tantas pezas de música.
    No momento da súa formación o Grupo estaba composto por trinta persoas e dirixiano Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade, o Grupo confirmano, aproximadamente, uns 50 compoñentes, na súa maioria procedentes da escola de Xacarandaina.
    O Director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina é, desde novembro de 1.982, D. Henrique Peón Mosteiro.
    Domingo 5 de outubro
    12:30h.
    Praza do Concello
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • Mercadiño de segunda man na Estrada, falo con Mónica García Goldar presidenta de Conciencia Galicia
    Falo con Mónica García Goldar presidenta de Conciencia Galicia, un colectivo con fins medioambientais que é quen organiza o mercadillo de segunda man na Estrada.
    "Conciencia Galicia é unha asociación que busca promover o coidado do medioambiente e concienciar á xente sobre a importancia da economía circular de consumir de forma responsable".
    "A xente que vai dar os obradoiro son expertos na súa materia e son de balde".
    "A xente xoven que queira vender as súas cousas pódense apuntar para vender as súas cousas de segunda man. E todo o mundo que queira pódese achegar a mercar".
    Venres 5 de outubro en horario de tarde (de 16.30 a 20.00 horas); o sábado en horario de mañá e tarde (de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas) e o domingo só pola mañá (de 10.00 a 13.30)
    Sala Abanca, A Estrada
    ROUPA, LIBROS, XOGUETES…
    VEN VENDER O QUE XA NON NECESITAS!
    SE TES ENTRE 18-35 ANOS, ESCRIBE A: [email protected]
    Mercadiño sustentable no que as mozas e mozos galegos poidan poñer á venda toda a roupa e aparellos que xa non empregan. Debe terse en conta que, por fortuna, o mercado de segunda man está máis en auxe que nunca, co xordimento de certas aplicacións como Vinted ou Wallapop que permiten comprar toda clase de productos que están todavía en bo estado a un custe menor que se fose a estrear.
    Arredor desta idea principal tamén se proxectan outras actividades que reflicten igualmente sobre a necesidade actual de vivir de forma máis acorde coa natureza, coma o obradoiro de alimentación saúdable, no cal se fomentará o consumo de froitas, legumes e verduras de tempada e de proximidade, ou a importancia de coidar a saúde mental, pois corpo e alma é todo un.
    O Mercadiño sustentable está proxectado para levarse a cabo na vila da Estrada, na fin de semana 3 a 5 de outubro de 2025.
    Obradoiros de:
    “Pes que sanan: reflexoloxía podal para o día a día”, por Mari Carmen Matalobos – Venres 3, de 17 a 20 horas
    “Iso é legal?: Curso básico de Dereito”, por Rubén Aguilar – Sábado 4, de 11 a 12:30 horas
    “Benestar e saúde mental na Xuventude”, por Lucía Baamonde – Sábado 4, de 17 a 18:30 horas
    “Suma Saúde”, por Raúl Ares – Sábado 4, 19 a 20 horas
    “Qigong e respiración consciente”, por Fernando Salgado – Domingo 5, 11 a 13 horas
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    10 min
  • Lucia Mejuto foi a afortunada gañadora do sorteo de unha excursión a Pena Aventura da ACX Río Gallo de Cuntis
    No sorteo celebrado en directo, coñecemos á persoa afortunada que levou o premio do concurso da Asociación Río Gallo.
    Entre todas as participacións recibidas, a sorte quixo que o agasallo fose para Lucía Mejuto .
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    3 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 03-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    05:52
    #concurso, de Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo. Regalo excursión a Pena Aventura. Gañadora Lucia Mejuto de Teo.
    07:57
    #2ªman Falo con Mónica García sobre o mercadiño de 2ª man desta fin de semana.
    15:33
    #CineeTV Pedro Pérez fálanos das plataformas gratuitas para ver series e películas.
    42:40
    #Avanceinformativo e previa de #deportes con Damián Cortés e Rafa Vázquez.
    51:12
    #Actualidade, Xacarandaina actúa este domingo no Concello da Estrada , falo con Quique Peón
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 7 min
  • Espertador SALTA DA CAMA vernes 03-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 28 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!