Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Hoxe ás 19:00h na Casa das letras, TOPONIMÍZATE. Falo con Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada
    Falo con Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico de Galicia Nomeada e do Seminario de Onomástica da RAG. que hoxe impartirá unha charla a partir das 19:00 horas, na Casa das Letras. A Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua convidan a todas as persoas e entidades comprometidas coa salvagarda e difusión do noso patrimonio inmaterial para que asistan a unha charla onde se explicará como poden participar no maior proxecto colaborativo de recolla de microtopónimos, Galicia Nomeada.
    "O principal que ten que saber a xente é que somos un país rico en topónimos... E non podemos permitir desde o punto de vista cultural que se sigan perdendo".
    "O marabilloso deste traballo é que é un proxecto interxeracional e de intergración, sobre todo por que se valora a sabiduria dos noso maiores".
    "Imaxínate que Galicia Nomeada é un mapa dixital, con toda a información que imos ter aí sobre o mapa".
    Accede á páxina: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio
    App PLAYSTORE: https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.xunta.galicianomeada&hl=gl
    App APPLE STORE: https://apps.apple.com/es/app/galicia-nomeada/id1491014430
    A cita tamén é importante por outro motivo: A Estrada é un dos dez concellos galegos con máis superficie territorial e o terceiro en número de entidades de poboación. Porén, o inmenso patrimonio toponímico que atesoura o municipio estradense non se ve correspondido en Galicia Nomeada, xa que desde o lanzamento da plataforma para a recolla da nosa microtoponimia só foron 287 as achegas públicas que se recibiron para sumar un total de 807 topónimos en todo o seu territorio. Compárese con concellos cunha superficie semellante, como Guitiriz en Lugo ou A Veiga en Ourense que suman 4.904 e 5.290 topónimos, respectivamente. Por tanto, A Estrada ten practicamente todos os nomes das súas leiras, montes, regueiros, camiños, penedos... sen rexistrar e todos eles corren un gran risco de perderse.
    O principal obxectivo da charla será, xa que logo, sumar o maior número posible de colaboradores que comecen a rexistrar a microtoponimia estrandense. O funcionamento da plataforma Galicia Nomeada será un dos principais temas que se abordará nesta charla co fin de facilitarlles a colaboración ás persoas que decidan sumarse ao proxecto para recoller os microtopónimos das súas aldeas e parroquias. Daquela, Vicente Feijoo ensinaralles aos asistentes as funcións básicas da aplicación: como darse de alta, como engadir novos topónimos; como anexar imaxes ou arquivos de audio na ficha dun topónimo; como facer suxestións sobre nomes mal rexistrados ou mal situados etc.
    Outras das seccións que ocupara boa parte da charla Toponimízate da Estrada será a dedicada a descubrir as curiosidades sobre a súa toponimia, isto é, a orixe e significado dos nomes da súas parroquias (50) e aldeas (517). Aínda que, a diferenza doutros concellos aos que chega a campaña, non vai ser unha novidade porque xa están publicadas dúas obras fundamentais que tratan sobre a etimoloxías destes topónimos maiores: Toponimia da Estrada, de Fernando Cabeza Quiles, publicado pola Real Academia Galega; e Os nomes da Estrada, de Clara Iglesias Cortizo. Entre tanta riqueza toponímica que atesoura a Estrada, non é de estrañar que haxa alfaias únicas, como Curantes, topónimo posiblemente prerromano e de significado descoñecido; ou Tabeirós, documentado na antigüidade como Tavariolos, Taveriolos, Taveirolos e Taveiriolos e considerado un hidrónimo prerromano.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    16 min
  • Falamos con Marisé García dos novos cursos da Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (AMARUGA)
    Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Abrimos unha fiestra semanal para visibilizar historias e proxectos que impulsan a equidade. Achegámonos a figuras inspiradoras, descubrimos persoas que romperon barreiras, reflexionamos sobre desigualdades e celebramos logros que aínda hoxe seguen sendo pouco coñecidos. Un espazo para aprender, emocionarse e comprometerse cun mundo máis xusto.
    Hoxe falamos con Marisé García da Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (AMARUGA)
    “O monte pode supoñer un nicho de traballo para moitas mulleres, ao igual que os homes, que desexan vivir no rural, e do rural”.
    “Estes cursos, que pretenden a posta en valor dos nosos montes, están dirixidos a calquera persoa que teña interese neste tema, con independencia do xénero ou da idade”.
    “Poñer a maioría dos nosos montes a producir facendo unha xestión responsable supón un reto moi importante para Galicia, non vai ser nin rápido nin doado, pero a concienciación da necesidade e da posibilidade, é un paso moi importante para o futuro do rural galego”.
    Novos cursos: 2025-2026
    ✅Circularidade forestal: O futuro do teu monte
    ✅Innovacións en madeira: novas oportunidades de negocio para o pequeno propietario
    ✅Certificación e trazabilidade: vender máis e mellor
    Tódalas persoas interesadas en participar poden solicitalo no nº de teléfono: 981 58 75 65, ou ben no correo: [email protected]
    Un ano mais, a Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (AMARUGA), solicitou os cursos que pretenden a posta en valor dos nosos montes coa produción de madeira ordenada e certificada para aumentar o seu valor, e en consecuencia os beneficios económicos que as persoas propietarias poidan sacar de estes, así coma os beneficios ambientais para o noso ecosistema, e os paisaxísticos para o noso rural, ao tempo que colaboran na protección contra os incendios forestais axudando a preservar destes ós núcleos de poboación e infraestruturas imprescindibles para acceso dos medios contra incendios ou a fuxida das persoas en caso de ser preciso; cousa absolutamente imprescindible a xulgar o acontecido este ano en diferentes puntos da xeografía nacional. Estes cursos ou xornadas informativasformativas están subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados pola Axencia Galega da Industria Forestal, están dirixidos a calquera persoa que teña interese neste tema, con independencia do xénero ou da idade, se ben é certo que tamén se busca espertar un interese mais igualitario entre homes e mulleres, xa que o sector feminino á hora de tomar decisións sobre a xestión dos montes descargan mais a responsabilidade nos homes do seu entorno inda que sexan elas as persoas titulares das parcelas; así mesmo, tamén o monte pode supoñer un nicho de traballo para moitas mulleres, ao igual que os homes, que desexan vivir no rural, e do rural. Poñer a maioría dos nosos montes a producir facendo unha xestión responsable supón un reto moi importante para Galicia, non vai ser nin rápido nin doado, pero a concienciación da necesidade e da posibilidade, é un paso moi importante para o futuro do rural galego.
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    18 min
  • O Club de lectura da Estrada abre o prazo de inscripción, falo con Aarón Cabado
    Abriu o prazo de inscrición para anotarse no Club de Lectura, que inicia o curso 2025-2026.
    "O club de lectura está aberto para todo tipo de xente, fanse reunións cada quince días ou así dependendo do grupo".
    "Aos que nos gusta ler tamén nos gusta falar sobre as cousas que nos evoca, as cousas que nos gustarón e as cousas que non nos gustaron. Aínda que suele haber unha bontade maior por escoitar as opinións dos outros".
    "Os libros elixeos a coordinadora dependendo do catálogo da biblioteca de Galicia. Ninguén ten a obriga de asistir a todas as reunións".
    As reunións do club celebraranse na biblioteca municipal cada quince días, os sábados pola mañá, de 11.00 a 13.00 horas.
    ✔️Para inscribirse:
    Na biblioteca ou no número de teléfono 613 071 166
    A Biblioteca Municipal da Estrada, ou biblioteca Mario Blanco, é unha biblioteca pública de titularidade local, pertencente ao Concello da Estrada. Está situada no edificio A Casa das Letras, na avenida Benito Vigo, número 58.
    A biblioteca está integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
    O horario de apertura durante a meirande parte do ano é o seguinte:
    Luns a venres:
    – Mañá de 9:00 a 14:30
    – Tarde de 16:00 a 21:30
    Sábado:
    – Mañá de 10:00 a 13:00
    Do 15 de xullo ao 15 de agosto, o horario é de luns a venres, en horario de mañá (de 9:00 a 14:30).
    Hai dúas formas de darse de alta como socio da biblioteca: de xeito presencial ou a través deste enlace: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl
    A través do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é posible buscar libros, facer renovacións, reservas, suxestións de compra ou acceder a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros en forma electrónico e audiolibros.
    Podes acceder ao catálogo dende aquí: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
    Contacto en [email protected] ou no teléfono 986573188.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    12 min
  • 02-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    5 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 02-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    07:20
    #ClubDeLectura Falo con Aarón Cabado sobre a apertura de matrícula do club de lectura da Estrada.
    20:35
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    17:27
    #concurso, de Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo. Regalo excursión a Pena Aventura.
    23:42
    #Igualdade, falo con Kim Llobet e con Marisé García sobre os curso que oferta a Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (AMARUGA)
    40:00
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    48:40
    #Actualidade, Falo con Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico de Galicia Nomeada e do Seminario de Onomástica da RAG. sobre a charla que terá lugar hoxe ás 19:00h na Casa das letras.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 7 min
  • Espertador SALTA DA CAMA xoves 02-10-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • A Galería Dispara acolle a Exposición fotográfica "Tú quédate aquí, ahora vuelvo". Falo con Tono Arias e Jesús Umbría.
    Este sábado ás 19:00h. Inaugurase a exposición "Tú quédate aquí, ahora vuelvo", unha selección dos catro artistas que forman o colectivo "Quatro amigos", Jesús Umbría, Filippo Poli, Mischa Lluch e Jens York.
    Tono Arias: "Contamos coa axuda de Juan Valbuena, para deseñar esta exposición de catro artistas completamente distintos. Na que poderemos ver o mundo desde perspectivas moi diferentes".
    Jesús Umbría: "Sabemos que Tono Arias é unha persoa con un gran criterio, moi respetada e moi apaixoada, para nós é un pracer expoñer aí".
    "Todos temos certa vinculación coa imaxe aínda que non vivamos da fotografía. Si temos un ánimo de que a nosa práctica sexa seria e producir coas mellores calidades".
    Exposición "Tú quédate aquí, ahora vuelvo": Colectivo Quatro amigos, Jesús Umbría, Filippo Poli, Mischa Lluch e Jens York
    Sábado 4 de outubro
    19h.
    Virxinia Pereira nº4 baixo, A Estrada
    ☎️986 58 49 09
    No 2012 Tono Arias inicia o proxecto "DISPARA"un espazo web, galería e librería destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía.
    Máis Información TONO ARIAS “DISPARA XESTIÓN CULTURAL”:
    ✔️ Páxina Web: http://dispara.org/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Dispara-Xesti%C3%B3n-Cultural-333363466733377/
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/DisparaCultura
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/dispara.cultura/
    ✔️ Teléfono: (+34) 986584909 / 661494978
    ✔️ Correo: [email protected]
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • Nin contigo nin sen ti: a relación do usuario coa publicidade dixital, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: " Nin contigo nin sen ti: a relación do usuario coa publicidade dixital".
    "A relación do usuario coa publicidade dixital está a mercé de múltiples contradicións".
    "A preferencia polas redes sociais como canle publicitaria dixital é particularmente acusada entre os mozos de 18 e 34 anos".
    "A pesar da tendencia xeneralizada a ignorar os anuncios nas redes sociais, os mozos son máis benévolos á hora de xulgar a relevancia da publicidade nestas plataformas".
    Nos tempos que corren resulta case imposible incursionar na rede de redes (xa sexa en páxinas web ou en aplicacións) sen que nos topemos de golpe con anuncios practicamente en cada esquina.
    E aínda que pola súa natureza confusa, moitos usuarios odian deliberadamente a publicidade dixital, saben tamén perfectamente que dela depende tamén en boa medida a gratuidade da internet. Quizais por esta razón a relación do usuario coa publicidade dixital está a mercé de múltiples contradicións.
    Segundo un recente estudo de Opti Digital o 32,55% dos usuarios españois prefire os anuncios emprazados nas redes sociais. O 24,16% decántase, en cambio, pola publicidade dixital nos sitios webs con contido editorial e o 15,44% polas aplicacións.
    Convén en todo caso facer notar o 20,47% dos usuarios españois consultados por Opti Dixital no marco da súa investigación pon de relevo que a publicidade dixital non está en realidade ben integrada nin nas redes sociais nin as webs de contido editorial nin nas apps.
    As redes sociais son a canle onde a publicidade dixital resulta máis aceptable
    A preferencia polas redes sociais como canle publicitaria dixital é particularmente acusada entre os mozos de 18 e 34 anos. O 40,85% dos usuarios desta franxa de idade considera que a publicidade está mellor integrada nas redes sociais. E só o 11,27% laméntase de que os anuncios están mal integrados en todas as canles dixitais.
    Pola súa banda, os grupos demográficos de usuarios de entre 35 e 54 anos e maiores de 55 anos mostran unha predilección menos marcada pola publicidade nas redes sociais. E aínda que moitos a contemplan como a mellor opción (29,9%), unha proporción similar dá conta da súa preferencia polos sitios de contido editorial (23,78%).
    A pesar de que o 32,55% dos usuarios españois consideran que as redes sociais son as plataformas onde os anuncios están mellor integrados, o 41,63% admite simultaneamente que ignora a publicidade nas plataformas 2.0, un dato que pon de relevo a crecente fatiga publicitaria coa que loita a día de hoxe o consumidor nas plataformas dixitais.
    A fatiga publicitaria azouta ao usuario nas canles dixitais
    Esa fatiga publicitaria asoma ademáis a pezuña en todos os grupos de idade. O 42 % dos usuarios de entre 18 e 54 anos declara que non presta demasiada atención aos anuncios en redes sociais, unha cifra que aumenta lixeiramente ao 48 % entre os maiores de 55 anos.
    A pesar da tendencia xeneralizada a ignorar os anuncios nas redes sociais, os mozos son máis benévolos á hora de xulgar a relevancia da publicidade nestas plataformas. O 46,48 % dos usuarios de entre 18 a 34 anos considera que os anuncios nas redes sociais adoitan facerse eco dos seus intereses, fronte ao 29,57 % no grupo demográfico de usuarios de 35 a 54 anos e o 16,96 % entre os maiores de 55 anos.
    Se apalancamos especificamente a mirada nas webs e aplicacións de contido editorial, o formato publicitario preferidos nesta canle é o que se acubilla nos vídeos curtos. O 44% dos consultados expresa especificamente a súa preferencia polos vídeos curtos.
    Os usuarios menores de 55 anos conceden, por outra banda, maior relevancia á integración natural dos anuncios nas plataformas en que estes se aloxan. O 46,29% das persoas entre 18 e 54 anos declaran que os anuncios máis atractivos son aqueles que encaixan de forma natural co contido (en termos de deseño), un proporción que se reduce, pola contra, ao 26,79% entre os maiores de 55 anos.
    A publicidade especialmente enfocada aos intereses do usuario atopa adeptos sobre todo e ante todo entre os mozos de entre 18 e 34 anos. O 52,11% ponlle a este tipo de publicidade a etiqueta de atractiva, fronte ao 33,91% dos usuarios de entre 35 e 54 anos e o 38,39% dos maiores de 55 anos.
    Entre os máis novos existe igualmente unha clara preferencia polos formatos publicitarios innovadores. E só o 11,27% cataloga de atractivos os clásicos anuncios en formato banner, unha cifra que escala ata o 25,35% no caso dos anuncios interactivos e ata o 14,08% no caso dos anuncios incentivados.
    A publicidade dixital é un mal necesario a ollos do consumidor
    A sobreabundancia de anuncios nas contornas dixitais resulta razón de máis para que o 69,46% dos usuarios españois confese abandonar aqueles sitios con demasiada publicidade. Onde os anuncios resultan máis abundantes a ollos do usuario é nos portais de entretemento (57,38%), os portais de noticias (49,95%) e os portais de estilo de vida e pasatempos (27,85%).
    A pesar de que a demasía de anuncios é de xeito evidente un problema nas canles dixitais, o certo é que só o 4,36% dos usuarios españois expresa especificamente a súa vontade de pagar unha subscrición para regatear a publicidade, polo que o 96% prefire os anuncios para ter que rascarse o peto para poder acceder a determinados contidos. Así e todo, o 59% advirte que a súa aceptación dos anuncios mingua inevitablemente se estes tórnanse excesivos.
    A popularidade (escasa en todo caso) dos muros de pago aumenta coa idade. O 8,04% dos maiores de 55 anos están dispostos a pagar para evitar os anuncios, fronte ao 2,61 % no grupo de 35 a 54 anos e ao 1,41 % entre os mozos de 18 a 34 anos.
    Sempre que a abundancia de publicidade nas contornas dixitais é un queixume extraordinariamente común entre os usuarios, o 41,61% asegura que a posibilidade de omitir dos anuncios melloraría en termos xerais a súa experiencia de navegación en sitios web ou apps. E ao 39,6% gustaríalle ver menos anuncios.
    Pola súa banda, o 29,58% dos usuarios de entre 18 e 34 anos demanda unha maior variedade nos formatos publicitarios, unha proporción que encolle, en cambio, ata o 17,39% no grupo de 35 a 54 anos e ata o 16,07% no caso dos maiores de 55 anos.
    Aos usuarios de entre 18 e 34 anos moléstalles particularmente a publicidade dentro dos artigos. Neste sentido, o 42,25 % considera que eliminar este tipo de anuncios melloraría a súa experiencia en sitios web e apps, fronte ao 33,04 % dos usuarios de 35 a 54 anos e ao 30,36% dos maiores de 55 anos.
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    14 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 01-10-2025
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    4 min
  • 01-10-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    6 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!