Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos dos mitos sobre a crianza e dos estilos de apego.
"O burnout non é simplemente estar canso ou ter unha rachiña de estrés".
"A Organización Mundial da Saúde recoñece o "Burnout" como un fenómeno ligado ao traballo".
"Vivimos nunha cultura da produtividade. Parece que canto máis facemos, máis valor temos. Pero isto é unha trampa".
QUE É O BURNOUT
O burnout non é simplemente estar canso ou ter unha rachiña de estrés. Trátase dun estado de esgotamento físico, emocional e mental, derivado dunha exposición prolongada a situacións laborais esixentes.
A Organización Mundial da Saúde recoñéceo como un fenómeno ligado ao traballo, que se caracteriza por tres dimensións principais:
✔️ Esgotamento emocional: sentir que non se pode máis.
✔️ Despersonalización ou cinismo: actitudes negativas cara ao traballo ou mesmo ás persoas coas que traballamos.
✔️ Redución da realización persoal: sentir que non se está sendo eficaz ou que o que facemos non vale a pena.
O PORQUÉ DO BURNOUT
Vivimos nunha cultura da produtividade. Parece que canto máis facemos, máis valor temos. Pero isto é unha trampa.
Algunhas causas comúns do burnout son:
✔️ Xornadas excesivas, sen tempo real de descanso.
✔️ Falta de recoñecemento ou motivación.
✔️ Ambientes laborais tóxicos ou pouco estruturados.
✔️ A dificultade para desconectar, especialmente co teletraballo.
✔️ E algo moi importante: non poñer límites claros entre o traballo e a vida persoal.
A IMPORTANCIA DOS LÍMITES
Poñer límites non é ser pouco comprometido nin irresponsable. Todo o contrario. É unha mostra de responsabilidade con nós mesmos, coa nosa saúde, e tamén coa calidade do traballo que facemos.
Algunhas ideas clave:
✔️ Aprender a dicir non, ou polo menos, "agora non".
✔️ Desconectar fóra do horario laboral: non responder correos ou mensaxes de traballo fóra do horario, sempre que sexa posible.
✔️ Evitar levar o traballo á casa, tanto de forma física como mental.
✔️ Reservar tempo para o ocio, e darlle o mesmo valor que ao traballo.
QUE ENTENDEMOS POR OCIO
Ocio non é só non facer nada. É facer cousas que nos nutren, que nos fan sentir ben, que nos conectan con nós e cos demais.
Pode ser:
✔️ Pasear, practicar deporte, ler, pintar, xogar cun fillo ou unha filla…
✔️ Estar cunha persoa querida, sen pantallas nin distraccións.
✔️ Ter tempo para aburrirse, incluso. Porque do aburrimento tamén nace a creatividade.
O importante é que sexa un tempo libre de obriga, de presión, e, sobre todo, libre de traballo.
SINAIS DE ALERTA. Como saber se estou camiñando cara ao burnout?
Atende a sinais como:
✔️ Cansazo constante, mesmo despois de durmir.
✔️ Irritabilidade, cambios de humor sen motivo aparente.
✔️ Falta de motivación ou ilusión polo traballo.
✔️ Problemas para durmir ou desconectar.
✔️ A sensación de estar sempre na obriga, mesmo durante o tempo libre.
Se identificamos estes sinais, é momento de parar, reflexionar e buscar axuda, se é necesario.
ESTRATEXIAS PARA MANTER O EQUILIBRIO
Algunhas prácticas útiles para manter o equilibrio:
✔️ Planificar o día, incluíndo descansos reais.
✔️ Crear rutinas de desconexión: por exemplo, ao rematar o día laboral, facer un pequeno ritual que marque a diferenza (saír a dar un paseo, ducharse, cambiar de roupa...).
✔️ Cultivar relacións fóra do traballo.
✔️ Priorizar a saúde mental, igual que a física.
✔️ E se sentimos que non podemos sós, buscar apoio profesional. A terapia pode axudar a poñer nome ao que nos pasa e a atopar ferramentas.
⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas