Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Os Game Series Galicia chegan á Estrada, falo con Toño Matalobos.
    Falo con Toño Matalobos sobre os "Games Series Galicia" unha competición deportiva de referencia que reúne a atletas de toda Galicia e doutros puntos do Estado arredor do fitness funcional e as disciplinas de esforzo, resistencia e superación persoal.
    "O proxecto nace seguindo a tendencia que hai agora pola aficción ás carreiras híbridas".
    "A filosofía é que sexa asequible a todo o mundo, que se practique deporte dunha forma saudable e retarse nas distintas modalidades que hai".
    "Hai nove probas, e vese como vai "in crecendo"o esforzo e o sufrimento que fan os atletas".
    Ao longo das distintas sedes que se celebran durante o ano, os Games Series ofrecen un espectáculo cheo de intensidade, compañeirismo e emoción, que culmina coa súa gran final, converténdose nun punto de encontro entre atletas, público, marcas e patrocinadores.
    Con probas deseñadas para poñer a proba forza, resistencia e técnica, cada edición busca visibilizar o talento deportivo galego, fomentar un estilo de vida saudable e consolidar Galicia como escenario perfecto para grandes eventos de deporte.
    Probas:
    1º REMO: 500 metros
    2º SUBIDAS AO CAIXÓN: 30 repeticións alternando lado do caixón
    3º PORTEO ATLAS: 100 metros con balón de 30 quilos
    4º PASEO DO GRANXEIRO: 200 metros con dúas garrafas de 20 litros
    5º ABDOMINAL CON BALÓN Á DIANA: 30 repeticións con balón de 7 quilos
    6º ZANCADAS CON SACO: 60 metros co saco de 20 quilos
    7º REPTADAS: 50 metros reptando polo chan
    8º VOLTEO DE RODA: 20 metros de volteo
    9º BURPEE SALTO: 60 metros
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://gamesseries.gal/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    11 min
  • Dori Carbia, 2 medallas de ouro e un 4º posto no Trofeo Ciudad de Salamanca de Culturismo Natural
    Converso con Dori Carbia, que acaba de conseguir dúas medallas de ouro no Trofeo Ciudad de Salamanca de Culturismo Natural. Participou nas categorías
    Bikini+40, en Sport Model y Run Way. Durante a entrevista falamos da
    preparación que require un evento desta magnitude, dos valores do culturismo natural e dos retos que supón compatibilizar vida persoal e adestramento.
    Unha conversa motivadora para coñecer mellor o deporte desde dentro.
    "Tiña moitas ganas de ter esa sensación de subir ao máis alto do podium. Despois deste traballo tan duro e sobre todo, despois deste ano tan duro".
    "A min gústame socializar e levo ben o de compaxinar a miña vida social cos adestramentos, non son das que se queda en casa".
    "Iba un sen moitas espectativas, porque non me sentía ao 100%, pero ao final conseguín sobrepoñerme. E agora a pensar no Campionato de España".
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    12 min
  • Aula Saúde. Insomnio na menopausia, con Raquel Codesido,enfermeira de atención primaria,con experiencia en saúde pública
    O último xoves de cada mes temos a nosa Aula Saúde, en colaboración co Centro de Saúde da Estrada. Hoxe falamos do Insomnio na menopausia, con Raquel Codesido, enfermeira de atención primaria, con experiencia en saúde pública.
    “O insomnio é un dos síntomas máis frecuentes da menopausia e pode chegar a ser moi incapacitante”.
    “Na menopausa diminúen os niveis de estrógenos e proxesterona, hormonas que participan na regulación do soño”.
    “Non durmir ben afecta máis do que parece: provoca irritabilidade, baixa concentración, maior risco de depresión e tamén se relacionou con hipertensión e enfermidades cardiovasculares”.
    A menopausa é unha etapa natural, pero a miúdo vén acompañada de síntomas que inflúen na calidade de vida. Entre eles, o insomnio é un dos máis frecuentes e pode chegar a ser moi incapacitante. Non durmir ben non só xera cansazo, tamén ten impacto na saúde mental, no estado de ánimo, na concentración e mesmo na saúde cardiovascular.”
    Insomnio na menopausa: por que ocorre
    “Na menopausa diminúen os niveis de estrógenos e proxesterona, hormonas que participan na regulación do soño. Esta alteración hormonal facilita que aparezan dificultades para conciliar o soño ou espertases frecuentes.”
    “Os sofocos e suores nocturnas son moi habituais. Moito mulleres contan que espertan varias veces empapadas, o que interrompe constantemente o descanso.”
    “Ademais, a menopausa coincide moito veces cunha etapa vital cargada de responsabilidades: coidado de pais maiores, cambios laborais, fillos que se independizan… todo iso engade un compoñente de ansiedade ou tensión que empeora o insomnio.”
    “Non durmir ben afecta máis do que parece: provoca irritabilidade, baixa concentración, maior risco de depresión e tamén se relacionou con hipertensión e enfermidades cardiovasculares.”
    Hixiene do soño: estratexias prácticas (6–7 min)
    Rutinas regulares: deitarse e levantarse sempre á mesma hora.
    Evitar pantallas e luz azul pola noite: o móbil ou a tableta antes de durmir confunden o cerebro e atrasan o soño.
    Ambiente do dormitorio: fresco, escuro e silencioso.
    Ceas lixeiras e evitar café, té ou alcol pola tarde-noite.
    Exercicio físico regular: mellora o descanso, aínda que non debe facerse xusto antes de deitarse.
    Técnicas de relaxación: respiración, meditación, lectura lixeira.
    Sofocos nocturnos: consellos específicos
    “Os sofocos son unha das causas máis importantes de insomnio na menopausa. Non sempre se poden evitar, pero hai medidas que axudan a previlos ou a manexalos mellor”:
    Manter a habitación fresca, entre 18 e 20 °C, con ventilador ou aire acondicionado.
    Usar pixamas e sabas de algodón ou liño, evitar tecidos sintéticos.
    Durmir con capas lixeiras na cama, en lugar dun edredón pesado.
    Evitar desencadenamentos: comidas picantes, alcol, cafeína e tabaco.
    Practicar exercicio durante o día e coidar o peso, xa que a obesidade aumenta os sofocos.
    Ducha morna ou frita antes de deitarse.
    Practicar relaxación, mindfulness ou ioga, xa que a tensión empeora os sofocos.
    Ter a man auga fresca, un ventilador pequeno ou comprimidas frías para aliviar os episodios nocturnos.
    E cando os sofocos son moi incapacitantes, consultar co médico: existen tratamentos hormonais e non hormonais que poden axudar, sempre baixo supervisión profesional.
    “O insomnio na menopausa non é inevitable. Moito mulleres melloran aplicando estas medidas, sen necesidade de recorrer a medicación de maneira continua.”
    Benzodiacepinas e hipnosedantes: situación en España (5 min)
    “En España, o consumo de benzodiacepinas e hipnosedantes é moi alto. De feito, estamos entre os primeiros países europeos no seu uso.”
    “Moito veces prescríbense para tratar insomnio agudo, pero o problema é que tenden a manterse durante meses ou anos.”
    “As benzodiacepinas e outros hipnosedantes poden axudar de forma puntual, pero o seu uso prolongado conleva riscos: dependencia, perda de eficacia, somnolencia diúrna, problemas de memoria e, en persoas maiores, aumentan o risco de caídas e fracturas.”
    “Se miramos a outros países, como os nórdicos ou centroeuropeos, vemos que se aposta máis por terapias non farmacolóxicas: programas de hixiene do soño, terapia cognitivo-conductual para o insomnio, educación sanitaria. En España aínda temos tendencia a medicalizar demasiado.”
    “A mensaxe non é demonizar os fármacos: poden ser útiles en momentos concretos. Pero deberían ser a excepción, non a regra. O primeiro paso sempre debe ser traballar con medidas de hixiene do soño e, cando faga falta, apoiarse noutras estratexias máis seguras.”
    ✅ “O insomnio na menopausa é frecuente, pero non debemos normalizalo nin resignarnos a durmir mal.”
    “Hai ferramentas sinxelas e eficaces para mellorar o descanso sen depender exclusivamente de pastillas.”
    “A combinación de hábitos saudables, un bo acompañamento sanitario e, en casos puntuais, tratamentos médicos temporais, é o que realmente funciona.”
    ✅10 consellos rápidos para durmir mellor na menopausa
    1. Manter horarios regulares para deitarse e levantarse.
    2. Evitar pantallas e luz azul polo menos unha hora antes de durmir.
    3. Dormitorio fresco, escuro e silencioso.
    4. Usar roupa de cama lixeira e pixama de algodón ou liño.
    5. Evitar café, té, alcol, tabaco e comidas copiosas pola noite.
    6. Practicar exercicio físico diario, pero non xusto antes de deitarse.
    7. Facer unha ducha morna ou frita antes de durmir para reducir sofocos.
    8. Practicar técnicas de relaxación ou respiración profunda antes de deitarse.
    9. Manter un peso saudable e evitar a tensión excesiva.
    10. Consultar cun profesional sanitario se o insomnio ou os sofocos son moi incapacitantes.
    ✅“Durmir mellor na menopausa é posible, e merece a pena traballalo porque o soño é saúde.”
    ✅Respiración 4-7-8
    4sg de respiración
    7sg aguantar
    8sg exhalación
    17 min
  • 25-09-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    5 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 25-09-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    18:20
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    22:35
    #concurso, de Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo. Regalo excursión a Pena Aventura.
    26:10
    Aula Saúde, Kim Llobet. Falamos con Raquel Codesido sobre o Insomnio na menopausia.
    41:10
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    48:20
    Actualidade, Game Series Galicia, falo con Toño Matalobos.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 2 min
  • Espertador SALTA DA CAMA xoves 25-09-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • Tequexetéldere comeza curso o vindeiro outubro, falo con José Garrido que nos explica todas as actividades.
    Falo con José Garrido, xerente de Tequexetéldere.
    Tequexetéldere nace no ano 1990 e dende os seus comenzos tivo clara que gran parte do seu esforzo tiña que encamiñarse á conservación e recopilacion de todo o concerninte á nosa etnografia (cantos, bailes , músicas, xogos, vestimentas, etc.) Que teñan como prolongación o traballo que desenrrola derriba dos escenarios en cada unha das suas actuacións.
    "A xente que o desexe pode vir probar unhas clases e se non lle apetece seguir pode deixalo sen ningún custo, nin compromiso".
    "As clases son luns, mércores e venres, dependendo da disciplina á que queiran apuntarse".
    "Temos pechadas varias actuacións para o ano que ven, dentro das actividades do ano cultural Avelina Valladares, xunto coa EMAE".
    Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.
    Abrimos a reserva de praza para o vindeiro curso.
    Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.
    O custe das actividades é de 13 euros ao mes para a primeira actividade e de 10 para a segunda actividade ou segundo irmán.
    O noso profesorado.
    - Baile, Javier Sanmartín
    - Baile e pandeireta, Belén Castelo
    - Baile de adultos, Luis Puente e Patricia Couto
    - Gaita e percusión, Xián Herrera
    - Acordeón, Santiago Cribeiro
    - Solfexo, Candela Vilas
    A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace: https://forms.gle/NgGw6BfzQR7kfB728
    Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo [email protected]
    Máis Información TEQUEXETÉLDERE :
    ✔️ Páxina Web: http://www.tequexeteldere.gal/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/tequexeteldere/
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/tequexeteldere
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/tequexeteldere/
    ✔️ Teléfono: (+34) 660136787
    ✔️ Correo: [email protected]
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • Son boas ou malas as apps de IA?, son unha axuda ou un perigo?, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe falamos de se son boas ou malas as apps de IA?, son unha axuda ou un perigo?.
    "Se nos acostumamos a que a IA o faga todo, corremos o risco de perder a nosa voz propia, a nosa creatividade e mesmo a capacidade de pensar con criterio".
    "Para quen traballamos en redes sociais ou en marketing dixital, a IA pode ser un gran apoio".
    "Co as IA non todo é positivo. Aquí vén o gran reto: estas ferramentas tamén poden ser unha fonte de desinformación".
    Son boas ou malas as apps de intelixencia artificial? Son unha axuda ou un perigo?
    O lado positivo: unha ferramenta que impulsa a creatividade
    Imos comezar polo bo, porque a IA ten moitísimas vantaxes.
    ✅Para quen traballamos en redes sociais ou en marketing dixital, a IA pode ser un gran apoio: desde axudarnos a atopar ideas para publicacións, redactar textos, programar contidos, ata xerar imaxes ou vídeos cando nos falta material.
    Tamén pode aforrar tempo en tarefas repetitivas, como responder mensaxes, organizar calendarios ou incluso analizar estatísticas.
    E o mellor é que non fai falta ser un experto para comezar a usala: a maioría destas apps son sinxelas e están ao alcance de todos.
    En resumo, ben utilizada, a IA pode ser como un “asistente” que nos libera tempo para centrarnos no creativo e no estratéxico.
    O lado perigoso: desinformación e perda de criterio
    ✅Non todo é positivo. Aquí vén o gran reto: estas ferramentas tamén poden ser unha fonte de desinformación.
    A IA é capaz de xerar textos, imaxes ou vídeos que parecen reais, pero que en realidade non o son. Desde fotos de persoas que nunca existiron ata novas falsas moi convincentes.
    Isto fai que cada vez sexa máis difícil saber que é verdade e que é mentira en internet.
    Ademais, se nos acostumamos a que a IA o faga todo, corremos o risco de perder a nosa voz propia, a nosa creatividade e mesmo a capacidade de pensar con criterio.
    Por iso, aínda que a IA é útil, é fundamental non depender totalmente dela e sempre verificar a información.
    Exemplos de casos reais de mal uso da IA
    ✅En varias eleccións ao redor do mundo (EE. UU., Brasil, India…), apareceron noticias falsas e imaxes manipuladas feitas con IA para influír na opinión pública. Por exemplo, en campañas electorais creáronse vídeos deepfake de políticos dicindo cousas que nunca dixeron, co obxectivo de xerar desconfianza ou confusión entre os votantes.
    ✅Hai casos de actores, cantantes e deportistas aos que lles fixeron vídeos falsos onde parece que fan ou din cousas que nunca ocorreron. Un exemplo moi comentado foi o de Tom Hanks, que apareceu nun anuncio falso de seguro dental xerado con IA sen o seu consentimento.
    ✅Algúns ciberdelincuentes usan IA para clonar voces e facerse pasar por familiares ou directivos dunha empresa. Chaman a unha persoa e, coa voz dun fillo, dun pai ou dun xefe, piden diñeiro ou datos confidenciais. Moita xente xa caeu nestas estafas porque a voz soa exactamente igual.
    ✅Circulan nas redes fotos de acontecementos que nunca existiron, como desastres naturais, manifestacións ou personaxes históricos. Por exemplo, fíxose viral unha foto falsa do Papa Francisco cun abrigo branco de moda, e moita xente cría que era real porque a imaxe era perfecta.
    O equilibrio: usar a IA como apoio, non como substituto
    ✅A clave está no uso responsable.
    A IA non debería substituír a nosa creatividade, senón potenciala.
    Sempre debemos revisar e adaptar o contido que xera, para asegurarnos de que é veraz e que reflicte o noso estilo.
    E, sobre todo, lembrar que a última palabra témola nós, non unha máquina.
    Entón, volvemos á pregunta inicial: son boas ou malas as apps de intelixencia artificial?
    ✅Eu penso que non hai unha resposta única. A IA non é nin boa nin mala por si mesma, todo depende de cómo a utilicemos.
    ⁉️Encantaríame saber que opinades vós:
    Védelas como unha axuda no voso día a día ou como unha ameaza?
    Fiades do contido que crean ou pensades que é perigoso?
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    14 min
  • 24-09-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    4 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 24-09-2025
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    5 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!