Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos da Explotación Sexual e a Trata de Personas.
"Vagalumes, en Santiago de Compostela axuda a persoas vítimas da prostitución, abuso ou trata de persoas".
"Estamos nunha sociedade na que a muller é un producto".
"Mentras haxa puteros, haberá explotación sexual e trata de persoas".
O Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Persoas celébrase o 23 de setembro desde 1999 e foi promulgado pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mujeres que tivo lugar en Dhaka, Bangladesh, en xaneiro dese mesmo ano.
Foi o 23 de setembro do ano 1913 cando se promulgou a primeira lei no mundo contra a prostitución infantil. Foi na Arxentina coa denominada "Lei Palacios", porque foi redactada e impulsada polo deputado socialista Alfredo Palacios.
No ano 2013 a Asemblea Xeral da ONU decretou o 30 de xullo como Día Mundial contra Trátaa de Persoas.
✔️Que é a trata de persoas?
Consiste na compra venda e explotación de nenos e adultos, para diversos destinos como o tráfico de órganos, traballos forzados, sendo a explotación sexual o destino máis frecuente para nenas e mulleres.
Estímase que no mundo 1,8 millóns de persoas son vítimas de delitos de trata de persoas para explotación sexual, unha secuela que só é equiparable ao tráfico de drogas e de armas.
Os traficantes de persoas aprovéitanse de situacións de pobreza, falta de educación, desastres naturais, guerras e outras circunstancias, para subtraer aos nenos, nenas ou adultos e vendelos ás mafias.
As crises migratorias foron aproveitadas polas redes delituosas para actuar contra os máis vulnerables. Os traficantes abusan cada vez máis dos sistemas de asilo. Por exemplo observouse un aumento de casos de desaparicións de nenas e mulleres nixerianas que parten desde Libia buscando unha vida mellor, e que puideron ser destinadas a explotación sexual.
✔️Que podes facer no Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Persoas?
Podes documentarte sobre o tema e actuar facéndoche socio dalgunha organización que se encargue de actuar en contra destes graves delitos.
⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas