Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos da prevención suicidio
"Falar de suicidio custa, é incómodo, pero é absolutamente necesario".
"En Galicia temos unhas das taxas máis altas de suicidio do Estado".
"Hai moitos mitos que fan máis difícil a prevención do suicidio. Por iso é tan importante desmontalos. ".
Día Internacional da Prevención suicidio
Falar de suicidio custa, é incómodo, pero é absolutamente necesario. En Galicia temos unhas das taxas máis altas de suicidio do Estado, e iso obríganos a reflexionar: como estamos acompañando ás persoas que o están pasando mal?¿Estamos escoitando o suficiente?
En Galicia son tan elevadas as tasas de suicidio por múltiples factores: o illamento, sobre todo no rural, o envellecemento da poboación, a soidade non desexada, a falta de recursos específicos… Pero tamén hai algo cultural: non estamos acostumados a falar das emocións nin a pedir axuda psicolóxica.
Aquí hai aínda moita xente que pensa que “pedir axuda é sinal de debilidade”, cando en realidade é un acto de valentía e de coidado propio. E ademais hai moitos mitos que fan máis difícil a prevención. Por iso é tan importante desmontalos.
⚠️Mitos:
* “Quen o di, non o fai”
❌ Falso. A maioría das persoas que intentaron suicidarse avisaran antes dalgunha forma: falando, escribindo, cambiando de comportamento.
* “Falar de suicidio dá ideas”
❌ Falso. Falar con responsabilidade axuda a que a persoa se sinta acompañada e contenida. Falar salva vidas.
* “O suicidio é un acto egoísta”
❌ Non é certo. Normalmente, a persoa non quere morrer, o que quere é deixar de sufrir. É un acto desesperado, non egoísta.
* “Se quere facelo, farano igual, non se pode evitar”
❌ Moitas mortes por suicidio poden evitarse se se intervén a tempo. A prevención funciona, e moitas persoas que reciben axuda saen adiante.
⚠️ E como podemos saber se alguén que coñecemos está en risco?
Non sempre é evidente, pero hai sinais de alerta que debemos ter en conta:
✔️ Cambios bruscos no ánimo ou no comportamento.
✔️ Aillarse máis do habitual.
✔️ Frases como “non podo máis”, “non sirvo para nada”, “gustaríame desaparecer”.
✔️ Abandono do coidado persoal.
✔️ Regalar cousas importantes ou despedirse de xeito raro.
Se ves isto, non te quedes calado/a. Pregunta, achega, ofrece apoio. Ás veces unha pregunta a tempo pode cambiar todo.
E se a persoa nos recoñece que está pensando en quitarse a vida, que facemos?
✔️
O primeiro: escoltar sen xulgar. E logo, acompañar para buscar axuda profesional. Non temos que ter todas as respostas, pero si podemos dicir:
“Estou aquí, importasme, non estás só/a”.
✔️Tamén é moi importante non prometer segredo. Se alguén está en risco, temos que buscar apoio, aínda que sexa contra a súa vontade no momento. É unha cuestión de vida.
ℹ️
Recursos en Galicia para esas situacións
☎️Teléfono 024 – É a liña gratuíta e anónima de atención ao suicidio. Funciona 24 horas, todos os días.
⚕Atención primaria (SERGAS) – Pódese acudir ao centro de saúde e pedir cita co/a médico/a ou co servizo de psicoloxía.
⚕Federación de Saúde Mental de Galicia – Ten programas e actividades en toda a comunidade.
Apps: prevensuic
E logo están os apoios informais: familia, amizades, profesorado, asociacións locais.
E se hai alguén agora mesmo escoitándonos e sentíndose mal, sen forzas, sen saída… que lle diríamos?
✔️
Que non está soa, que o que sente agora é moi duro, pero pode pasar, e que hai alternativas, hai persoas dispostas a escoitar.
Que a súa vida importa, aínda que agora mesmo non o vexa. E se non pode falar cun familiar ou cunha amiga, que chame ao 024. Hai profesionais formados para escoitar con respecto e confidencialidade.
RESUMO
Que todos e todas podemos facer algo para previr o suicidio.
Que falar é un acto de coidado, non de perigo.
E que as emocións tamén son saúde, e merecen atención.
Romper o silencio é o primeiro paso. Falemos máis, xulgemos menos e acompañemos mellor.
⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas