Laura López/Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe falamos de que O 47% da xente usa as redes sociais en clave optimista
"Nun mundo dixital a miúdo asociado coa negatividade, as redes sociais convertéronse nunha inesperada fonte de optimismo para case a metade dos españois".
"Lonxe de ser só un escaparate de vidas alleas, as redes sociais convertéronse nun espazo de conexión xenuína que impulsa o optimismo".
"O estudo tamén pon de manifesto unha percepción contrastada do optimismo entre as redes sociais e os medios de comunicación tradicionais".
Hoxe imos falar de algo que moitas veces esquecemos nas redes sociais: o poder do optimismo. Nun mundo onde a miúdo consumimos novas negativas ou mensaxes críticos, apostar por un contido positivo pode marcar a diferenza.
Nun mundo dixital a miúdo asociado coa negatividade, as redes sociais convertéronse nunha inesperada fonte de optimismo para case a metade dos españois. Un recente estudo de LG afirma que o 47% dos usuarios asegura que o contido das contas que seguenlles inspira unha visión máis positiva da vida e lles mellora o ánimo.
Lonxe de ser só un escaparate de vidas alleas, as redes sociais convertéronse nun espazo de conexión xenuína que impulsa o optimismo. Os españois atopan contido positivo principalmente a través das publicacións dos seus amigos (64,8%), familiares (62,4%) e compañeiros de traballo (52,1%). Mesmo as marcas que seguen contribúen a este sentimento nun 38,9%. Este dato subliña o poder das relacións persoais no contorno dixital para xerar un impacto emocional positivo.
O estudo tamén pon de manifesto unha percepción contrastada do optimismo entre as redes sociais e os medios de comunicación tradicionais. Só un 31,4% dos enquisados percibe o contido dos canais de novas na televisión como optimista, cifra que descende ao 29,9% na prensa dixital e ao 24,2% na prensa escrita. Esta diferenza é aínda máis marcada entre a xente moza (16-27 anos), onde un 62% afirma que o contido que ve en redes sociais ten un impacto positivo nasociedade. Ademais, o 57,2% dos enquisados recoñece o papel fundamental das redes sociais no desenvolvemento global.
Conscientes de que o uso das redes sociais pode, en ocasións, resultar abafante, o estudo identifica as principais estratexias que os españois adoptan para manter un contorno dixital saudable. Entre as accións máis habituais están bloquear contas que non achegan contido optimista, facer unha pausa na rede social que está a afectar o seu optimismo ou filtrar por palabras ou temas específicos.
O 58,7% dos españois prefire seguir a creadores que publican mensaxes optimistas.
✅Por que é importante o contido optimista?
• Psicoloxía positiva: as persoas reaccionan mellor a mensaxes que xeran emocións agradables.
• Conexión emocional: o que se comparte en redes non son só datos, son emocións. E as emocións positivas contáxianse.
• Efecto diferenciador: mentres moitas contas se centran en queixas ou en polémicas, un perfil que transmite optimismo destaca e atrae.
• Construción de comunidade: a xente quere estar en sitios onde se sente ben, onde atopa motivación e apoio.
✅Estratexias para crear contido en clave optimista
1. Linguaxe positivo
• Evitar palabras negativas como “non podes”, “é difícil”, “é un problema”.
• Usar frases que inspiren acción: “é posible”, “con un pouco de esforzo conséguelo”, “haisolucións”.
2. Historias inspiradoras
• Contar casos reais de superación, de negocios locais que se reinventaron, de clientes satisfeitos.
• Exemplo: un bar de barrio que durante a pandemia empezou a vender a domicilio e hoxe segue medrando.
3. Celebrar os pequenos logros
• Publicar un “grazas” cando se acada un número de seguidores, cando un cliente comparte unha boa valoración ou cando se consegue un obxectivo.
• Facer sentir á comunidade que forma parte deses logros.
4. Contido visual alegre
• Fotos con luz, cores vivas, imaxes que transmitan enerxía.
• Vídeos curtos con música positiva ou testemuños optimistas.
5. Humor e frescura
• O humor ben utilizado xera proximidade e fai que a xente recorde a marca ou o perfil.
• Un meme en clave optimista pode ter máis impacto ca unha campaña enteira.
6. Mensaxes que inviten á acción positiva
• Retos semanais (“esta semana intenta agradecer algo cada día”).
• Enquisas con un toque alegre (“que che fai comezar o luns con boa cara: café ou música?”).
✅Beneficios de comunicar con optimismo
• Maior interacción: a xente comparte máis aquilo que lle fai sentir ben.
• Mellora da reputación: as marcas ou perfís optimistas percíbense como próximos, humanos e confiables.
• Efecto multiplicador: un comentario positivo xera respostas positivas, e así créase unha cadea de bo ambiente.
A próxima vez que publiques, pensa: como podo transmitir esta mensaxe en clave positiva? Ese pequeno cambio pode transformar a maneira en que a xente te percibe.
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas