Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos de
"O mes de setembro é un momento no que parecen aumentar as rupturas de parella".
"As vacacións non son a causa directa, senón o escenario onde se fan máis evidentes dinámicas que viñan de antes".
"Tampoco debemos sentirnos culpables por sentir alivio ou calma ao tomar esa decisión. Son emocións naturais e forman parte do proceso".
RUPTURAS DESPOIS DO VERÁN.
O mes de setembro é un momento no que parecen aumentar as rupturas de parella, despois dos momentos de descanso e lecer e co comezo dun novo curso.
¿Qué pasa nestes meses de descanso que fai que moitas relacións entren en crise?
✔️A razón principal é que o verán, co tempo libre e a convivencia máis intensa, actúa como unha especie de lupa que amplifica tanto o bo como o malo. Durante as vacacións pasamos máis tempo xuntos, sen as distraccións habituais do traballo ou da rutina, e iso pode facer aflorar conflitos que estaban latentes.
En si, as vacacións non son a causa directa, senón o escenario onde se fan máis evidentes dinámicas que viñan de antes: falta de comunicación, diferencias nas expectivias ou formas de vivir, desgastes emocionais, … E para moita xente, setembro convértese nun momento de tomar decisións importantes e de facer cambios na súa vida.
¿Cómo afrontar a ruptura?
✔️ Permitirnos sentir. Non debemos reprimir a tristeza, a rabia ou a confusión, e tampoco debemos sentirnos culpables por sentir alivio ou calma ao tomar esa decisión. Son emocións naturais e forman parte do proceso.
✔️ Buscar apoio. Falar con amizades, familiares ou profesionais que nos axuden a pasar o momento. Seleccionando as persoas que nos transmiten boas sensacións e que nos axuden a pasar pola sensación de soidade.
✔️ Fuxir da culpa, non caendo no “e se …” ou en que como agora nos sentimos mal ou vemos mal á outra persoa, é mellor volver ao que non funcionaba.
✔️ Contacto 0, polo menos durante un tempo. Evitando ter información da outra persoa, que nos falen dela ou vendo as súas redes sociais.
✔️ Poñer límites saudables. Sobre todo en establecer espazos que nos permitan pechar ciclos.
✔️ Cuidar de nos. Pequenos xestos como durmir ben, facer exercicio, comer ben, retomar actividades que nos gustaban, … son fundamentais para reconstruirnos.
E ¿se aínda non estamos totalmente decididos, pero estamos no camino de tomar a decisión?
✔️ Autovalorarnos, individualmente e na nosa vida en parella.
✔️ Comunicación, dos nosos sentimientos, expresando como nos sentimos, as nosas necesidades, …
✔️ Tempo. As decisións non se toman dun día para o outro, e conlevan un proceso.
⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas