Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos de User Generated Content
"O User Generated Content fai referencia a calquera forma de contido como poden ser textos, imaxes, vídeos ou comentarios creados e compartidos por individuos en plataformas dixitais".
"Quizais o exemplo máis claro deste tipo de contidos son esas reseñas que se deixan en Google ou esas experiencias positivas que se comparten en stories de Instagram".
"Ao ser algo alleo á propia marca, que nace de maneira espontánea, é unha mensaxe que, en principio, non é tan sinxela de controlar ou guiar".
O User Generated Content fai referencia a calquera forma de contido como poden ser textos, imaxes, vídeos ou comentarios creados e compartidos por individuos en plataformas dixitais. Esta tipoloxía de contido fai evidente que a comunicación dixital ten cambiado as regras do xogo, xa que dá a posibilidade a calquer usuario de participar activamente na creación e difusión de información de calquera tipo.
Xa non é so que ofreza diversidade e diferentes perspectivas, senón que lle permite crear autenticidade e conexión emocional ás marcas que confían neste tipo de estratexias. O UGC é creado, en principio, de maneira espontánea, reflexando as experiencias e perspectivas persoais dos diferentes usuarios, o que resulta máis natural e crible ao non responder directamente aos propósitos da marca. É como se un amigo nos recomendase un producto e é precisamente por iso polo que funcionan tan ben. A fin de contas, en quen confiaríamos máis: nun colega que nos recomenda, por exemplo, a mellor rutina para o noso cabelo, ou nun descoñecido -marca ou influencer- cuxo obxectivo evidente é vendernos o seu champú?
Tipoloxía de UGC
Quizais o exemplo máis claro deste tipo de contidos son esas reseñas que se deixan en Google ou esas experiencias positivas que se comparten en stories de Instagram, pero non son as únicas. Podemos atoparnos con:
✔️1. Valoracións e testemuñas de clientes. As reseñas, falemos da plataforma que falemos, axúdannos a tomar decisión informadas. Deste xeito, as marcas tamén poden compartir testemuñas nos seus sitios web e redes sociais para conseguir gañarse a confianza da audiencia.
✔️2. Concursos e desafíos en redes sociais. Na liña dos sorteos en redes sociais para fomentar a participación, alcance ou buscar un aumento de seguidores, atópanse os concursos e desafíos, ca fin de animar aos usuarios a crear contido relacionado coa marca a cambio dun incentivo.
✔️3. Subir fotografías ou vídeos. Non hai mellor maneira de ensinar e valorar un producto ou servizo que probándoo. Tal é así, que moitas marcas animan aos seus clientes a compartir imaxes nas súas redes sociais probando ou vestindo o seu produto. Isto pode ser a través de redes sociais, pero tamén podemos ver esta chamada á acción en tendas físicas ou no packaging do produto.
✔️4. Historias de éxito dos clientes. As empresas poden entrevistas a clientes satisfeitos e contar as súas experiencias en forma de vídeo, artigo ou publicación en redes sociais. Este tipo de historias humanizan a marca e mostran o impacto positivo que os seus produtos ou servizos tiveron na vida destas persoas.
Como incorporalo na nosa estratexia de contidos como empresa?
Ao ser algo alleo á propia marca, que nace de maneira espontánea, é unha mensaxe que, en principio, non é tan sinxela de controlar ou guiar, polo que seguir as seguintes directrices poden botarnos unha man para aproveitar este tipo de contido.
✔️● Participación activa. Fomentar a participación do público da maneira axeitada é sinónimo de crear interaccións significativas para nós. Para logralas existen moitos recursos que van dende unha sinxela chamada a acción ata a posta en marcha de concursos ou desafíos.
✔️● Cancelos específicos. Os hashtags corporativos se se empregan ben poden ser útiles e non un grito ao baleiro. Se creamos un cancelo único e relacionado coa nosa marca, acción específica ou campaña -sendo máis orixinais que #NomeDaTúaMarca-, pódese animar aos usuarios a empregalo, o que non só favorecería a participación, senón tamén a creación de comunidade.
✔️● Recoñecer e agradecer. Xa din por aí que é de ben nacido ser agradecido e en redes sociais non é unha excepción. Expresar gratitude cara as persoas que crean contido sobre a nosa marca é unha maneira de fortalecer unha conexión emocional e, pasiño a pasiño, conseguir que estes usuarios rematen por ser embaixadores da nosa marca. E como podemos agradecer? Enviando produtos, invitándoos a un evento ou simplemente dando as grazas publicamente.
A profesionalización: os UGC creators
Os UGC creators son persoas que crean contido orixinal relacionado con produtos, servizos ou marcas, pero dende a perspectiva dun consumidor, non como figura pública ou influencer tradicional.
Os UGC creators xeran contido que parece xenuíno e cotián, como reseñas, unboxings, demostracións ou titoriais. O seu estilo adoita ser máis natural e menos producido que o dun influencer. A diferenza destes, o seu obxectivo non é acumular seguidores, senón crear contido para que as marcas o empreguen nas súas propias redes, páxinas web ou campañas publicitarias.
De feito, moitas veces son contratados por marcas para crear contido específico que loce como se fose espontáneo pero está planificado para promover un produto.
Os beneficios do UGC
✔️● Autenticidade e credibilidade. É a clave do UGC, a fin de contas, para os consumidores, poder contar cun feedback real doutro consumidor é chave para decidirse a probalo.
✔️● Maior feedback con menos esforzo. Este contido creado por usuarios adoita recibir maior interacción que aqueles que foron creados polas propias marcas.
✔️● Menor custo. Aínda que moitas veces poida ser gratuíto, non sempre é así. A súa profesionalización por parte destes pequenos usuarios conleva a certo gasto para as marcas, pero é moi baixo (a cambio de produtos, por exemplo).
✔️● Visibilidade. Contribúe a que a marca gañe posicionamento en buscadores.
En definitiva, é unha estratexia estupenda para unha marca xa que, como usuarios, está claro que preferimos escoitar a unha persoa real dando unha opinión sen filtros que a unha marca intentando vendernos o seu produto.
❓Pregunta para a próxima semana: desconectades no verán?
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas