Falo co Director de Radio Estrada, Damián cortes. Porque a nosa casa reforza a súa programación diaria coa chegada dunha das comunicadoras máis recoñecidas do panorama galego. Neves Rodríguez, presentadora, actriz, divulgadora e autora do recente poemario Cuspindo miserias (Ed. Galaxia), incorporarase á emisora a partir do vindeiro luns para conducir o novo magazine matinal, que leva por nome "É de mañá".
Coñecida polo gran público polas súas etapas en programas da TVG —incluído Luar, onde desenvolveu unha longa traxectoria—, Rodríguez regresa agora á radio local, medio no que deu os seus primeiros pasos na emisora municipal de Tui.
O novo magazine incluirá entrevistas de actualidade, espazos de consumo responsable, saúde mental, contidos culturais e divulgativos, ademais de seccións dedicadas ao agro, ás rutas locais, á memoria estradense ou ás recomendacións lectoras. Tamén contará con colaboradores habituais e cunha marcada presenza de contido social, voluntariado e iniciativas da contorna.
Neves Rodríguez amosouse “ilusionada por volver á radio de proximidade, un territorio onde as historias teñen nome e onde a voz constrúe comunidade”, e avanzou que o programa combinará información, humor, crítica social e participación da audiencia, mantendo sempre unha mirada aberta e creativa.
A partir do luns, os oíntes de Radio Estrada terán unha cita diaria cun magazine renovado, fresco e próximo, guiado por unha profesional que combina experiencia, versatilidade e unha intensa conexión co público galego.
️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas