Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía , un espazo no que se abordan cuestións fundamentais do benestar emocional, as dinámicas persoais e as relacións humanas. Un podcast pensado para quen quere reflexionar, conectar coas súas emocións e aprender ferramentas útiles para vivir con máis saúde mental, autenticidade e respeto propio. Hoxe falamos do 25N
“Que estean disimuladas non significa que non existan. Hai violencias ocultas que aceptamos socialmente como se fosen normais, e iso é terrible”
“Hai quen pensa que xa está todo conseguido, pero en realidade cada vez aumentan certos tipos de violencia”
“Sorpréndeme que hoxe, igual que nas películas antigas, aínda haxa mulleres que teñen que pedir cartos para ir á perruquería ou ao fisio. Pedir diñeiro é unha forma de violencia”
Neste episodio poñemos o foco en facer visible o invisible: todas esas formas de violencia machista que, aínda que non sempre deixan marcas físicas, teñen un impacto devastador na vida das mulleres. Afondamos nas violencias que permanecen ocultas, pouco atendidas polos poderes públicos e que cómpre identificar para poder previlas, denuncialas e combatelas.
Falamos da necesidade de adoptar unha mirada máis ampla e feminista, protexer, previr e actuar contra calquera forma de violencia. Para iso, repasamos de forma clara e didáctica os distintos tipos de violencias que poden afectar ás mulleres:
✅Violencia económica: control e limitación do acceso aos recursos.
✅Violencia psicolóxica: insultos, humillación, illamento e desvalorización.
✅Violencia vicaria: danos causados a persoas queridas para ferir á muller.
✅Violencia contra as mascotas: un freo habitual á hora de abandonar o fogar.
✅Violencia dixital e ciberviolencias: acoso, difusión de contido sexual non consentido, grooming, stalking ou extorsión a través das redes.
✅Violencia simbólica e cousificación: mensaxes, estereotipos e prácticas que reducen a muller a obxecto.
✅Violencia institucional: cando administracións ou profesionais dificultan o exercicio dos dereitos das vítimas.
✅Violencia sexual: desde actos non consentidos até chantaxe, prostitución forzada ou elaboración de contido pornográfico sen permiso.
✅Submisión química: agresións cometidas mediante drogas administradas sen coñecemento da vítima.
Un episodio necesario para ampliar a mirada, tomar conciencia e formar parte activa da loita pola erradicación de todas as violencias contra as mulleres.
⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas