Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Magacine SALTA DA CAMA venres 28-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    17:45
    #CompañeiraNova, Neves Rodríguez incorpórase a Radio Estrada. Damos a benvida a unha compañeira cunha longa traxectoria profesional nos medios de comunicación.
    ️46:22
    #Avanceinformativo e previa de #deportes con Damián Cortés e Rafa Vázquez.
    59:25
    #concurso RG AquaClima
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 6 min
  • Espertador SALTA DA CAMA vernes 28-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 28 min
  • Magacine SALTA DA CAMA xoves 27-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    05:45
    #Horta David Castellanos danos consellos para ter unha horta productiva.
    25:00
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    27:30
    #concurso, de RG AQUACLIMA. e do cocindo de TABERNA O QUINTEIRO.
    30:30
    #AulaSaúde, Falamos da Andropausia con Salomé López, enfermeira comunitaria e Eva García, Coordinadora no centro de Saúde da Estada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    59 min
  • A horta: FROITEIRAS (I): A PLANTACIÓN, por David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal.
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos.
    Hoxe: FROITEIRAS (I): A PLANTACIÓN
    "Debemos facer un burato de, polo menos, ó dobre de volumen que ocupa o cepellón da planta".
    "O máis normal é enxertar sobre patrón franco (que procede de semilla), pero para iso temos que esperar, polo menos 2 anos".
    "Se imos ó mercado temos que estar pendientes da información que aparece na etiqueta homologada polo organismo responsable de sanidade vexetal da comunidade autónoma onde se multiplicou esa froiteira".
    Antes de plantar unha froiteira temos que ter claras cales son as condicións do terreo e do clima que temos. Debemos escoller unha especie e unha variedade adaptadas á nosa zona.
    Podemos reproducir nós mesmos unha froiteira ou ben ir ó mercado e mercala xa lista para a súa plantación.
    Se o facemos nós na casa podemos reinxertar unha froiteria que xa teñamos, dese modo podemos cambiar a variedade, rexuvenecer a planta e adaptala ó sistema de cultivo que nós queiramos. O máis normal é enxertar sobre patrón franco (que procede de semilla), pero para iso temos que esperar, polo menos 2 anos.
    Se imos ó mercado temos que estar pendientes da información que aparece na etiqueta homologada polo organismo responsable de sanidade vexetal da comunidade autónoma onde se multiplicou esa froiteira. Nesa etiqueta vainos aparecer información coma especie, variedade, patrón sobre o que se enxertou e pasaporte fitosanitario que é garantía de que esa planta está libre de patóxenos.
    ‍ Plantación
    Á hora de plantar temos que escoller unha ubicación que reuna as caractarísticas adecuadas para un correcto desenvolvemento da planta: espazo suficiente, profundidade do terreo adecuada, insolación, protección fronte ós ventos ou resgardo do frío norte.
    Debemos facer un burato de, polo menos, ó dobre de volumen que ocupa o cepellón da planta para que as raíces poidan desenvolverse con facilidade nas primeiras semanas e planta medre sana e forte
    Coas plantas que veñan enxertadas debemos deixar o punto de enxerto por riba do nivel do terreo, nunca enterralo. Se o enterramos a planta pode independizarse do patrón e perder as características que lle confire o patrón.
    A época máis adecuada para plantar unha froiteira é o inverno. Para aquelas árbores de folla caduca, unha vez lle cae a folla é bo momento. Para as árbores de folla perenne un bo momento é ó final do inverno.
    Se utilizamos abono, ben sexa orgánico ou mineral, éste non debe entrar en contacto coas raíces, xa que as pode queimar. Sempre é bo poñer unha capa de terra entre o abono e a planta
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    19 min
  • Falamos da Andropausia con Salomé López, enfermeira comunitaria e Eva García, Coordinadora no centro de Saúde da Estada
    O último xoves de cada mes temos a nosa Aula Saúde, en colaboración co Centro de Saúde da Estrada. Hoxe falamos da andropausia, con Salomé López García, enfermeira comunitaria e con Eva García, Coordinadora de implementación de estratexia de Promoción de Saúde e Prevención no sistema nacional de saúde a nivel local, do Centro de saúde da Estrada.
    "A Andropausia é un proceso natural que pode aparecer a partir dos 45-50 anos en homes".
    "A diferenza da menopausa feminina —que ten un cesamento máis abrupto da función ovárica—, na andropausia a caída de andrógenos é gradual".
    "A longo prazo o descenso hormonal relaciónase con aumento do risco de osteoporose, fraxilidade ósea, predisposición a obesidade, diabetes".
    Andropausia
    ✔️Que é a andropausia?
    É un proceso natural que pode aparecer a partir dos 45-50 anos en homes. É un termo que describe un conxunto de síntomas clínicos que se asocian cunha diminución dos niveis de testosterona (e en ocasións doutros andrógenos). A diferenza da menopausa feminina —que ten un cesamento máis abrupto da función ovárica—, na andropausia a caída de andrógenos é gradual.
    ✔️Cales son os síntomas e as manifestacións?
    Os síntomas adoitan ser variados e inespecíficos. Algúns dos máis frecuentes son:
    ● Diminución da libido (desexo sexual).
    ● Disfunción eréctil.
    ● Sensación de falta de enerxía.
    ● Perda de masa muscular, aumento de masa graxa
    ● Cambios no estado de ánimo: irritabilidade, baixa motivación
    ● Dificultades na memoria recente.
    ● Insomnio, sudoración nocturna, sensación de “cansazo non recuperado”.
    A longo prazo o descenso hormonal relaciónase con aumento do risco de osteoporose, fraxilidade ósea, predisposición a obesidade, diabetes…
    Cabe destacar que non todos os homes maiores con descenso nos niveis de testosterona presentan síntomas, e que os síntomas poden deberse a múltiples causas.
    ✔️Diagnóstico e criterios
    O diagnóstico de andropausia baséase principalmente nos síntomas clínicos e na analítica hormonal. Debemos ter en conta que:
    ● A nivel analitico, hai variabilidade nos limiares hormonais considerados como“deficiencia”; non existe un consenso universal.
    ● Deben descartarse outro tipo de condicións relacionadas co descenso androgénico (como enfermidades testiculares, tumores, traumas, tratamentos farmacolóxicos) antes de atribuír os síntomas exclusivamente ao envellecemento.
    ✔️Tratamento e manexo
    O tratamento da andropausia exponse desde dúas grandes vertentes: intervencións de estilo de vida / saúde comunitaria terapia hormonal nos casos seleccionados.
    ✔️Intervencións de estilo de vida
    Estas deben considerarse sempre, son a base do manexo:
    ● Fomentar actividade física regular, especialmente adestramento de forza/músculo 2-3 veces por semana, para mellorar a composición corporal, a forza e o metabolismo.
    ● Promover unha alimentación saudable: control de peso, dieta equilibrada (proteínas, froitas, verduras, legumes, cereais integrais e peixe). Moderar o consumo de graxas.
    ● Control de factores de risco cardiovascular: abandono tabáquico, moderar consumo de alcol, controlar hipertensión, dislipidemia, diabetes.
    ● Hixiene do soño, manexo da tensión, saúde emocional. Durmir entre 7-8 horas, manter rutinas regulares.
    ● Educación e concienciación: moito homes descoñecen esta condición, polo que é importante que se lles convide a falar dos cambios que perciben, e pidan apoio se é necesario.
    ✔️Terapia hormonal con testosterona
    O tratamento hormonal con testosterona é unha opción cando existe deficiencia significativa, síntomas compatibles, e tras unha adecuada valoración de riscos/beneficios.
    ● Os ensaios clínicos mostran que hai melloras en composición corporal, libido, calidade de vida nalgúns casos, pero os beneficios a longo prazo (especialmente sobre eventos cardiovasculares e mortalidade) non están completamente establecidos.
    ● É necesario un adecuado seguimento: avaliación prostática (posible aumento do tamaño como efecto secundario), posible influxo no sistema cardiovascular (risco de trombose), inhibición da espermatogénesis (infertilidade).
    ● Está contraindicada en carcinoma prostático activo, síndromes coronarias agudas nos últimos 3–6 meses e insuficiencia cardíaca
    ● A indicación debe individualizarse.
    Recomendacións no contexto comunitario
    ● Integrar a andropausia dentro da saúde masculina global, non illala.
    ● Informar sobre a andropausia e promover a detección precoz dos síntomas relacionados con esta. Incorporar a temática en charlas e talleres.
    ● Usar linguaxe inclusiva, non estigmatizador, que normalice o proceso.
    ● Fomentar o autocuidado. Implementar estratexias de promoción de saúde para evitar factores de risco asociados: programas de exercicio, abandono do tabaquismo, redución de alcol, dieta saudable, talleres de educación para homes.
    ● Estar ao tanto dos límites da terapia hormonal e saber que sempre existen posibles riscos; a decisión de tratamento debe facerse en equipo interdisciplinario.
    ● Educar sobre os riscos de automedicarse con testosterona ou suplementos.
    ✔️Conclusión
    A andropausia é un fenómeno real que afecta a moito homes e que pode ter impacto sobre a súa saúde física, sexual e emocional. Aínda que as súas manifestacións son máis graduais e menos dramatizadas que as da menopausa feminina, a súa importancia para a saúde dos homes non debe subestimarse.
    Aínda que a terapia hormonal pode mellorar síntomas en certos casos, o seu uso require precaución, valoración individualizada e bo seguimento.
    En definitiva, a andropausia debe abordarse fomentando un estilo de vida saudable, e empoderando á comunidade masculina cara ao autocuidado.
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • 27-11-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
    Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
    Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    3 min
  • Espertador SALTA DA CAMA xoves 27-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • Dayna Kurtz celebra, este sábado, na Estrada os 25 anos de Postcards from Downtown. Falo con Tomas Legido.
    A Estrada prepárase para recibir este sábado 29 de novembro unha das voces máis singulares e emocionantes da escena internacional. Dayna Kurtz, acompañada polo guitarrista e colaborador habitual Robert Maché, actuará no Teatro Principal nun concerto que promete converterse nun dos grandes momentos culturais do ano no municipio.
    Recoñecida pola crítica como The Queen of the Underground, Dayna Kurtz chega á Estrada no marco dunha xira moi especial coa que celebra os 25 anos do seu disco emblemático, Postcards from Downtown. Aquel álbum marcou un antes e un despois na súa carreira, abríndolle as portas de Europa e consolidándoa como unha artista de culto grazas á súa voz profunda, cálida e chea de matices.
    O público estradense poderá desfrutar dun repertorio no que non faltarán temas clásicos como “Love Gets in the Way”, xunto con outras pezas que amosan a evolución artística dunha cantante que continúa nunha etapa de enorme creatividade. A complicidade entre Dayna e Robert Maché, un dos seus grandes aliados musicais, engade ao directo unha atmosfera íntima e poderosa que a súa audiencia adoita destacar.
    O concerto comezará ás 20:30 horas e as entradas están dispoñibles a través das canles habituais do Teatro Principal. A organización recomenda asistir con tempo para garantir un acceso fluído á sala.
    Con esta cita, a Estrada súmase á celebración das dúas décadas e media dun disco histórico e confirma unha vez máis a súa aposta pola programación musical de calidade.
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    14 min
  • Modelo Fogg, dark design e a adicción ás redes sociais, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Laura López de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: Modelo Fogg, dark design e a adicción ás redes sociais
    "As redes sociais non son neutras. Están deseñadas para capturar e manter a nosa atención, aplicando principios psicolóxicos que explotan a motivación, a facilidade de uso e os activadores constantes".
    "Fogg Behavior Model (FBM). Este é un modelo de conducta, que se entende como unha representación abstracta que axuda a entender, predicir ou explicar como se comportan individuos, grupos ou organizacións en diferentes situacións".
    "Ademais de modelos de conduta, as plataformas e redes sociais empregan outras técnicas que fan que nos enganchemos".
    sempre falamos da cara visible e positiva das redes sociais para un negocio e tamén como consumidores. Sen embargo, hoxe vimos a introducirnos nas súas entrañas e na súa faceta máis “escura”. Imos a facer un repaso dos mecanismos e estrutura das propias plataformas que fai que sempre volvamos a elas de maneira inconsciente.
    O psicólogo de Stanford B. J. Fogg creou o Fogg Behavior Model (FBM). Este é un modelo de conducta, que se entende como unha representación abstracta que axuda a entender, predicir ou explicar como se comportan individuos, grupos ou organizacións en diferentes situacións. Este sistema, que explica como se pode conseguir que unha persoa adquira un hábito (sexa un hábito saudable ou adictivo) ten gañado unha influencia notable no que se refire á ao deseño de arquitectura, interfaces e interaccións con redes sociais.
    Este modelo afirma que para que se produza un comportamento (behavior) deben converxer nun mesmo momento tres elementos (MAP): motivación (motivation), capacidade (ability) e estímulo (prompt). Así que imos alá a analizar cada un destes compoñentes.
    1. Motivación, é dicir, ter un motivo para facelo. O psicólogo fala de tres motivadores fundamentais:
    ○ A sensación: pracer ou dor (ex. comer chocolate, evitar unha dor de cabeza). É máis instintivo porque a euforia da dopamina é inmediata e tamén o é o pánico do glutamano, que é o neurotransmisor da dor. Como o ciclo de acción e recompensa é curto, resulta extremadamente poderoso.
    ○ A anticipación: esperanza ou medo (ex. estudar para aprobar; non falar nun grupo por medo a equivocarse). É máis complexo porque inclúe deliberación.
    ○ A pertenza social: aceptación ou rexeitamento (ex. buscar likes, medo a quedar fóra dun grupo). Tamén é moi poderoso porque ser aceptado pola comunidade na que vives é chave para a supervivencia. O único motivador máis efectivo que ser aceptado socialmente é o medo a ser rexeitado. Este motivador é o gran favorito das plataformas e aplicacións dixitais. Exemplo: subir unha foto a Instagram para recibir aprobación social (likes) ou para non quedar “desconectado” (FOMO).
    2. Habilidade. Para que se leve a cabo unha conducta obxectivo, a persoa ten que ter a habilidade ou capacidade para executala. Esta pode ser entendida en termos de tempo, esforzo físico, diñeiro ou coñecemento, por exemplo. Deste xeito, canto menos esforzo requira (canto máis fácil sexa), máis probable é que o fagamos. Podemos velo en redes a través de aplicacións cun só botón para subir fotos, enviar reaccións ou facer un comentario rápido, así como en sorteos que nos solicitan poucos pasos para participar.
    3. Activador. Un recordatorio ou estímulo que nos empurra a actuar. Se se dan a capacidade e a motivación tan só é necesario colocar as sinais no sitio e no momento axeitado. Pode ser externo (unha notificación, unha mensaxe, un icono vermello con números) ou interno (a propia ansiedade ou hábito que nos leva a abrir a app sen motivo aparente). Así mesmo, hai tres tipos de activadores: o facilitador, cando o usuario ten grande motivación pero pouca capacidade; a chispa, se o usuario ten capacidade pero non motivación; e a sinal, cando hai ambas, a sinal é tan só un recordatorio.
    O lado oscuro do deseño (e das redes)
    Ademais de modelos de conduta, as plataformas e redes sociais empregan outras técnicas que fan que nos enganchemos. Entre elas, podemos atopar:
    ● Notificacións push. Saen por defecto activadas e son deseñadas para interrompernos. Xeran a sensación de que “algo importante está pasando” e que debemos comprobalo. Segundo o Centro de Comprensión Retrospectiva da Universidade de Duke, non recibir nunca notificacións agrava o medo a q1uedarse atrás. Entón recibimos a notificación e desbloqueamos onde atopamos unha recompensa en forma de likes, mensaxes, comentarios e outros paquetitos de dopamina. En Facebook ou Instagram non hai ningún botón de don’t like, así que sempre teremos máis recompensas ca castigos. E, agora que entramos no móbil, atopámonos con outros activadores, concretamente unha chea de iconas vermellas cun número e outros centos de notificacións.
    ● Dark design ou neurohacking. Refírese a técnicas de deseño web e de aplicacións que manipulan ou enganan ás persoas usuarias para que tomen decisións que non lles resultan beneficiosas, como facer compras non desexadas ou compartir máis información da que quixeran. Algunhas técnicas do dark design son o roach motel (cando é fácil entrar nunha situación pero moi difícil saír dela), custos ocultos (móstranse gastos adicionais como impostos ou gastos de envío nas últimas páxinas do proceso de compra), confirmshaming (tentan facer sentir culpable ao usuario ao escoller unha opción) ou sneak into basket (é dicir, colarse na cesta produtos que non queremos).
    ● Recompensas variables. Nunca sabemos cantos likes, comentarios ou mensaxes imos ter; iso fai que abramos a app constantemente. É o mesmo principio das
    máquinas tragaperras: puxar a palanca agardando un premio. As aplicacións máis populares recrean literalmente o seu mecanismo, chámanlle pull to refresh (tiramos da palanca para que pase algo, sen saber se a palanca trae premio ou non). Tamén na liña dos xogos, podemos atoparnos coa gamificación, é dicir, empregar dinámicas de xogo (rachas, trofeos ou niveis, por exemplo) para fomentar unha conducta ou repetición. Un exemplo serían os snapstreaks de Snapchat (icono de lume) que obrigan a enviar mensaxes diarias para non “perder a amizade”.
    Este tipo de estratexias funcionan tan ben porque o cerebro responde con dopamina ás pequenas recompensas (e sen grandes castigos) reforzando o comportamento. As plataformas usan datos e algoritmos para mandar o estímulo no momento perfecto, cando é máis probable que interactuemos.
    En definitiva, as redes sociais non son neutras. Están deseñadas para capturar e manter a nosa atención, aplicando principios psicolóxicos que explotan a motivación, a facilidade de uso e os activadores constantes. O resultado é que interactuamos moito máis do que necesitamos ou queremos, case sempre en beneficio da plataforma. Por iso, dende aquí queremos invitar á reflexión sobre o consumo diario que facemos destas redes e se o facemos porque queremos ou porque “nos obrigan”.
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
    18 min
  • Magacine SALTA DA CAMA mércores 26-11-2025 (Programa completo)
    Salta Da Cama Magacine de 10-11:30h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    00:00
    #Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
    ‍ 07:10
    #Comunicación Actual / Comunicación Amodiño axúdanos a xestionas as nosas redes sociais.
    22:25
    #Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
    27:25
    #concurso, de RG AQUACLIMA, sorteamos unha estufa de pellets de 9KW, regalamos un cocido.
    ❤️31:05
    #revistas Ricas e Famosas, repaso ás portadas das revistas do corazón.
    39:15
    #Avance informativo con Damián Cortés.
    45:45
    #DaynaKurtz Falo con Tomi Legido do Concerto que Dayna Kurtz ofrece este sábado na Estrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 2 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!