Lorena Penas, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do máis buscado en Google en 2024.
"A DANA, Ilia Topuria, Rafa Nadal, Lamine Yamal, Eleccións en Estados Unidos ou A Sociedade da Neve, foron algúns dos termos e preguntas máis populares entre os usuarios de Google".
" Spotify xa lanzou o Spotify Wrapped 2024, o esperado resumo anual que recompila todo o que os usuarios escoitaron".
"Google dividiu esta sección en consultas do estilo: Por que…?, Como…? e Que é…? Entre os resultados, podemos atopar de todo".
Co peche do ano, Google revela as procuras que marcaron tendencia en España, reflectindo os intereses e preocupacións dos usuarios en temas como a actualidade, a ciencia, o deporte, o entretemento e a política.
Xa vos adianto que a DANA, Ilia Topuria, Rafa Nadal, Lamine Yamal, Eleccións en Estados Unidos ou A Sociedade da Neve, foron algúns dos termos e preguntas máis populares entre os usuarios.
✅Categoría información
Actualidade, ciencia e política
O interese polos fenómenos meteorolóxicos extremos como a DANA de Valencia foi notable, xerando procuras como “que é unha DANA” ou “como axudar DANA Valencia”. A preocupación polo clima tamén impulsou consultas sobre o “progreso en obxectivos de cambio climático” e desastres internacionais como o furacán Milton. Os españois interesáronse pola viruela do mono e eventos astronómicos como a eclipse solar.
O panorama político tamén tivo un ano intenso, con eleccións en 64 países, incluíndo España e a Unión Europea. Procuras relacionadas con Pedro Sánchez, Carles Puigdemont e líderes internacionais como Donald Trump ou Kamala Harris marcaron tendencia.
✅Categoría entretemento
Realities, series e películas
No ámbito do entretemento, programas como “A Illa das Tentacións 7” e series como “Fallout” e “Berlín” cativaron ao público. Películas como Oppenheimer e A Sociedade da Neve non só destacaron polo seu éxito, senón tamén polas preguntas que xeraron, como “por que se estrelou o avión dos Ándes”.
✅Categoría deporte
Os Xogos Olímpicos 2024 dominaron as procuras deportivas, especialmente disciplinas como a ximnasia artística, a natación artística e a escalada deportiva. Nomes destacados incluíron a Ilia Topuria, campión de peso pluma da UFC, e a Rafa Nadal, tras anunciar a súa retirada. No fútbol, termos como Eurocopa e os futbolistas Lamine Yamal e Nico Williams ocuparon as procuras, xunto con curiosidades como “por que Mbappé fala español”
✅Categoría preguntas
Esta é a categoría máis divertida do ano, na que podemos atopar un pouco de todo. Como noutras ocasións, Google dividiu esta sección en consultas do estilo: Por que…?, Como…? e Que é…? Entre os resultados, podemos atopar desde dúbidas financeiras, como «Que é unha OPA hostil», en relación ás negociacións entre os bancos BBVA e Sabadell, ou «Como reclamar gastos hipoteca?»; dúbidas solidarias, como pode ser a pregunta «Como axudar DANA Valencia», evidenciando o costado solidario do pobo español; dúbidas sobre tendencias nas redes, como «Que é tradewife?», ou Que é All eyes on Rafah?»; e dúbidas inexplicables, como «Por que se ouriña negro?».
E seguindo coas recompilacións do ano, a app móbil de Spotify xa lanzou o Spotify Wrapped 2024, o esperado resumo anual que recompila todo o que os usuarios escoitaron música desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro.
Non se se algún dos nosos oíntes fixo a súa e quere contarnos os temas que escoitou este 2024…
Segundo os datos recollidos pola plataforma, Wrapped non só é un repaso das cancións máis escoitadas e artistas favoritos, senón tamén unha cápsula do tempo emocional que captura os momentos máis destacados dun ano.
Tamén despregou unha función nostálxica: a posibilidade de revivir os Wrapped de 2022 e 2023. Isto permite aos usuarios recuperar as súas listas de reprodución pasadas e reflexionar sobre como evolucionaron os seus gustos musicais.
O Wrapped non é só un resumo do que se escoitou no ano. Desde que debutou, converteuse nun fenómeno en redes sociais como Instagram e X (antes Twitter), onde os usuarios comparten con orgullo as súas estatísticas. De feito, o día do seu lanzamento, Wrapped xera unha das maiores actividades en redes sociais do ano.
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas