Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de Cal é o idioma das redes.
As redes sociais cambiaron a nosa forma de comunicarnos, facendo que a escrita sexa máis informal e semellante á fala. Usamos abreviaturas, emojis e estruturas sinxelas para que a comunicación sexa rápida e expresiva, aínda que ás veces poida afectar á corrección gramatical. Este novo rexistro escrito permite que calquera se exprese ao instante, creando interaccións máis próximas e accesibles. A clave está en comprender o contexto para usalo axeitadamente.
"As redes sociais cambiaron a nosa forma de comunicarnos, facendo que a escrita sexa máis informal e semellante á fala".
"A RAE tamén se ten pronunciado ao respecto do uso doutros dos elementos protagonistas das redes sociais, como é o caso dos emoticonos e emojis".
"Outro elemento fundamental no idioma das redes son as etiquetas, esas expresións precedidas do símbolo #".
Características da linguaxe en redes sociais
✔️A rede é un medio instantáneo e, por consecuencia, tamén escribimos de maneira similar. É dicir, non é habitual reflexionar previamente ao envío da mensaxe. Isto leva, por consecuencia, a atoparnos con erros gramaticais.
✔️O bo, se breve, dúas veces bo. E é que algunhas redes sociais coma X xa limitan a un número reducido de caracteres os nosos textos.
✔️Cada medio, as súas características. Non vai ser o mesmo escribir nun chat privado, que nun comentario de Facebook ou o post dun blog. Cada plataforma, aínda que similares en moitas cuestións, terá os seus propios recursos.
✔️Proximidade á linguaxe oral. Cando falamos co noso círculo, adquirimos un ton informal, desenfadado, no que as nosas palabras se enchen de incorreccións e usos coloquiais. E semella que isto mesmo está sucedende en redes sociais.
Un diccionario para un novo idioma: algúns exemplos a coñecer
Existen recursos, como o creado pola Universidad de las Américas Puebla, que nos botan unha man con iso de entender a linguaxe da rede. Trátase do Diccionario do Español Especializado en Redes Sociais (ERES). Esta plataforma inclúe termos de dous tipos: aqueles de diversas áreas de coñecemento e do día a día que aparecen en titoriais, foros e conversacións e, por outro lado, palabras novas da fala informal e popular.
Exemplos: PEC, para referirnos a algo que che gusta moito; cringe, cando algo nos dá repelús ou grima; aesthetic, se vemos algo que é bonito, agradable á vista; bro, similar ao uso que lle damos a “tío”; amorch ou e punch, xa que é tendencia rematar algunhas palabras en ch; delulu, que procede de delusional e se refire a alguén que está delirando; devorar, para dicir que arrasamos ou facemos moi ben o noso traballo; funar, semellante a cancelar; fifes, homes heterosexuais que consumen e falan moito de fútbol e deportes; como contraposición ao anterior; potaxie; hype, que causa emoción, expectación; NPC, personas que semellan non ter personalidade, que non aportan nada (en videoxogos, son as personaxes que están de adorno, que non teñen ningún papel na trama); e un longo etcétera.
Os compoñentes visuais: iconos, emoticos e emojis
A RAE tamén se ten pronunciado ao respecto do uso doutros dos elementos protagonistas das redes sociais, como é o caso dos emoticonos e emojis. En primeiro lugar, diferencia entre estes dous conceptos. Os primeiros, serían unha combinación de signos e letras que podemos atopar no teclado dos nosos dispositivos e que intentan representar emocións e, os segundos, son imaxes ou iconas dixitais que cumpren a mesma función que os anteriores pero cuxo significado xa simboliza non só unha emoción, senón que tamén poden referirse a un obxecto ou unha idea.
As recomendacións de escritura de emojis e emoticonos:
✔️O risco da ambigüidade. Os emojis sen información engadida poden non entenderse ou interpretarse de formas moi diferentes dependendo de quen o observe e do contexto que teña. Debemos ter coidado con iso.
✔️Espazos. Salvo que substitúan fragmentos de palabras, deben escribirse separados por un espazo das palabras e pegados ou non aos signos de puntuación en iguais condición que unha palabra.
✔️Maiúsculas. As maiúsculas deben aplicarse como se non estivesen presentes.
✔Signos de puntuación. Debe respectarse a puntuación que tería o enunciado se non estivesen os emojis. No caso dos puntos de peche, colocar un emoji ao final, non xustifica a omisión dos mesmos, salvo que estes indiquen un punto -ou unha exclamación ou interrogación. Así mesmo, no caso de frases únicas, recoméndase colocar primeiro o punto final e logo o emoji -aínda que do outro xeito non é incorrecto- salvo que este substitúa unha peza léxica. No caso de que haxa un segundo enunciado despois, primeiro irá o emoji e logo o signo de puntuación.
Os cancelos
Outro elemento fundamental no idioma das redes son as etiquetas, esas expresións precedidas do símbolo # que facilitan atopar publicacións sobre temas específicos. Algunhas recomendacións, tamén da RAE, para empregalos correctamente son:
✔️Sen espazos. As palabras deben estar unidas e sen símbolos.
✔️Maiúsculas. Permítese para facilitar a lectura (#RadioEstrada), aínda que nunha soa é preferible minúscula (#radio), agás nomes propios.
✔️Acentuación. Débense incluír tildes cando corresponda (#DíaEuropeoDoUsoPrudenteDeAntibióticos) para mellorar a comprensión.
✔️Colocación. As etiquetas poden colocarse ao final da publicación sen puntuación adicional ou dentro do texto, seguindo as normas gramaticais do enunciado.
As redes sociais parece que teñen o seu propio idioma e este feito tamén é tema de debate. Estas palabras que xorden no medio dixital teñen un impacto na evolución da lingua e as opinións adoitan estar polarizadas. Por un lado, están aqueles que cren que é unha perversión da lingua, mentres que, para outros, reflicten unha adaptación natural ás necesidades comunicativas deste novo contexto.
❓Pregunta para a próxima semana: reivindicades datas como o 25-N en redes sociais? Por que o facedes ou por que non?.
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas