Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 13-03-2024
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    4 min
  • SALTA DA CAMA mércores 13-03-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • SALTA DA CAMA martes 12-03-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Falo con Gonzalo Bigmoe de Argentinos Casual Food porque a súa hamburguesa “Old School 1980” é finalista do La Mejor Hamburguesa
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 27 min
  • Argentinos Burguer finalista de La Mejor Hamburguesa de España coa Old School 1980. Falo con Gonzalo Pose
    Argentinos Burguer finalista de "LA MEJOR HAMBURGUESA" coa "OLD SCHOOL 1980" a súa haburguesa inspirada na mítica hamburguesa completa con bacón. Unha homenaxe aos 44 anos de traballo dos seus pais á fronte da histórica hamburguesería da Estrada.
    Gonzalo Pose formouse como cociñeiro e colleu o relevo ao fronte de Argentinos Burguer, pero mantendo a filosofía de innovación para ofrecerlle o pratos máis saboros, da terra e de todo o mundo, aos seus clientes.
    ️ Ubicación: https://goo.gl/maps/YZxkFPUq8b8o19QM9
    "Ven xente de todo Galicia, que ven á Estrada por Argentinos Burguer. É un orgullo para nós".
    "A hamburguesa "Old School 1980" está inspirada na hamburguesa completa de toda a vida. É unha homenaxe aos 44 anos de traballo dos meus pais".
    "Elaborar as salsas que leva a "Old School 1980" ten un proceso moi laborioso".
    Argentinos Burguer ou Argentinos Casual Food é un restaurante situado na Estrada dende o ano 1980. Podemos saborear "Street Food" de todo o mundo e unha ampla carta "Gourmet" onde os productos de cercanía se fusionan para ofrecernos pratos cheos de innovación. Sen esquecer as hamburguesas 100% vacún, pastas e pizzas arxentinas de receta tradicional ou especiais. Pratos aptos para celíacos, cociña sen glute.
    Máis Información “ARGENTINOS BURGUER”:
    ✔️ Páxina Web: https://argentinosburguer.es/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/argentinosburguer
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/argentinosburg_
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/argentinoscasualfood/?hl=es
    ✔️ Teléfono: (+34) 986571226
    Máis Información concurso “LA MEJOR HAMBURGUESA”:
    ✔️ Páxina Web: https://lamejorhamburguesa.com/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/campeonatodehamburguesas/
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/campeonatodehamburguesas/?hl=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min
  • Así funciona o algoritmo de Instagram, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de como funciona o algoritmo de Instagram.
    O algoritmo das redes sociais parece ser un dos bens máis cobizados polos seus creadores. Se ben nos dan pistas de como funciona ou que pequenos xestos axudan a mellorar a nosa visibilidade, non queda de todo claro cal é o funcionamento destes fíos invisibles que conforman as redes sociais.
    "O problema dos algoritmos radica en que, ao final, móstrasenos unha pequena ollada nun mundo moi amplo".
    "Se ben todas as redes sociais contan co seu propio algoritmo, o de Instagram adoita ser o máis “misterioso” de todos".
    "Podemos navegar por Instagram dende diferentes perspectivas: no noso feed, na que se nos mostra maioritariamente contido de usuarios que seguimos".
    O algoritmo refírese a un conxunto de normas de programación que fará que unha publicación se mostre moito ou pouco nunha rede social e tamén que se lle mostre a unha persoa ou a outra. É, en definitiva, un sistema informático que, ao final, nos inflúe como creadores de contido pero tamén
    como usuarios.
    Os factores chave do algoritmo
    Se ben todas as redes sociais contan co seu propio algoritmo, o de Instagram adoita ser o máis “misterioso” de todos. Aínda que na súa propia web explican a grandes rasgos como podemos facer que este xogue ao noso favor, semella que nin eles mesmos saben moi ben como funciona.
    Segundo a plataforma, deberíamos ter en conta varios factores chave:
    ✔️ Intereses do usuario. Instagram vai analizar as publicacións coas que interactuamos, é dicir, a quen lle damos me gusta, os comentarios ou as visualizacións, por exemplo.
    ✔️ As relacións. O algoritmo de Instagram vainos a priorizar o contido doas persoas coas que máis interactuamos. E, con cales interactuamos máis? Pois nas que comentamos nas súas publicacións con máis frecuencia, se nos etiquetan con certos usuarios, etc.
    ✔️ Actualidade. Aínda que é certo que ás veces nos van aparecer publicacións un chisco máis antigas, ao contrario do que pasaría con un feed ordenado de maneira cronolóxica, o algoritmo segue premiando aquelas publicacións recentes.
    ✔️ Duración da sesión. Se somos dos que pasan horas e horas en Instagram, poderíamos pensar que xa non nos queda moito máis por ver na rede social. Pero nada máis lonxe da realidade. O algoritmo mostraranos contido diverso para que non perdamos o interese. E, pola contra, se somos dos que entramos uns minutos ao día, ensinaranos primeiro o que considera máis importante e relevante para nós.
    ✔️ A pestana de Explora. Aquí mostrarásenos contido que podería gustarnos basado en todas estas interaccións previas, pero de contas que non seguimos.
    ⚠️O algoritmo no feed
    Podemos navegar por Instagram dende diferentes perspectivas: no noso feed, na que se nos mostra maioritariamente contido de usuarios que seguimos; en stories, onde se nos mostra ese contido temporal, tamén dos usuarios que seguimos; o Explora, no que se nos ensinará contido de usuarios que non seguimos pero que nos podería interesar; e os Reels.
    Dende a súa páxina oficial, indican que os sinais máis importantes na pestaña do feed, por orde de importancia, son:
    ✔️ A actividade. Aquí inclúese o contido que nos gusta, que compartimos, que gardamos ou comentamos.
    ✔️ Información sobre o post. É a relevancia do post e a súa popularidade e mídise en función de canta xente lle deu like o e rápido que interactúan co post.
    ✔️ Información sobre a persoa que subiu o post. Valórase como a persoa que compartiu un post é interesante para ti. Unha destas sinais é cantas veces interactúas con ela nas últimas semanas.
    ✔️ Historial de interaccións co usuario. Isto é o interese que temos en ver contido sobre unha persoa en concreto.
    ⚠️O algoritmo nas stories
    As stories son unha forma de compartir os momentos do día a día e de achegarse ás persoas que nos importan e aos nosos intereses. E, aínda que o algoritmo aquí traballa dunha maneira similar, hai pequenas diferenzas que podemos ter en conta.
    ✔️ Historial de visualizacións. Analiza con que frecuencia vemos as stories dunha conta e prioriza a visualización daquelas que considera que non queremos perdernos.
    ✔️ Historial de interaccións. Analiza a frecuencia coa que interactuamos coas stories desa conta a través de me gusta ou unha mensaxe directa, por exemplo.
    ✔️ Vínculo. Analiza a relación co usuario da historia en termos xerais e as probabilidades de que sexan amigos ou familiares nosos.
    ⚠️O algoritmo en Explora
    A sección de Explora está deseñada para descubrir contido novo e inclúense recomendacións de fotos e videos de contas que non seguimos. Entón, aquí que se valora?
    ✔️ Información sobre a publicación. Fíxase en como de popular parece ser unha publicación. Trátase de distintas sinais, como a cantidade e a velocidade coa que outras persoas indican que lles gusta, comparten e gardan unha publicación ou deixan un comentario nela. Estas sinais teñen moita máis importancia na sección Explora que no feed ou nas historias.
    ✔️ A nosa actividade. Se interactuamos cun determinado contido, a aplicación tenderá a enseñarnos publicacións similares.
    ✔️ Historial de interacción coa persoa que realizou a publicación. O máis probable é que a publicación a compartira alguén que non coñecemos, pero que interactuasemos con esa persoa dálle unha idea do noso interese.
    ⚠️ O algoritmo dos Reels
    A sección dos Reels é bastante similar a Explora, xa que na maioría dos casos, se nos mostra contido de usuarios que non seguimos. Aquí entran en xogo os seguintes factores:
    ✔️ A actividade. Unha vez máis, a nosa interacción con diferentes publicacións é clave para que logo se nos mostre o contido que o algoritmo considera relevante para nós.
    ✔️ Historial de interacción coa persoa que realizou a publicación.
    ✔️ Información sobre o Reel. Isto é, trátase da pista de audio que empregue, dos elementos visuais incluídos no vídeo e a súa popularidade.
    ✔️ Información sobre a persoa que realizou a publicación. A popularidade de quen publicou o Reel, dende o número de seguidores até a interacción, é clave, xa que consideran que axuda a atopar contido atractivo e variado para os usuarios.
    En resumo, Instagram traballa en función de factores como que se publica, quen o publica, as nosas preferencias e o formato. Deste xeito, o algoritmo recibe sinais que nós mandamos co noso comportamento. Por iso, se interactuamos máis cunha persoa, mostraranos máis contidos desta usuario ou doutros con contidos similares e, se visualizamos máis Reels que carruseis,
    mostraranos máis videos verticais antes que imaxes estáticas.
    O problema aquí radica en que, ao final, móstrasenos unha pequena ollada nun mundo moi amplo e acabamos entrando nunha madrigueira de contido que se retroalimenta ela soa cos nosos clics. A personalización de contido está moi ben cando queremos afondar nun tema en concreto, pero ao
    final, tamén ten os seus riscos, xa que só vemos unha peza de todo o puzzle que conforma a realidade.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SALTA DA CAMA luns 09-03-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación, descífranos o algoritmo de Instagram.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • Falo con Adela Bustelo da Cea solidaria a prol da AECC, na estrada. Actuarán Chelo do Rejo, As Lerchas e Los Chiquis
    O sábado día 16 de marzo celébrase no Restaurante Samaná da Estrada unha cea solidaria para recadar fondos a prol da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO. Nesta cea solidaría participarán diferentes artistas locais, como Chelo do Rejo, As Lerchas, Los Chiquis, e Pablo García "chichas". Ademáis haberá DJ e sorteo de agasallos, entre os asistentes. (Máis Información )
    Falo con Adela Bustelo a coordinadora de AECC na Estrada.
    "A cea é para que a xente nos coñeza e saiba que estamos aquí para seguir axudando en todo o que precise as persoas enfermas e as familias".
    "Os fondos recadados van para investigación, pero tamén para axudar á xente enferma de cancro e as súas familias".
    "Actualmente estamos axudando a 49 persoas na Estrada, pero sabemos que hai máis persoas que necesitan a nosa axuda, por eso que sepan que estamos aquí".
    Cea Solidaria a prol da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO, A Estrada.
    16 de marzo
    21:00h
    ️ Restaurante Samaná, A Estrada
    Compra de convites:
    ☎️ (+34)615354008
    Restaurante Gran Vía
    ⌚️ Xoiería Reloxería Benito Puente
    La Chocolatería
    Máis Información da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO PONTEVEDRA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra
    Máis Información de ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO:
    ✔️ Páxina Web: https://www.contraelcancer.es/es
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/contraelcancer.es
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/ContraCancerEs
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/contraelcancer.es/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/c/Asociaci%C3%B3nEspa%C3%B1olaContraelC%C3%A1ncer
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min
  • SALTA DA CAMA venres 08-03-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    Falo con Adela Bustelo Torres sobre a cea benéfica, que terá lugar no Samaná Restaurante o próximo día 16, a prol da Asociación Española Contra el Cáncer Pontevedra
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 25 min
  • Falamos con Sabina Chedas e Mónica García, dúas das galardoadas este ano pola Aso de Mulleres Rurais Avelina Valladares
    Cada xoves abrimos unha fiestra para a igualdade e a muller no rural. Hoxe falamos con dúas das galardoadas, este ano pola, Aso de Mulleres Rurais Avelina Valladares.
    A asociación Mulleres Rurais Avelina Valladares leva xa trece anos agradecendo a contribución das mulleres estradenses que van pola vida deixando pegada. Este ano a homenaxe será para Rosa Carracedo Sánchez, Sabina Chedas Otero, Rosa Rey Chao e Mónica rei García.
    Sabina Chedas "Emigramos a Venezuela deixando unha nena de dous anos, aquí. E debendo o viaxe. Chegei a dirixir unha fábrica con corenta empregados".
    Mónica García "Miña nai tivo moita forza como muller para tomar decisións, e eu véxome reflexada nela".
    8 de marzo
    17:30h
    ️ Cafetería Ananás, A Estrada
    Sabina Chedas Otero naceu na parroquia de Ouzande e é a menor de sete irmáns. Ao casar foi vivir a Ordes e tras uns anos emigrou a Venezuela co seu marido, deixando á súa única filla ao coidado da súa nai e dunha irmá. A súa ilusión era gañar o suficiente para ter unha casa propia, así que iniciou a súa propia aventura profesional. Comprou unha máquina de coser e púxose a confeccionar camisas. Con outras dúas socias emprendeu a creación dunha sociedade que puxo en marcha unha fábrica bautizada como Saroca, un nome que nacía da conxugación das dúas primeiras letras do nome de cada unha. Recibían as pezas cortadas e encargábanse de coselas e levalas ás tendas para a súa venda. Cando puido, levouse á súa filla tamén a Venezuela. Cando as socias de Sabina decidiron regresar a España, ela quedouse soa á fronte da fábrica e, coa colaboración do seu marido, chegou a ter 40 obreiras. Eles encargábanse da loxística e a contabilidade da fábrica, onde as contas facíanse de memoria. O matrimonio aforrou diñeiro e mandouno ao pai de Sabina para que empezase co proxecto da casa. A familia regresou a España en 1972. De volta e sendo ama de casa, Sabina descubriu a súa paixón pola pintura, unha afección que segue tendo e que adestra en Mulleres da Estrada.
    Rosa Carracedo Sánchez, nacida na Estrada, é a cuarta de sete irmáns. Creceu na taberna de Basilio, emprazada na contorna do lugar onde por aquel entón tiña lugar a feira de gando e onde axudou naqueles momentos difíciles da posguerra. Casou aos 19 anos con Alberto Blanco, mecánico e ferreiro de profesión co que tivo seis fillos. El emigrou a Libia a traballar e ela, con gran dificultade e esforzo, sacou adiante aos seus fillos. Ademais de traballar axudando ao seu pai na taberna, Rosa tamén se gañou a vida confeccionando pezas para bebés desde a súa casa. Segue sendo unha muller activa que participa nas actividades da igrexa e nas de Mulleres da Estrada.
    Rosa Rey Chao, naceu na Estrada no seo dunha familia de sete irmáns, sendo ela a quinta. Casou aos 24 anos con Armando, orixinario de Lugo. Ao principio da súa nova vida viviu en Ferrol, Viveiro, Pontevedra e Vigo. Daquela a parella instalouse en Lugo, onde naceron as súas tres fillas. Trece anos máis tarde a familia volveu á Estrada. De carácter moi social e colaborador, Rosa participa activamente en diferentes asociacións e nas actividades sociais e culturais que se organizan na Estrada.
    Mónica Rey García é o reflexo do novo zume estradense. Naceu en Venezuela de pais estradenses —el de San Pedro de Ancorados e ela de Rubín. De regreso na Estrada, estudou Administración e fixo prácticas nunha empresa na que quedou a traballar máis dunha década. A morte temperá dun familiar moi próximo marcou a súa forma de encarar a vida. Pertence a unha nova xeración de loitadoras onde o reinventarse é un camiño cara ao éxito. Empresaria e entregada ao movemento feminista, crea e dá oportunidades a outras mulleres da súa contorna nos seus perfís profesionais. Casada con Javier e nai de dous fillos, é unha buscadora incansable de oportunidades, sempre en continua evolución e implicada no movemento asociativo feminino.
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    27 min
  • SALTA DA CAMA xoves 07-03-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos con Sabina Chedas e Mónica García, galadoadas pola Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!