Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe explícanos como se chama a parafilia que nos fai sentir atracción polos malotes e malotas. A HIBRISTOFILIA
"Unha parafilia refírese a un comportamento sexual onde o pracer se conseguen máis alá das relación sexuais convencionais".
"Esta parafilia pode resultar verdadeiramente perigosa para quen a padece, poñendo en risco a integridade física e mental da persoa".
"A hibristofilia é coñecida tamén como o síndrome de Bonnie&Clyde".
Unha parafilia refírese a un comportamento sexual onde o pracer se conseguen máis alá das relación sexuais convencionais.
⚠️Os trastornos parafílicos, pola súa parte, son fantasías recorrentes e intensas de excitación sexual, pulsións ou comportamentos sexuais angustiosos ou incapacitantes e que involucran a posibilidade de causar dano, sufrimento ou humillación.
✔️ É dicir, a diferencia entre unha parafilia e un trastorno parafílico é que os trastornos causan malestar ou deterioro
Hoxe ímonos referir aquí a un tipo de parafilia, que inicialmente non tería porque considerarse trastorno, que é a hibristofilia. Esta refírese ás persoas que presentan excitación sexual e logran o orgasmo ao ter unha parella que cometeu crímenes ou delitos.
✔️Esta parafilia pode resultar verdadeiramente perigosa para quen a padece, poñendo en risco a integridade física e mental da persoa. Aínda que tamén se poden dar casos máis “suaves” nos que simplemente se terá atracción cara persoas que transgriden certos límites, aínda que non cheguen a tratarse de delitos graves.
✔️Aínda que segundo o autor que acuñou o termo (John Money) esta parafilia pode darse en calquera perfil de persoa, na práctica considera que se da con maior frecuencia no caso de mulleres heterosexuais.
✔️Nos casos máis suaves, ten que ver con esa crenza popular de que as mulleres temos gusto e predilección polos “malotes”. Se nos imos aos casos máis extremos, coñécese que persoas que cometeron crímenes con vítimas mortais e incluso asasinos múltiples, contaron con varias admiradoras interesadas neles de forma romántica.
✔️No caso dos casos extremos, o probable é que a persoa corra perigo tanto físico como psicolóxico, mentres que nos casos máis suaves non se trata tanto dese perigo físico, pero o risco emocional pode ser tamén importante.
✔️Aínda que non existen demasiados estudos que expliquen esa tendencia feminina, algúns consideran que pode ser porque algunhas mulleres relacionan a violencia con poder e forza, e, polo tanto, con atractivo e con protección propia.
✔️Considérase que ademais da violencia en si, existe unha triada de personalidade que pode ser máis atractiva para algún tipos de persoas. Trataríase de persoas narcisistas, maquiavélicos e con certo grao de psicopatía.
✔️O estilo de apego infantil, unha baixa autoestima, ou os estereotipos sociais levan, probablemente, a unha maior tendencia a caer en relacións con este tipo de persoas.
Ademais, xúntase isto coa tendencia a considerarse unha “posible salvadora”, que vai facer que a través do amor, case pensando en Disney e no bico que lle da a princesa ao sapo que se converte en príncipe, ese home se vai converter nunha persoa de proveito.
✔️BONNIE & CLYDE. A hibristofilia é coñecida tamén como o síndrome de Bonnie&Clyde, xa que, de acordo coa literatura, Bonnie non tivo unha vida fácil, casouse por primeira vez aos 16 anos, cun home que terminou preso por asasinato. Coñeceu a Clyde e deixou a vida criminal, aínda que non puido ocultar esa vida criminal. Tras pasar uns anos preso por roubo, saíu e xunto a Bonnie crearon unha banda, converténdose nun fito mundial. En 1934 foron abatidos xuntos.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas