Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de que podemos facer para combater os bloqueos creativos en redes sociais?
Cando se fala de Community Managers ou da xestión de redes sociais dalgún negocio sempre se di que estas persoas deben ser creativas, ao tanto da actualidade e das tendencias e, por suposto, con capacidade de adaptación aos cambios rápidos e abruptos que se poden manifestar na comunicación en plataformas dixitais.
Aínda que a teoría sona relativamente sinxela, cabe a posibilidade de que nos enfrontemos a bloqueos creativos ou que non saibamos como manternos ao tanto das noticias do noso sector ou de tendencias globais das que poidamos aproveitarnos para crear contido. Así que hoxe imos intentar poñerlle solucións ou, polo menos, ter remendos á man para cando nos aconteza isto.
"Cabe a posibilidade de que nos enfrontemos a bloqueos creativos ou que non saibamos como manternos ao tanto das noticias do noso sector ou de tendencias globais das que poidamos aproveitarnos para crear contido".
"Aínda que sempre estamos falando de crear contido, a curación de contido é tan importante ou mais".
"Se queremos saber que hai de novo sobre un tema concreto, podemos crear unha alerta de noticias en Google".
A creatividade defínese como a capacidade ou habilidade para inventar ou crear cousas, dende obxectos físicos a ideas. E, aínda que quizais se asocia con maior facilidade á arte, como a pintura, a escultura, literatura, música ou calquera outra expresión, tamén ten moito que ver coa ciencia, a tecnoloxía ou a publicidade. A fin de contas, a creatividade fai referencia á posibilidade de crear algo novo
⚠️Para fomentar esta capacidade de crear, en termos xerais, podemos recomentar facer un consumo de cultura, dende ler vinte páxinas dun libro cada día, ir ao cine no día do espectador ou visitar museos e exposicións. Se, pola contra, o que necesitamos é unha idea, aquí e agora, podemos darlle ao brainstorming, isto é, unha tormenta de ideas que se pode facer de maneira individual ou en grupo para traer ao exterior ideas relacionadas de algunha maneira cun concepto en concreto.
Como curiosidade, o brainstorming xurdiu no ámbito da publicidade a mediados do século XX, momento no que o publicista e teórico da publicidade, Alex F- Osborn, recurreu a ela para salvar a súa axencia durante un período de crise. As regras do xogo, neste caso, eran fáciles: reuníase a un grupo de persoas (e, canta maior diversidade de perfís, mellor) para reflexionar sobre un único tema, non había filtros e contaba cunha duración determinada, non máis alá dos 60 ou 90 minutos.
Agora ben, se estamos falando dun bloqueo creativo en canto a redes sociais, podemos atopar inspiración de outras moitas maneiras.
✔️ Benchmarking.
O benckmarking é o punto de referencia do que debemos partir en redes sociais. Este refírese ao proceso de avaliación e análise da competencia de procesos, produtos, servizos, comunicación ou calquera outro aspecto que nos interese. É dicir, é unha especie de guía que nos permite estar ao tanto do que fai a nosa competencia, que lles funciona ben ou cales son os seus puntos débiles. É o punto de referencia para a nosa acción en redes sociais. Podemos seleccionar 3 ou 4 empresas do noso sector, tanto sexan competencia como referentes, e analizar determinados aspectos que nos interesan deles: o contido que publican e a súa frecuencia, o formato elixido, en que redes sociais están presentes, que é o que demanda máis a súa audiencia, como interactúan coa súa comunidade, etc.
✔️ Google Trends.
É unha ferramenta de Google que nos permite coñecer os temas que os usuarios están seguindo practicamente en tempo real en Google ou Youtube. Podemos facer as nosas propias buscas e comparar a popularidade de varios termos pero tamén podemos adicarnos a ler o contido curado polo propio equipo de Google News, que nos conta os temas principais por países. O interesante agora mesmo desta ferramenta é que está a mostrar un resumo das tendencias de todo o ano 2023. Así, por exemplo, atópamos en España con que Chat GPT, as eleccións, a Copa Mundial de Fútbol Feminino, Rubiales e Israel foron algunhas das buscas máis populares.
✔️ Answer The Public.
É unha ferramenta que permite atopar as palabras chave para unha estratexia de contidos pero tamén para inspirarnos. O emprego da plataforma é doado.
Debemos engadir un termo, seleccionar o país e odioma e, a partir de aí, mostraranos as diferentes preguntas que se fai un usuario en relación a este en formato de roda, lista ou táboas.
Por exemplo, se queremos ter algunha que outra idea relacionada coa radio, introducimos o termo e este danos preguntas que fan os usuarios tan variadas e dispares como “quen foi o inventor da radio?”, “que radio transmite este partido?”, “por que a radio do coche non se escoita?” ou “como sintonizar radio?”
✔️ Curación de contidos.
Aínda que sempre estamos falando de crear contido, a curación de contido é tan importante ou mais. Este termo fai referencia ao proceso no que se busca e recompila contido en liña doutros medios para compartilos nos nosos propios. A curación sería, por exemplo, compartir nas stories de Instagram o enlace dunha noticia ou a publicación doutra conta sobre tendencias en moda se somos unha tenda de roupa. Para realizar unha boa curación de contidos (e inspirarnos) ha varias ferramentas que poderemos empregar.
✔️ Feedly.
Permite buscar, filtrar e organizar blogs, webs e noticias por diferentes categorías e agrupar contidos que nos interesan para ver máis tarde nun só lugar.
✔️ Menéame.
É un agregador de noticias que permite aos usuarios enviar historias ou novas interesantes para que o resto da comunidade os vote. Estas novas aparecen primeiro na cola de pendentes ata que conten con suficientes votos e o algoritmo, chamado karma, o leve ata a páxina principal.
✔️ Alertas de Google.
Se queremos saber que hai de novo sobre un tema concreto, podemos crear unha alerta de noticias en Google, que nos enviará un mail á nosa bandexa de entrada coas ligazóns novas ao respecto.. Poderemos elixir a frecuencia coa que queremos que nos envíen as alertas, pero tamén seleccionar o tipo de fonte (noticias, blogs, webs, foros, etc.), o idioma, a rexión e a cantidade de
resultados.
✔️ Tendencias en redes sociais.
Ademais destas ferramentas de monitorización de contidos, non haberá mellor maneira de inspirarse e de coñecer as tendencias que estando presente en redes sociais e explorando os diferentes hashtags coas palabras chave que máis nos interesen.
Por suposto que imos atoparnos con máis ferramentas e máis técnicas, pero con estes pequenos pasos conseguiremos non só fomentar a creatividade e desterrar os bloques creativos, senón tamén estar ao tanto da actualidade que nos rodea.
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas