Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Os influencers poden potenciar o comercio local?, por Laura de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos Os influencers poden potenciar o comercio local?.
    Este mes tivemos de todo: a resaca de Samaín, o mes eterno do Black Friday e, agora, como colofón do mundo dixital do mes de novembro atopámonos co día do influencer. De feito, o pasado mércores 22 retransmitírons os Premios TikTok2023 que premiaron a algúns dos usuarios de redes sociais con máis influencia no panorama actual.
    "O emprego de influecers na nosa estratexia dixital pode ser moi efectivo para o comercio local".
    "A dixitalización fixo que os consumidores teñan un poder sen precedentes sobre as marcas e, grazas ás redes sociais, poden ser creadores de novas correntes de opinión destes produtos e servizos que ofrecen".
    "Se falamos do comercio local, o máis probable é que busquemos un microinfluencer antes que un macroinfluencer".
    Aínda que pareza mentira, a figura do influencer aparece antes de Internet: remóntase a principios do século XX. xa na década de 1920 apareceron as primeiras celebridades, que eran embaixadoras dunha marca e baixo a súa experiencia recomendaban algún produto, facilitando así as decisións de compra dos consumidores.
    O que hoxe en día coñecemos como influencers apareceron á par que as redes sociais: en 2004 e 2006, co nacemento de Facebook e Twitter. Neste sentido, trátase de usuarios que, pola súa capacidade comunicativa ou creatividade, comezaron a crear comunidades respecto a un interese común.
    No seu momento, para as marcas, o interesante destas personas de influencia radicaba na naturalidade que presentaban fronte a artificialidade que podían amosar un famoso ou unha personaxe pública á hora de promocionar un produto ou servizo. Deste xeito, as diferentes firmas viron un potencial nestas figuras para chegar aos seus públicos obxectivos.
    E todo isto, por que? A dixitalización fixo que os consumidores teñan un poder sen precedentes sobre as marcas e, grazas ás redes sociais, poden ser creadores de novas correntes de opinión destes produtos e servizos que ofrecen.
    Todos os influencers son iguais?
    Cando falamos destes influenciadores, o primeiro que nos vén á mente son estas grandes figuras públicas con milleiros de seguidores e seguidoras, pero non ten por que ser así. Podemos chegar a ser influencers con cifras bastante máis humildes e darlle ás marcas resultados iguais ou mellores.
    ✔️Nanoinfluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 1.000 e 10.000 seguidores.
    ✔️ Microinfluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 10.000 e 100.000 seguidores.
    ✔️ Macroingluencers. Aqueles usuarios que teñen entre 100.000 e un millón de seguidores.
    ✔️ Megainfluencers. Aqueles usuarios que teñen máis de 1 millón de seguidores.
    Logo desta clasificación, como é de esperar, tamén se clasifican por temáticas. Podemos atoparnos con gamers, deportistas, vloggers, fotógrafos, viaxeiros, expertos en moda e beleza, activistas, cómicos, etc.
    Por que confiar na figura dun influencer para promocionar a nosa marca?
    ✔️Xeran confianza. Son un amigo que nos recomenda produtos. De primeiras, co seu discurso non nos poñemos a pensar en que hai unha marca detrás del.
    ✔️ Naturalidade. Saber comunicar con naturalidade é un valor fundamental para as marcas e, estas persoas, adoitan posuír este atributo.
    ✔️ Interacción. Son moi fans de algo que nós tamén somos fans: a comunicación bidireccional. Os influencers comunican, pero tamén responden. Algo que aos usuarios nos gusta e valoramos.
    Agora ben, non sempre é doado atopar a ese influencer que tan ben se adapta ao noso perfil. Por iso, existen plataformas de busca que xestionan este tipo de campañas como pode ser Influencity, Heepsy, Upfluence ou Social Bakers.
    Microinfluencer ou macroinfluencer: que é mellor para unha marca?
    Non hai un mellor ou peor, pero se falamos do comercio local, o máis probable é que busquemos un microinfluencer antes que un macroinfluencer.
    ✔️Autenticidade e conexión máis persoal: Os microinfluencers adoitan ter audiencias máis pequenas e específicas. Isto permítelles ter unha conexión máis persoal cos seus seguidores. A súa audiencia pode percibilos como máis auténticos e cercanos, o que pode xerar unha maior confianza nas recomendacións que fan.
    ✔️ Nicho específico: Os microinfluencers adoitan centrarse en nichos máis específicos e especializados. Se unha marca está a buscar chegar a un público obxectivo moi específico, un microinfluencer que se especialice nel pode ser máis efectivo que un macroinfluencer cunha audiencia máis ampla pero menos específica.
    ✔️ Custo relativo: En xeral, os microinfluencers tenden a ser máis accesibles en termos de custos para as marcas. Poden estar dispostos a colaborar por produtos ou servizos, tarifas máis baixas ou acordos flexibles, o que pode ser beneficioso para as empresas con orzamentos máis axustados.
    ✔️ Maior compromiso: Aínda que os macroinfluencers poden ter un maior número absoluto de seguidores, os microinfluencers adoitan ter taxas de interacción máis altas en relación coa súa audiencia. Isto significa que, en proporción, poden xerar un maior compromiso e participación por parte dos seus seguidores.É dicir, este pode xerar un maior engagement.
    ✔️ Menor saturación publicitaria: dado que os microinfluencers adoitan promocionar produtos con menos frecuencia que os macroinfluencers, o seu contido promocional pode ser percibido como menos invasivo.
    Deberíamos empregalo no noso comercio local?
    Segundo a plataforma Coobis, o 74% das empresas europeas asegura ter empregado a estas figuras nas súas campañas publicitarias. Non hai dúbida que os influencers tamén poden reportar beneficios ao comercio local:
    ✔️Aumento da visibilidade: os influencers locais poden ter seguidores que tamén son locais, o que significa que a promoción de produtos ou servizos a través deles pode aumentar significativamente a visibilidade dun comercio na comunidade local.
    ✔️ Conexión coa comunidade: adoitan ter unha conexión máis estreita coa súa audiencia, xa que comparten experiencias e entornos similares. Isto pode xerar unha maior confianza e autenticidade nas recomendacións de produtos ou servizos, o que é esencial nun entorno de comercio local.
    ✔️ Maior credibilidade e confianza: poden engadir credibilidade e confianza. A familiaridade do influencer coa comunidade pode facer que as recomendacións sexan máis impactantes e cribles para os seus seguidores locais.
    ✔️ Adaptación aos orzamentos: se buscamos pequenos influencers poden ser máis accesibles en termos de custos en comparación con influencers de renome a nivel nacional ou internacional. Isto é especialmente beneficioso para comercios locais con orzamentos máis limitados.
    En resumo, o emprego de influecers na nosa estratexia dixital pode ser moi efectivo para o comercio local ao aproveitar a influencia de persoas que teñen unha conexión directa coa comunidade. Pode aumentar a visibilidade, xerar confianza e tamén fomentar a participación local, contribuíndo ao éxito a longo prazo do comercio na comunidade.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • SALTA DA CAMA luns 27-11-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Regalo entradas para ir ver ao Club Deportivo Estradense
    Laura López de Actualizados Comunicación, tráenosn as claves do
    comercio local nas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • BROKEBACK SABUCEDO, paixón entre bestas, visita a Estrada. Falo con Santiago Telmo e Borja Salgado.
    SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración de Rápaa dás Bestas de Sabucedo.
    Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada. Interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo. Dirixido por Rocío Romero e con Álex Sobrino no espazo escénico (iluminación, audiovisuais e son), sendo a escenografía e o vestiario ideados pola propia compañía.
    Santiago Telmo: "BrokeBack Sabucedo, nace pola carencia que hai nas escénicas de espectáculos de temática LGTBIQ+".
    Borja Salgado: "O traballo de documentación, dalle veracidade á obra. Son dúas personaxes, cada unha coa súa opinión, e é o público quen saca as súas propias conclusións".
    Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan en Rápaa dás Bestas en Sabucedo despois de moitos anos, Roi marchouse a vivir a Madrid e Rafa segue vivindo no pobo. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
    Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe á tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
    INTÉRPRETES:
    SANTIAGO TELMO (Sanxenxo, 1977)
    Actor, animador, transformista e traballador social. Diplomado en Traballo Social na USC. Formouse no teatro universitario en grupos como "EIS" e "Ápeiron". En teatro profesional traballou en compañías como Cachuzo Teatro ou Femme Fatale. Participou en proxectos audiovisuais como "As altas presións" de Anxo Santos e "13 Badaladas" de Xavier Villaverde. Participou en programas da TVG como "Gran Hotel","Pratos combinados","Rías Baixas","Ou Gran Camiño","Máxima audiencia". . . Actualmente forma parte da compañía Sal do Teatro e exerce como Traballador Social no Concello de Ribadumia (Pontevedra).
    BORJA SALGADO (Santiago de Compostela, 1987)
    Fundador de Sal do Teatro. Actor, animador, monitor, produtor e pedagogo teatral. Licenciado en Interpretación Textual na ESAD de Galicia. Organizador da Mostra de Teatro Breve, ESCENOIA. Participou en diversos proxectos audiovisuais como: "Jacinto" de Javi Camino, a campaña publicitaria de Seguros ABANCA 2022/23, "Un asunto privado" para Amazon e programas da TVG: "A lei de Santos","Air Galicia", "Arre Demo". . . Desde o 2015 exerce como pedagogo teatral en diversos centros e institucións. Actualmente forma parte do espectáculo "A danza dúas paxaros" de Cancunquinqué/Urdime así como de diversos espectáculos teatrais infantís e noutras producións de Sal do Teatro.
    DIRECCIÓN:
    ROCÍO ROMERO (Pontevedra, 1982)
    Formouse en distintas escolas de teatro, a Artística de Vigo, Santart (Compostela) e na ESAD de Galicia en Interpretación Textual. Formouse tamén en disciplinas como clown, commedia dell arte, interpretación para a cámara, cabaret e biomecánica entre outras disciplinas. Na actualidade cofunde e coproduce a Cía. Juanito.
    Máis Información de SAL DO TEATRO:
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/SaldoTeatro
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/saldoteatro/?hl=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • II Programa de Crecemento Empresarial, falamos con Fátima Failde, asesora do plan SmartPeme para o Deza Tabeirós,
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Fátima Failde, asesora do plan SmartPeme para a comarca do Deza Tabeirós.
    "Vai dirixido a negocios consolidados que queiran redirixir a súa actividade e tamén reforzala e a persoas emprendedoras que necesiten apoio para consolidar a súa idea; que residan na comarza de Deza - Tabeirós.".
    "O Programa de Crecemento Empresarial levarase a cabo en formato presencial e formato telemático e adaptarase ás
    necesidades das persoas participantes".
    "As persoas que se queiran apuntar ao II Programa de Crecemento Empresarial, téñeno que facer antes do día 30 de novembro".
    ANÓTATE: https://smartpeme.depo.gal/-/ii-programa-de-crecimiento-empresarial-en-el-vivero-de-empresas-de-lalin?redirect=https%253A%252F%252Fsmartpeme.depo.gal%252Factualidad%253Fp_p_id%253D101_INSTANCE_8jpXsHOfdjTx%2526p_p_lifecycle%253D0%2526p_p_state%253Dnormal%2526p_p_mode%253Dview%2526p_p_col_id%253Dcolumn-3%2526p_p_col_count%253D2
    A oferta formativa do Programa de Crecemento Empresarial inclúe obradoiros e mentorings en:
    ✔️ marketing dixital e redes sociais
    ✔️ imaxe corporativa
    ✔️ ecommerce
    ✔️ finanzas & desenvolvemento
    ✔️ empresarial
    ✔️ team building e liderado
    ✔️ comunicación
    SMARTPEME é unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por persoas asesoras especialistas, onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.
    SERVIZOS DO SMARTPEME
    Smartpeme comezou no ano 2016 como un servizo de asesoramento no uso das TIC ao tecido empresarial. A necesidade de seguir axudando ás empresas da provincia xerou a aparición de novos servizos que consolidan e impulsan a rede.
    ✔️ Asesoramento individualizado: ofrécese asesoramento personalizado baseado no uso das Novas Tecnoloxías no eido empresarial, distinguindo entre diferentes bloques: presenza 2.0, imaxe, software de xestión e ferramentas ofimáticas.
    ✔️ Smartpeme Impulsa ofrece asesoramento e capacitación na mellora da competitividade global dos negocios. As temáticas que se abordarán coincidirán coas necesidades máis relevantes para toda empresa en materia de crecemento empresarial, innovación e internacionalización.
    ✔️ Centro Provincial de Economía Dixital: situado en Barro-Meis e apoiado nas instalacións do FabLab que a Deputación ten no viveiro de empresas. O centro xorde co obxectivo de dar a coñecer as solucións tecnolóxicas máis novidosas no eido empresarial, entre as que se engloban impresión 3D, robótica, Big Data e realidade aumentada, entre outras.
    ✔️ TurisTIC, enfocado no asesoramento tecnolóxico específico para o sector turístico, dada a relevancia que ten o sector na provincia. Busca axudar a mellorar o uso e a adaptación dixital das empresas do sector, dotándoas de ferramentas para mellorar a súa competitividade e eficiencia.
    Máis Información do SMARTPEME:
    ✔️ Páxina Web: https://smartpeme.depo.gal/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/smartpeme
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/smartpeme
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/smartpeme/
    ✔️☎️: 886 20 20 20
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • SALTA DA CAMA xoves 23-11-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos con Fátima Failde, sobre o II Plan Smart Peme.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 22-11-2023
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    6 min
  • SALTA DA CAMA mércores 22-11-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • Hoxe falamos dos perigos psicolóxicos das compar compulsivas con Verónica Barros, de Barros Psicología
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos das compras compulsivas.
    O Black Friday pode ser unha oportunidade marabillosa para facernos con cousas que necesitamos comprar a un mellor prezo. Sen embargo, como sempre, trátase claramente dunha campaña para xerar un maior consumo en momentos do ano nos que tendemos a gastar menos, a quedarnos na casa, …
    "As tendas online fai que a persoa poida acceder a máis cousas dende a súa casa, polo que pode comprar a soas, e pode evitar a vergoña ou a culpabilidade, escondéndolle ás persoas cercanas as súas compras".
    "Temos que ter moito coidado, xa que as compras compulsivas, en gran parte das persoas pode chegar a xerar sentimentos de frustración, irritabilidade, ou incluso pode facer que a persoa non chegue a controlar os seus desexos por comprar".
    "Evitar comprar cando somos conscientes de que as nosas emocións están convulsas".
    A día de hoxe saltamos continuamente dunha campaña a outra, case sen darnos conta, con millón de oportunidades para o consumismo: 11/11, black Friday, nadal, amigo invisible, rebaixas, mid season, … facéndose unha cadea de consumismo que case non nos deixa percibir que estamos comprando de máis durante todo o ano.
    Temos que ter moito coidado, xa que moitas veces isto, en gran parte das persoas pode chegar a xerar sentimentos de frustración, irritabilidade, ou incluso pode facer que a persoa non chegue a controlar os seus desexos por comprar.
    A acción de comprar, chega un momento, no que se volve aditiva, incluso xerando un bucle de intereses, procura de opcións de forma compulsiva, ata que se atopa o que se desexa, e ata que se ten non se para. Posteriormente a isto, en numerosas ocasión, poden aparecer sentimentos de culpabilidade, arrepentimento ou autorreproche, causados pola incapacidade de afrontar de maneira eficaz esta impulsividade.
    O que sucede é que a día de hoxe non so podemos comprar en tendas físicas, senón que o acceso sinxelo a todas as tendas online fai que a persoa poida acceder a máis cousas dende a súa casa, polo que pode comprar a soas, e pode evitar a vergoña ou a culpabilidade, escondéndolle ás persoas cercanas as súas compras.
    Por tendencia xeral, as mulleres teñen máis tendencia a comprar xoias, ropa ou produtos relacionados coa estética, mentres que os homes soen centrarse en obxectos de electrónica.
    Que podemos facer para evitar as compras compulsivas?.
    1. Conciencia. Recoñecer que moitas veces nos pasamos comprando, ou intentar reflexionar acerca de se precisamos comprar algo ou non neste momento.
    2. Establecer presuposto concreto. Definir os nosos límites financieiros e centrarse neses límites.
    3. Lista da compra: Facer unha lista antes de poñernos a comprar e ceñirse a ela, evitando artigos que non estaban nesa lista e que non son necesarios.
    4. Espazo de reflexión. Aínda que estas campañas nos transmiten que as temos que aproveitar porque despois o artigo será moito máis caro, que é a oportunidade perfecta e que nos imos arrepentir, antes de comprar débese reflexionar acerca de si a compra é necesaria, se é a mellor opción, se o prezo nos convence, ...
    5. Eliminar tentacións. Evitar tendas ou plataformas en liña cando non sexa necesario.
    6. Evitar comprar cando somos conscientes de que as nosas emocións están convulsas. Normalmente cando estamos tristes unha das recomendacións pode ser, colle a un amigo ou a unha amiga, e vaite de compras. Isto xusto non é o máis recomendable cando temos tendencia a comprar de forma compulsiva ou cando vemos que iso se pode volver contra nos. É importante que a compra non se converta nunha vía de escape para xestionar as nosas emocións.
    7. Buscar apoio. Compartir as nosas ganas de non caer na tentación con algún amigo, familiar ou parella, para que sexan como ese chivato do coche que nos di que non hai gasoil.
    8. Profesionais da psicoloxía. Si a compra nos damos de conta que está a afectar na nosa vida, mellor buscar axuda en profesionais.
    Marta Pombo comenta nas súas redes sociais que vai renunciar a unha gran suma de ingresos para evitar que esta semana se converta en puro consumismo, e que se vai quedar con dúas campañas, e evitar o consumismo.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA martes 21-11-2023 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología, Falamos das compras compulsivas.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • O Venres Negro chega a redes sociais, por Laura de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos O Venres Negro chega a redes sociais.
    "O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio, non só o aumento de vendas".
    "Debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer".
    "O que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa".
    O Venres Negro chega a redes sociais
    Single Days, Black Friday, Cyber Monday…Estamos un pouco pesados con iso dos días especiais, non? Xa pasamos o ecuador de novembro e, este mes, quizais sexa un dos máis interesantes en canto a accións comerciais se refire: a xente adiántase ao Nadal, aproveita os descontos irresistibles do Venres Negro e estamos constantemente expostos a campañas publicitarias relacionadas con estes eventos.
    A orixe do Venres Negro
    Polo visto, hai moitas teorías ao respecto da orixe do Black Friday, aínda que unha cousa está clara: o termo apareceu por primeira vez en Estados Unidos. Unha das teorías remóntase ao 24 de setembro de 1869, cando dous axentes da bolsa de Wall Street, aliándose cun famoso político de Nova York, intentaron facerse con todo o mercado de ouro. A súa artimaña caeu en desgraza e o prezo do ouro desplomouse en cuestión de minutos, de maneira que moitos inversores se arruinaron. Esta xornada pasouse a coñecer
    como Venres Negro.
    Outra teoría, xa máis ligada ás compras, fala do sábado posterior a Acción de Grazas, a mediados da década de 1950. Nese día, o exército e a marina ían enfrontarse nun partido de fútbol americano en Filadelfia. Os desprazamentos producidos o venres previo ao partido e, a xente previsora que xa estaba a facer as súas compras de Nadal, fixeron que a cidade colapsase e que ningún polícia puidese tomarse o día libre nese venres. Bautizaron esa xornada, polas vestimentas negras, como Black Friday e, a iniciativa tivo tanto éxito que pronto os comerciantes de Filadelfia comezaron a empregar ese termo para describir as vagas de persoas que se daban cita nas tendas da cidade despois de Acción de Grazas.
    Porén, habería que esperar varios anos a que isto do Black Friday se popularizase en Estados Unidos. O verdadeiro pulo chegou o 19 de novembro de 1975, cando os comerciantes puxeron descontos de infarto o día seguinte a Acción de Grazas.
    Pola contra, se queremos saber sobre o comezo do éxito do Venres Negro en España hai que esperar a 2012, coas ofertas da cadea alemana MediaMarkt. E, un par de anos despois, sumóuselle El Corte Inglés e Amazon.
    Por que deberíamos realizar unha campaña de Black Friday en redes?
    O Black Friday en si mesmo pode ter numerosas vantaxes para un comercio: a máis evidente delas, o aumento de vendas, pero tamén desenvolver a lealdade do cliente, desfacerse de stock, atraer novos clientes, xerar uxencia e emoción de compra, incrementar a visibilidade da marca e moitos máis.
    Se falamos de redes sociais, estas poden un aliado moi útil para a promoción dos nosos produtos, servizos e ofertas durante este evento.
    ✔️Posibilitan un alcance masivo. As redes sociais teñen unha audiencia moi ampla e diversa. A promoción en plataformas como Facebook, Instagram, Twitter e LinkedIn permite chegar a un gran número de usuarios de maneira efectiva.
    ✔️Segmentación da audiencia. Ofrécennos ferramentas de segmentación
    avanzadas que permiten dirixir os anuncios a audiencias específicas segundo
    características demográficas, intereses e comportamentos, o que axuda a chegar a clientes potenciais máis relevantes.
    ✔️Interacción directa e rapidez na difusión. Podemos responder preguntas,
    proporcionar información adicional e xerar unha conexión máis cercana coa
    audiencia. Ademais, a natureza viral das redes sociais facilita a difusión rápida da información. Se a nosa oferta é atractiva, é probable que se comparta e que se cree ese boca a boca, aumentando a visibilidade da campaña.
    ✔️Análise e seguimento. As plataformas de redes sociais ofrecen ferramentas
    analíticas que nos permiten medir o rendemento das campañas en tempo real. Podemos facer un seguimento das interaccións, conversións e outros indicadores clave para axustar a estratexia.
    Como arrasar en redes sociais co Black Friday?
    Hai varias claves que podemos ter en conta á hora de darlle forma á nosa estratexia:
    ✔️Crear campañas en redes sociais. Afirmar que quen non está en redes sociais non existe, tal vez sexa algo sentencioso. Con todo, do que non hai dúbida é que son unha ferramenta fundamental para calquera campaña dixital. Os Social Ads permitirannos crear campañas de venda dirixidas ao noso público obxectivo sen gastar unha cifra desorbitada.
    ✔️Email marketing. Contar cunha newsletter sempre é unha boa idea e, con estas datas, aínda máis. Con ela, poderémosnos adiantar á propia data e ir mostrándolle á nosa audiencia o suculento prato de descontos que lles espera á volta da esquina.
    ✔️Xerar expectación. Se o facemos ben, temos que facelo con tempo e xerando expectación. Precisamente a través dunha newsletter e das publicacións que compartamos en redes sociais podemos crear este efecto.
    ✔️Mostrar as ofertas dentro das ferramentas das redes sociais. Plataformas
    dixitais como Instagram ou Facebook teñen integradas tendas en liña, o que se coñece como Social commerce, que lle permiten aos usuarios consultar os
    produtos dunha marca sen saír da rede social. Aos usuarios gústanos ter todo na palma da nosa man e que todo sexa moi fácil. Se lles aforramos tempo e esforzo ao noso público, terémolos a punto de caramelo para que realicen a súa compra.
    ✔️Máis creativos e travesos. Se queremos captar a atención, non será suficiente con ter descontos atractivos, senón que as creatividades e deseños que fagamos, así como o ton que empreguemos na nosa comunicación, será fundamental. É boa ideal empregar cores como o negro, amarelo ou vermello e un ton informal e cercano.
    ✔️Emociónate. Moitos de nós aproveitamos estas datas para facernos cos regalos de Nadal ao mellor prezo. E se por algo se caracteriza o Nadal é por apelar ás emocións. Tal vez sexa un bo momento para aplicalo en copies e creatividades.
    En definitiva, as datas como o Venres Negro non só nos brindan a posibilidade de aumentar as nosas vendas, senón tamén de facernos ver entre o noso público obxectivo, de maneira que nos recorde para futuras compras. Sen embargo, debemos ter en conta que, que todo o mundo se suba ao carro do Black Friday, non implica que nós tamén o teñamos que facer. Do mismo modo o que é beneficioso para un negocio, para outro pode non selo ou pode non encaixar coa súa filosofía corporativa.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!