Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Estreas de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit
    Escoitamos con Tito Lesende 'Teño caldo quente', a nova canción de Mondra, segundo adianto do seu próximo álbum. Tamén temas recén saídos do forno de Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit.
    E recordamos as datas dos próximos concertos de De Ninghures e de Erin Mackenzie.
    14 min
  • Nicolás Muller en Galicia
    Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español. 
    Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista.
    Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa Ana Muller, e o comisario da mostra, José Ferrero.
    15 min
  • III
    Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión.
    Mañá no Torgal en Ourense e o sábado na Jagger de Lugo. E logo Murcia, Alacant, Madrid...
    18 min
  • A crónica deportiva 13-03-2025
    Álvaro Rubio non coñece a derrota no Zorrilla dende que é adestrador do Valladolid.
    No Dépor, o dianteiro Zakaria fala do alto nivel físico da Segunda.
    No Rácing, o lateral arxentino Insúa fala de sacar fachenda
    Previa da Copa da Raíña de balonmán feminino co Porriño e o Guardés.
    30 min
  • Diario cultural 13-03-2025
    Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes tiradas na Galicia dos 60 deste fotógrafo documental nado en Hungría. 
    Tito Lesende pica novas cancións de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit, e avanza concertos de De Ninghures e Eris Mackenzie.
    31 min
  • Diario cultural 13-03-2025
    Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión.
    E coma tódolos xoves, Moncho Lemos recoméndanos películas para a fin de semana
    31 min
  • Rosalía oculta nunha BD
    Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta'
    Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'.
    11 min
  • Comeza a vixésima edición da MICE
    A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual,
    polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine
    Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que protagoniza a sesión inaugural da mostra, 'O carro e o home'.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades