Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Ollos de vidro'
    “O diálogo entre vivos e mortos é un dos eixos da mostra”
    Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos.
    Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia deica o 25 de maio
    11 min
  • A crónica deportiva 12-03-2025
    Primeiro aniversario de Claudio Giráldez á fronte do RC Celta.
    No Dépor Rafa Obrador fala da súa adaptación á categoría.
    No Lugo Guille Perero advirte do partido fronte a Unionistas.
    Nacho Moyano anuncia a súa marcha do BM Cangas a final de temporada.
    30 min
  • Diario cultural 12-03-2025
    Comeza a vixésima edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cinema Pepe Coira, que comentará a película 'O carro e o home', coguionizada polo etnógrafo Xaquín Lorenzo 'Xocas' en 1940.
    Manel Cráneo preséntanos a Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa BD 'Rosalía oculta'.
    31 min
  • Diario cultural 12-03-2025
    Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos.
    Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia
    31 min
  • Citas coa clásica
    Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.
    11 min
  • A Coruña das mulleres
    “Está feito de xeito colectivo e cooperativo”.
    Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.
    13 min
  • Michu da Rocha
    Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.
    11 min
  • 'A burra, a mesa e o pau'
    “O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante”
    “Hai moito lobo enmascarado”
    ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego.
    Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, quen desenvolve tamén a asistencia de dirección.
    No Salón Teatro de Santiago ata o 20 de abril
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades