Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 10-03-2025
    O Celta, noveno clasificado, ten un calendario propicio para chegar a Europa.
    O Rácing segue en caída libre.
    O Deportivo, que está no posto 11, ten 6 de vantaxe cun Eldense que comprime a loita pola permanencia.
    30 min
  • Diario cultural 10-03-2025
    Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.
    A lista de reprodución de Pablo Sánchez Quinteiro
    31 min
  • Diario cultural 10-03-2025
    ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego.
    Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, quen desenvolve tamén a asistencia de dirección.
    Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha
    31 min
  • Cinco lecturas para o 8M
    Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M:
    ‘A fotografía 51’, de María Canosa (Baia Edicións). Vida, dilemas e reflexións en primeira persoa da científicaRosalind Franklin
    ‘Eu tamén necesito amar’(O Faiado da memoria) Libro e documental de memoria oral sobre a muller na ditadura a partir de historias persoais.
    ‘Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX’ (Kalandraka). O legado de nove mestras conscientes da transcendencia humanizadora e cultural da educación. 
    ‘As benfaladas’, de María Xosé Porteiro, repasa como ao longo da historia se prohibiu ás mulleres expresárense na esfera pública. 
    ‘Feminismo de barrio’, de Mikki Kendall (Hércules edicións) Un ensaio sobre as eivas do feminismo branco prominente.
    8 min
  • Galegas na música
    “É unha reivindicación necesaria”.
    ‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido.
    O libro é unha escolma de biografías de galegas dedicadas á música, dende a primeira xograresa ata ascontemporáneas. Asemade é unha reivindicación da música tradicional do noso país, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandeireteiras, está presente en todas elas.
    15 min
  • "Influencers"
    Afonso Becerra comenta "Influencers", unha comedia da compañía Negro López que ofrece unha ollada divertida e reflexiva sobre a cultura que rodea a creación de contidos nas redes sociais
    12 min
  • A crónica deportiva 07-03-2025
    Cita ligueira en Riazor. Ás 21:00h, Deportivo - Córdoba, con Javi Torres.
    Con Vítor López analizamos a previa do Celta - Leganés. Hugo Álvarez, con molestias, baixa de última hora.
    Este domingo, ás 12:30h, derbi pola permanencia na Liga Femenina de Baloncesto: Celta - Ensino Lugo
    30 min
  • Diario cultural 07-03-2025
    ‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido.. Vituco Neira conversa coa autora.
    Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M.
    31 min
  • Diario cultural 07-03-2025
    A bailarina ourensá Nuria Sotelo fálanos do seu espectáculo "Extravío ou a arte de perderse", un só de danza dirixido por Ana Vallés. Susana Reboredo preséntanos o libro "Contáronme un conto mal contado", un traballo elaborado por un grupo de historiadoras vinculadas á Universidade de Vigo, que pretende visibilizar o papel das mulleres realizando un percorrido desde a Prehistoria ata o século IV. Afonso Becerra comenta "Influencers", da compañía Negro López
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades