Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Contáronme un conto mal contado'
    Susana Reboredo preséntanos o libro "Contáronme un conto mal contado", un traballo elaborado por un grupo de historiadoras vinculadas á Universidade de Vigo, que pretende visibilizar o papel das mulleres dende a Prehistoria ata o século IV.
    8 min
  • Grande Amore, Alana e Víctor Aneiros
    No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Ademais, escoitamos 'Añobres', a nova canción de Alana
    e a nova versión de 'Un tute á morte' de Víctor Aneiros, que anuncia xira para maio en conmoración de 25 anos de carreira musical.
    10 min
  • 'Escándalo no escuro', segundo álbum de Amoebo
    Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, que inclúe cancións hedonistas e bailables e tamén pezas con solos de guitarras e temáticas máis reflexivas.
    O disco preséntase en directo na sala Garufa da Coruña con convidados como hydn, Filloas, French Riviera e integrantes de Leria e de Capital Voskov.
    19 min
  • 'Lee Miller' e 'Mickey 17'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    * ‘Lee Miller’ o biopic dunha das primeiras fotógrafas de guerra, de Ellen Kuras
    * ‘Mickey 17’escrita e dirixida por  Bong Joon-ho .Comedia de ciencia ficción.
    11 min
  • 'Crear porvir'
    “No comezo o porvir era moi negro”
    Conversamos con Xosé Manuel Soutullo, director da Editorial Galaxia, co gallo dos primeiros 75 anos da empresa.
    Ao longo deste 2025 a editora pon en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», que percorre a súa historia dende os inicios, en 1950, ata os nosos días.
    No Auditorio da Sede Afundación de Santiago de Compostela
    19 min
  • A crónica deportiva 06-03-2025
    Fer López, o mellor de febreiro no Celta.
    Descenso virtual do Rácing, a 14 da permanencia.
    No Dépor, na previa de recibir ao Córdoba, Óscar Gilsanz recoñece que está caro xogar no equipo.
    30 min
  • Diario cultural 06-03-2025
    Inaugurouse en Santiago e percorrerá todas as cidades galegas neste 2025.
    Da exposición falamos no DC co director de Galaxia, Xose Manuel Soutullo.
    Colaboración de cine de Moncho Lemos, con dúas películas da semana: ´Lee Miller´ e ´Mickey 17´.
    31 min
  • Diario cultural 06-03-2025
    Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, un dobre álbum cunha cara máis hedonista e urbana e outra máis rockeira e introspectiva.
    No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Escoitamos tamén a nova canción de Alana e música de Víctor Aneiros, que celebra 25 anos de carreira.
    31 min
  • BD e literatura: Jaime Asensi na memoria
    Repasamos a traxectoria na BD do autor Jaime Asensi, finado no mes de febreiro. O arousán realizou adaptacións ao cómic de obras como Picnic, de Fernando Arrabal, ou o Ubú Rei de Alfred Jarry.
    Recordámolo con Manel Cráneo e compañeiros como Xan López Domínguez, Javi Montes ou Santy Gutiérrez.
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades