Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo'
    "Deberían reeditarse os discos de Bibiano"
    Carlos Rego publica unha biografía do cantautor e promotor
    'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' rescata a faceta musical de Bibiano Morón, máis coñecido nas últimas décadas pola súa faceta de promotor de concertos.
    Carlos Rego repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membro de Voces Ceibes, publicou tres discos en solitario e enlazou a súa xeración coa da Movida viguesa.
    20 min
  • Arte contemporánea galega en Madrid
    “Levamos media ducia de artistas de Galicia” .Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea.Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO.
    Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. “ Esta feira está orientada aos clientes particulares”
    19 min
  • A crónica deportiva 05-03-2025
    Hoxe Rácing Club Ferrol - Burgos. Último tren para a permanencia.
    Ximo Navarro, mellor xogador de febreiro no Deportivo.
    Manolo, o gran capitán do Celta, encantado de que Iago Aspas o supere en número de partidos.
    Presentado Karlis Silins no Basquet Coruña. O pívot letón mide 2 metros11cm.
    31 min
  • Diario cultural 05-03-2025
    Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO. Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid.
    Raquel C. Pico fálanos hoxe das primeiras películas galegas de ficción
    31 min
  • Diario cultural 05-03-2025
    'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' , unha biografía escrita por Carlos Rego que repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membro de Voces Ceibes, publicou tres discos en solitario e enlazou a súa xeración coa da Movida viguesa. 
    Manel Cráneo dedica o seu espazo semanal de BD ao arousán Jaime Asensi, un destacado ilustrador, deseñador gráfico e autor de cómic, que faleceu o mes pasado.
    31 min
  • ARCO e outras feiras
    ARCO comeza a súa 44ª edición con Nordés como única galería galega presente no programa xeral. 
    Repasamos con Mónica Maneiro o programa da feira pero tamén a presenza galega noutros eventos artísticos que se desenvolven esta semana en Madrid,
    como Art Madrid, Urbanity, Hybrid ou a exposición do artista pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez que acaba de inaugurar o Centro de Arte Dos de Mayo de Móstoles.
    11 min
  • 'As desterradas' soben a escena
    A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas
    do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela. 
    Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenco formado por Belén Constenla, Melania Cruz, Rebeca Montero, Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira. 
    Conversamos coa dramaturga, o director e unha das actrices.
    16 min
  • 'Son coma glaciares os barcos de aceiro'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez. Unha novela que retrata o Vigo industrial e combatente a través das lembranzas dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical de finais dos anos noventa.
    12 min
  • 'Corentena. Game over'
    “Creo que mesturar improvisación e videoxogos nunca antes se fixo. Cada función é diferente”
    ‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades